18/4/18

Luns 9 de abril

A profesora e escritora  Montserrat Yoldi, presentou o seu libro de poemas, recentemente publicado, Cinsa na Boca. O alumnado de 2ºBACH foi o destinatario desta charla, que presenta un libro de denuncia social, cuns poemas nos que a autora pon voz ás vítimas de todo tipo de violencia no mundo actual, sobre todo o sofrido polas mulleres.  


17/4/18

Exposición de libros sobre mulleres


Venres 6 de abril

Como vén sendo habitual estes últimos anos, a biblioteca contou coa sempre grata compaña de Dona Carmen Abeledo, avogada especializada en lexislación sobre violencia de xénero, que impartiu dúas charlas sobre este tema  ao alumnado de 1º de bacharelato.


Club de lectura O Cubil do Xabaril



O pasado mércores 11 de abril, ás 16.30 os alumnos de 2º de ESO  tiveron a xuntanza para valorar as novelas de Agustín Fernández Paz: Corredores de Sombra e Cartas de inverno. ^Pasamos un rato agradable comentando as nosas impresións sobre as dúas novelas.

Corredores de Sombra é unha  historia de intriga na que unha adolescente, Clara Soutelo, investiga a morte violenta dun individuo que aparece emparedado no pazo propiedade de seu pai. Cartas de inverno é unha novela epistolar de misterio e terror, que atrapa aos seus protagonistas irremediablemente. Grazas, rapaces, por participar unha vez máis nesta aventura de ler e compartir! Vémonos en xuño na última xuntaza.


Ismael, Mª Angel, Carla, Andrea e Carla.
Andrea, Eva, Dalia, Ismael e Carla

Club de lectura 2ºBAC


O 4 de abril once alumnos de 2ºBAC comentaron o terceiro libro que leron no marco da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. É un ensaio que nos fala dos problemas medioambientais tan graves que padece o noso planeta e as súas posibles solucións.




A maioría dos estudantes comentaron que a primeira parte era bastante densa polo termos relacionados coa economía,  pero en líñas xerais consideran que este libro os fixo e fainos reflexionar sobre os problemas ambientais que se enfrenta esta sociedade e as xeracións futuras.




Despedímonos destes estudantes que nos acompañaron seis anos, desexándolle moita sorte na etapa que pronto van comenzar. Bicos!

2/4/18

Club de lectura


O Cubil do Xabaril composto por cinco estudantes de 1ºESO comentaron o libro de lectura en inglés. Pareceulles moi apropiado para ampliar os seus coñecementos da lingua inglesa. Que valientes!!

Hugo, Claudia, Jimena,, Alba e Inés

Catro estudantes de 4ºESO comentaron o libro que limos nesta avaliación "Los niños de la viruela" no cal reflexionamos sobre a importancia das vacinas e que toda a poboación poida ter acceso a elas. O vindeiro libro será un volume de historias curtas de Ian McEwan.



O alumnado de 2ºBAC tamén comentou o libro deste trimestre; este foi máis curto que o anterior pero con tanto traballo que ten este curso ten moito mérito a súa lectura. Os nove estudantes atoparon o libro moi coherente cos contidos da materia de Ciencias da Terra e Medio Ambiente deste trimestre. Moito ánimo para o último!!!