27/4/08

A COVA CELTICA: UXIO PEDREIRA


O pasado xoves 24 de abril unha nova cita literaria no noso clube de lectura A Cova Céltica. Esta vez tivemos a honra de contar con UXIO PEDREIRA, bibliotecario de Oleiros. Uxío veu a co libro NO COUNTRY FOR OLD MEN (Non é país para vellos), escrito polo autor norteamericano de ascendencia irlandesa CORMAC McCARTY. Foi nesta obra na que se baseou o escalofriante "thriller" do mesmo título; adaptado e dirixido polos irmáns JOEL e ETHAN COEN e interpretado nun dos seus principais papeis por JAVIER BARDEM, interpretación que lle valeu un oscar ao mellor actor. Temos que engadir que nesta ocasión foron alumnos e alumnas de "Adultos", o público co que contamos e que nos axudaron a construir unha sesión das máis amenas e participativas de cantas teñen sucedido nos nosos xoves.

25/4/08

Visita a R.A.G. e C. Quiroga



Hoxe estivemos na Coruña co alumnado de 4o de ESO para visitar a casa-museo de Casares Quiroga e ver alí a exposicíon sobre a IIª República española da que se cumpliu o 75 aniversario.
Despois fomos a praza de María Pita e desde alí subimos á rúa de Porta de Ares e fixemos unha parada diante da casa na que o músico Pascual Veiga compuxo a música para o himno galego de Pondal. Despois dirixímonos á rúa do Príncipe onde están as casas de Rosálía e Murguía e á de Francisca Herrera Garrido, situadas unha a carón da outra. Alí un grupo de alumnos e alumnas recitaron versos de Rosalía. Finalmente dirixímonos á rúa Tabernas para visitar a Real Academia Galega que é tamén a casa-museo de Emilia Pardo Bazán.

22/4/08

XESÚS FRAGA NA COVA CÉLTICA



Xesús Fraga, xornalista de “La Voz de Galicia”, traductor de obras literarias e autor de libros como Tute para catro, A-Z e Solimán, (do que nos falou), visitou o xoves o clube de lectura que organiza a biblioteca do noso instituto. En canto ó libro de Solimán, prácticamente autobiográfico, contounos que tivo que comezalo ata tres veces para dar co comezo definitivo e dixo que o título deste libro provén da obra teatral Os vellos non deben namorarse de D. Castelao. Ademáis, explicou que a sensación de desorientación fora a base final deste libro e que, á hora de escribir unha novela, intenta ter claro o principio e o fin e logo facer a historia aínda que cambie algún dos dous. O escritor enfrentouse a preguntas de todo tipo, dende suxerencias para escribir libros ata cuestións sobre a súa vida. Sempre contestaba con citas de personaxes ilustres e pequenas anécdotas da súa vida. Falou dos amigos, elemento moi importante en Solimán, e dixo que chegaba un momento que escollían camiños diferentes e que o único que os unían eran as lembranzas compartidas. Afirmou que o libro que máis lle impresionara fora O señor dos aneis. Tamén declarou que como todos lérao antes que O hobbit. E a él gustaríalle que tivera sido ó revés. Ademáis de aparecer nos papeis podémolo atopar na TVG, no pograma “Libro Aberto”; e en Radio Voz co programa “Biblioteca Galega”, as fins de semana ás catro da tarde.

Javier López Rey
José Andrés Arias Pampín
Antonio José Rodríguez López
Oscar López Tacón

(1º Bach A)

21/4/08

Laxeiro, exposición

Laxeiro. La lógica de lo irracional


O alumnado de 4º da Eso visitou hoxe a exposición "Laxeiro. La lógica de lo irracional" que, coincidindo co centenario do nacimento deste pintor, programou a Fundación Pedro Barrié de la Maza nas súas sedes de Coruña e Vigo.

José Otero Abeledo, Laxeiro, naceu en Lalín en 1908 e faleceu en Vigo en 1996. Pintor de formación autodidacta, é considerado un dos artistas máis prolíficos dos renovadores da vangarda histórica galega.

16/4/08

A COVA CÉLTICA: SOLIMÁN

Deseño do cartel pola profesora Celia Pernas.

13/4/08

HARRY POTTER NA COVA CÉLTICA

Festival Intercentros

CRAZY-HASH van representarnos no Festival Intercentros co tema "Vinte menceres". O Festival Intercentros terá lugar o 24 de abril no Teatro Rosalía de Castro.
Crazy-Hash son Ramiro (voz), Roberto (batería), Carlos (guitarra) e Jose (baixo). Todos de 1º de Bach. ¡¡¡Son os mellores!!!

11/4/08

A COVA CÉLTICA: Harry Potter







Onte, 10 de Abril, estivo na Cova Céltica Raquel Bolaño, concelleira de Educación de Sada. Raquel é natural de Carnoedo, ten vientenove anos, estudou COU no noso institituto e despois licenciouse en Ciencias Políticas. Raquel moi amablemente veunos falar de Harry Potter, unha das súas coleccións favoritas.
Comezou contándonos que a ela lle gustan especialmente os libros de ciencia-ficción :

"xa que te mergullas nun mundo irreal, con personaxes imaxinarios cos que te identificas" e "Harry Potter ensínanos moitas cousas".

Ademais os libros de Harry Potter foron os máis votados nunha enquisa que fixo a Biblioteca entre os alumnos e alumnas do centro.
"Creo que é un libro que vale a pena lelo no canto de ver a película" e moitos de nós estamos de acordo con iso xa que moitas veces os pequenos detalles que só se aprecian nun libro fan que o entendas mellor.
"Personalmente Harry Potter na película non me caía ben mentres que no libro me parecía un neno increíble", ademais "Harry Potter non só é un libro fantástico se non que tamén ten similitudes co mundo real, a vida dos mozos, os problemas deles na sociedade..."
Algún compañeiros compartiron as súas razóns polas que lles gustou ler os sete libros:
-" faise ameno e engánchaste"
-"porque ao mesmo tempo que van evolucionando os personaxes do libro, evolucionas tamén ti"
En canto ao libro favorito da saga, posiblemente todos quedamos co derradeiro, xa que é o desenlace, como dixo Raquel.
Os alumnos e alumnas fixemos bastantes preguntas, as máis destacadas foron:
Raquel dixo que lle resultaba difícil responder porque eran moitos os libros, pero destacou O corazón xeado de Almudena Grandes, O Club Dumas de Pérez Reberte, Luces de Bohemia de Valle-Inclán, O Hobbit de Tolkien...
Foi un faladoiro entretido, acolledor. Mágoa que non puidese vir máis xente.
Grazas, Raquel e ¡ ata a próxima!
Un saúdo



NOEMÍ GESTAL E LUCÍA LLANA de 4ºESO C

10/4/08

CERTAME LUÍSA VILLALTA


O V certame literario Luísa Villalta é unha nova cita que temos coas nosas letras. Inspirado na figura da escritora (que tamén foi profesora deste instituto), estableceuse este certame, que pretende ser unha canle para que expresedes a vosa creatividade literaria. Podedes facelo en prosa ou en verso, e coa temática que vos pete.


¡¡ NON DEIXEDES DE PARTICIPAR e QUE VIVA A LITERATURA!!


IMPORTANTE; O prazo de presentación de traballos remata a vindeira semana, o día 18 de abril ás 14:oo horas.

3/4/08

VIVA A POESÍA



RECITAL POÉTICO-MUSICAL


O pasado Venres, 14 de marzo,un bo feixe de alumnas e alumnos de 4º de ESO e 1º de BACH, recitaron poesías de diferentes autores acompañados de Ramiro (1ºBACH A), quen puxo a música coa súa guitarra. Os poemas pertencían a distntas épocas da nosa historia literaria; así pois houbo desde cantigas medievais ata poesías dos nososo autores clásicos como Rosalía ou Pondal. Tamén se recitaron poesías de X. Má Álvarez Blázquez que é o autor homenaxeado este ano na festividade das Letras Galegas.