29/5/18

ENQUISA BIBLIOTECA enlace: https://goo.gl/forms/r9hlzlK1s4OVkWZ02

22/5/18

Obradoiro de Poesía

Os día 17 e 19 de abril  a nosa compañeira de equipo de biblioteca, Montserrat Yoldi realizou co alumnado de 2º  ESO un obradoiro de poesía. Cada  grupo creou un poema conxunto, formado con palabras sacadas ao azar polo propio alumnado.

Ai vai un exemplo do que foi quen de crear 2º B de ESO:

O medo leal ten preguiza de devecer
O olor larpeiro de neve cando arrolas
O laio morno ata o ouro
A laxe no inverno orateado ouvea
A partitura abraiada agardaba o aloumiño
No solpor soñei que tiña amoras na maleta pechada.







Como tarefa final pero xa para realizar na casa, Montserrat  pediulles que trouxeran un acróstico. Estes son algúns dos resultados. Parabéns ás rapazas por ser as que participastes en maioría.



 



















18/4/18

Luns 9 de abril

A profesora e escritora  Montserrat Yoldi, presentou o seu libro de poemas, recentemente publicado, Cinsa na Boca. O alumnado de 2ºBACH foi o destinatario desta charla, que presenta un libro de denuncia social, cuns poemas nos que a autora pon voz ás vítimas de todo tipo de violencia no mundo actual, sobre todo o sofrido polas mulleres.  


17/4/18

Exposición de libros sobre mulleres


Venres 6 de abril

Como vén sendo habitual estes últimos anos, a biblioteca contou coa sempre grata compaña de Dona Carmen Abeledo, avogada especializada en lexislación sobre violencia de xénero, que impartiu dúas charlas sobre este tema  ao alumnado de 1º de bacharelato.


Club de lectura O Cubil do Xabaril



O pasado mércores 11 de abril, ás 16.30 os alumnos de 2º de ESO  tiveron a xuntanza para valorar as novelas de Agustín Fernández Paz: Corredores de Sombra e Cartas de inverno. ^Pasamos un rato agradable comentando as nosas impresións sobre as dúas novelas.

Corredores de Sombra é unha  historia de intriga na que unha adolescente, Clara Soutelo, investiga a morte violenta dun individuo que aparece emparedado no pazo propiedade de seu pai. Cartas de inverno é unha novela epistolar de misterio e terror, que atrapa aos seus protagonistas irremediablemente. Grazas, rapaces, por participar unha vez máis nesta aventura de ler e compartir! Vémonos en xuño na última xuntaza.


Ismael, Mª Angel, Carla, Andrea e Carla.
Andrea, Eva, Dalia, Ismael e Carla

Club de lectura 2ºBAC


O 4 de abril once alumnos de 2ºBAC comentaron o terceiro libro que leron no marco da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. É un ensaio que nos fala dos problemas medioambientais tan graves que padece o noso planeta e as súas posibles solucións.




A maioría dos estudantes comentaron que a primeira parte era bastante densa polo termos relacionados coa economía,  pero en líñas xerais consideran que este libro os fixo e fainos reflexionar sobre os problemas ambientais que se enfrenta esta sociedade e as xeracións futuras.




Despedímonos destes estudantes que nos acompañaron seis anos, desexándolle moita sorte na etapa que pronto van comenzar. Bicos!

2/4/18

Club de lectura


O Cubil do Xabaril composto por cinco estudantes de 1ºESO comentaron o libro de lectura en inglés. Pareceulles moi apropiado para ampliar os seus coñecementos da lingua inglesa. Que valientes!!

Hugo, Claudia, Jimena,, Alba e Inés

Catro estudantes de 4ºESO comentaron o libro que limos nesta avaliación "Los niños de la viruela" no cal reflexionamos sobre a importancia das vacinas e que toda a poboación poida ter acceso a elas. O vindeiro libro será un volume de historias curtas de Ian McEwan.



O alumnado de 2ºBAC tamén comentou o libro deste trimestre; este foi máis curto que o anterior pero con tanto traballo que ten este curso ten moito mérito a súa lectura. Os nove estudantes atoparon o libro moi coherente cos contidos da materia de Ciencias da Terra e Medio Ambiente deste trimestre. Moito ánimo para o último!!!

3/2/18

Club de lectura 2ºBAC

 O mércores 31 de xaneiro nove alumnos de 2º BAC estiveron comentando a obra "La memoria secreta de la hojas" de Hope Jahren, unha historia de árbores, ciencia e amor. Encontraron o libro interesante para coñecer de primeira man o que significa a investigación científica.Tamén dixeron que nalgúns momentos, principalmente na metade, o seu desenvolvemento era un pouco lento.
Na fotografia os podedes ver ensinando o libro citado, ademais unha alumna amosa o vindeiro que imos ler.


31/1/18

Conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz


Os alumnos da ESO conmemoraron este día coa lectura de diversos poemas relativos á Paz dos seguintes autores: Manuel María, Juan Goytisolo e da nosa prezada compañeira Montse Yoldi. A continuación e para finalizar  visualizaron un Powerpoint da canción do último premio Nobel de Literatura Bob Dylan,"Blowing in the Wind".






25/1/18




Clubs de lectura "o Cubil do Xabaril"

O pasado  17 de xaneiro levamos a cabo a posta en común dos nosos clubes de lectura de 1º e 2º de ESO.

2º de ESO

Unha dúcea de rapaces e rapazas de 2ºA, B e C reunímonos para valorar a novela de María Gripe Os escaravellos voan á tardiña". Trátase dunha novela que protagonizan tres rapaces, cunha trama moi enredada pero que engancha ata o final, que nos fala de amores imposibles, desgrazas familiares ligadas á posesión dunha fabulosa estatua funeraria exipcia,  escaravellos que revelan lugares onde se agocharon durante séculos cartas ou obxectos que ao longo da novela van construindo o puzzle final, unha planta con sensibilidade humana que sinala coas súas follas o cuarto de verán onde se se iniciaron todas as pesquisas, unha voz feminina ao teléfono que resulta ser unha pantasma... En fin, unha novela que pagou a pena ler no club.

"

 Antes de que remate o segundo trimestre volveremos ter outra sesión de club relativa á lectura de dúas novelas de Agustín Fernández Paz: "Cartas de inverno" e "Corredores de sombras".

,




1º de ESO
Ainda que de momento os rapaces non se animaron moito ao club de lectura, eran seis os alumnos anotados e acabaron vindo á nosa reunión catro, esperamos que haxa máis voluntari@s para este segundo trimestre. De principio leuse "Violeta Tamurana" de Andrea Maceiras, novela que foi do agrado de todos. 
Hugo, Inés, Jimena e Claudia

 










 Aproveitando que a profesora que conduce este club, Ofelia, é  da materia de inglés e que as alumnas amosaron o seu interés por ler algo nesta lingua, o próximo libro deste grupo será "Footsteps".  Dende aquí queremos animar a que se apunte máis alumn@s a este club.





5/1/18

Club de lectura

O mércores 20 de decembro estrenamos o punto de lectura reunindo os estudantes de 4ºESO para comentar o libro que lemos neste trimestre A que altura está o ceo ? de Jorge Mira . Os comentarios foron moi positivos en relación aos datos que aporta sobre aspectos da astronomía e reforzando os coñecementos que estudamos na materia de Cultura Científica.



Os alumnos de 1ºBAC tamén se xuntaron co libro Unha breve historia de todo ... e tal como dixeron de breve nada ... ademais de  comentar que a súa lectura ás veces era un pouco densa aínda que  aprenderon aspectos novos de Xeoloxía que non se atopan nos libros de texto. Foi un éxito de asistencia: 15 estudantes!!! esperamos que no próximo trimestre revalidemos o quorum !!!







3/1/18

O Nadal na bilioteca


Xa estamos no Nadal e a biblioteca está decorada para a ocasión



E xa temos PUNTO DE LECTURA!!!! o Apalpador este ano veu cargadiño!!