



O pasado xoves, Día do Libro, tivemos a honra de recibir no noso centro ao escritor, actor, director de teatro, profesor...Gustavo Pernas Cora quen durante máis de unha hora foi definindo as características do teatro ante un variado e inquieto público de ESO. Explicounos que o teatro é arte por encima de todo, tamén é comunicación a través dunha lingua, (no noso caso da galega: "somos fillos deste país e da nosa terra") O teatro presenta emoción, provocación, anarquía, compromiso, maxia e nel sempre está presente a poesía. "O teatro é a nai de tódolos espectáculos", dixo. En relación co ensino, ve fundamental "xogar ao teatro" e recordounos que os gregos usaban esta técnica para aprender. Ademais o teatro ensínanos a relacionármonos e nos descubre o noso talento e axuda a domesticar os nosos instintos por tanto o teatro ESTÁ BEN SEMPRE!
Ademais obsequiounos coa primicia do monólogo, "logomono" que está a preparar na actualidade e no que trata o problema da crise e da proposta peculiar do protagonista que se fai "colgado profesinal" para liberar do problema de colgarse ao resto dos homes. A súa interpretación cautivounos a todos. A estrea desta nova obra de Gustavo será o día 19 de Xuño no Centro de Teatro de Culleredo. O éxito está asegurado. Nós alí estaremos. Boa Sorte, Gustavo!