Clubs de lectura "o Cubil do Xabaril"
O pasado 17 de xaneiro levamos a cabo a posta en común dos nosos clubes de lectura de 1º e 2º de ESO.
2º de ESO
Unha dúcea de rapaces e rapazas de 2ºA, B e C reunímonos para valorar a novela de María Gripe Os escaravellos voan á tardiña". Trátase dunha novela que protagonizan tres rapaces, cunha trama moi enredada pero que engancha ata o final, que nos fala de amores imposibles, desgrazas familiares ligadas á posesión dunha fabulosa estatua funeraria exipcia, escaravellos que revelan lugares onde se agocharon durante séculos cartas ou obxectos que ao longo da novela van construindo o puzzle final, unha planta con sensibilidade humana que sinala coas súas follas o cuarto de verán onde se se iniciaron todas as pesquisas, unha voz feminina ao teléfono que resulta ser unha pantasma... En fin, unha novela que pagou a pena ler no club.
1º de ESO
Ainda que de momento os rapaces non se animaron moito ao club de lectura, eran seis os alumnos anotados e acabaron vindo á nosa reunión catro, esperamos que haxa máis voluntari@s para este segundo trimestre. De principio leuse "Violeta Tamurana" de Andrea Maceiras, novela que foi do agrado de todos.
Hugo, Inés, Jimena e Claudia |
Aproveitando que a profesora que conduce este club, Ofelia, é da materia de inglés e que as alumnas amosaron o seu interés por ler algo nesta lingua, o próximo libro deste grupo será "Footsteps". Dende aquí queremos animar a que se apunte máis alumn@s a este club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario