27/9/08

Benvido o novo curso 2008-09



Benvidos e benvidas! Desexamos que o curso que comeza sexa un bo curso para todos nós. Un novo curso, unha nova aventura e desde aquí, os siareiros do blog esperamos que traballedes moito, pero que tamén vos divirtades; non vaia ser que queirades saber demasiado e que vos pase o mesmo que ao "amigo" do poema:

O home por natureza quer saber,
dixo Aristóteles fai algún tempo.
O meu amigo quixo saber da vida,
quixo saber da lei,
quixo saber do Rei,
quixo saber do bispo,
quixo saber da espranza.

Eiquí -díxolle o garda
que o levou detido-
o que quere saber, apanda.

O título desta poesía é O preguntón e o seu autor é Celso Emilio Ferreiro.