O pasado mércores 11 de abril, ás 16.30 os alumnos de 2º de ESO tiveron a xuntanza para valorar as novelas de Agustín Fernández Paz: Corredores de Sombra e Cartas de inverno. ^Pasamos un rato agradable comentando as nosas impresións sobre as dúas novelas.
Corredores de Sombra é unha historia de intriga na que unha adolescente, Clara Soutelo, investiga a morte violenta dun individuo que aparece emparedado no pazo propiedade de seu pai. Cartas de inverno é unha novela epistolar de misterio e terror, que atrapa aos seus protagonistas irremediablemente. Grazas, rapaces, por participar unha vez máis nesta aventura de ler e compartir! Vémonos en xuño na última xuntaza.
![]() |
Ismael, Mª Angel, Carla, Andrea e Carla. |
![]() |
Andrea, Eva, Dalia, Ismael e Carla |
No hay comentarios:
Publicar un comentario