24/1/12

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL DE 2º ESO

Lémbrovos a todos e a todas que o mércores día 25 de xaneiro no 2º recreo (12:20h) temos reunión do club de lectura para comezar a falar da obra de Bali Rai Un casoiro ben mal amañado.




Vémonos na biblioteca do centro!

REUNIÓN CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL DE 1º ESO

Esperámosvos a todos e a todas na reunión do club de lectura que terá lugar o día 24 de xaneiro no 2º recreo (12:20h) na cal elixiremos o próximo libro de lectura.

Non esquezades asistir, que haberá sorpresa!

FALANDO DAS OBRAS... CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL 1ºESO

O pasado 12 de xaneiro no club de lectura O cubil do xabaril de 1º ESO puxemos en común as obras Os mundos de Coraline de Neil Gaiman e Matilda de Roald Dahl. Velaquí queda unha imaxe da nosa xuntanza:

10/1/12

RECORDANDO A ISAAC DÍAZ PARDO

Dende a Biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo queremos lembrar ao artista plástico, intelectual e galeguista que lle dá nome ao noso centro.

Velaquí unha imaxe do día que estivo na nosa biblioteca e escribiu no noso libro de visitas.