Este ano na biblio quixemos celebrar o Nadal recomendado un libro, un libro para o Nadal, coa colaboración de varios cursos da ESO decoramos o noso Recuncho da Biblioteca. Aquí tedes as fotos.
20/12/12
Un libro para o Nadal
Este ano na biblio quixemos celebrar o Nadal recomendado un libro, un libro para o Nadal, coa colaboración de varios cursos da ESO decoramos o noso Recuncho da Biblioteca. Aquí tedes as fotos.
Os contos dos irmáns Grimm cumpren hoxe 200 anos
O 20 de decembro de 1812 viu a luz a primeira edición dos clásicos infantís recompilados e elaborados polos alemáns Jacob e Wilhelm Grimm a partir de de unha serie de contos de tradición oral da cidade alemá de Kassel. En 1815 publicouse un segundo volume. A colección dos contos de fadas dos irmáns Grimm foi ampliada en 1857. Os manuscritos destes contos de fadas, propiedade da biblioteca da Universidade de Kassel, forman parte desde o ano 2005 do Patrimonio Cultural da Humanidade.
O bicentenario dos contos dos Irmáns Grimm dá o pistoletazo de saída en Alemaña ao ano Grimm, que arrincará dentro de doce días co comezo do 2013 e terá como centro neurálxico a cidade xermana onde viviron os dous escritores entre 1798 e 1841.
Blancanieves, como Pulgarcito, como Hansel e Gretel, como a Cincenta, a Bela Dormente e tantos outros personaxes das aventuras coas que os nenos comparten a súa infancia tiveron a súa orixe na pluma de Jacob e Wilhelm Grimm, nos contos dos Irmáns Grimm, moi unidos tamén no compromiso polo estudo e o rigor científico como profesores universitarios que eran na Alemaña romántica. Esa dedicación voraz dos Irmáns Grimm cara á súa cultura fixo que cun detallismo propio dos estudos etnográficos actuais recollesen lendas, contos e fábulas, respectando a sinxeleza e espontaneidade do discurso oral. Eses clásicos de hoxe, eses contos dos Irmáns Grimm, que foron recompilados e publicados entre 1812 e 1817, foron tamén traducidos como Contos infantís e do fogar.
13/12/12
O Día dos Dereitos Humanos no Recuncho da Biblioteca
9/12/12
10 de Decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos
Os dereitos humanos pertencen por igual a cada un de nós e mantéñennos unidos como unha comunidade global cos mesmos ideais e valores. Como unha comunidade global que todos compartimos nun día en común: o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, cando se recorda a creación, fai 63 anos da Declaración Universal dos mesmos.
Despois de tanto tempo, debemos reflexionar sobre si se respectan estes dereitos e o que nós podemos aportar para lograr que sexan universais.
28/11/12
25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero
Avogada, enxeñeira, froiteira, coidadora … a violencia de xénero non entende de profesións . A nosa amiga, a nosa filla, unha veciña…calquera das mulleres que coñecemos pode estar a sufrir malos tratos neste momentos, tamén nós mesmas. Se nos paramos a pensar no noso entorno de seguro coñecemos a algunha muller que foi ou é vítima da violencia machista, vítima de desigualdades continúas por unha cuestión social e culturalmente establecida para mulleres diferente que para os homes.
Non podemos pechar os ollos e ocultar como
tódolos días saen novas nos medios de comunicación (grandes responsables do
mantemento e transmisión de estereotipos e roles de xénero)sobre situacións de
violencia de xénero, violencia de homes cara as súas parellas ou exparellas,
mulleres
12/11/12
Debuxos premiados no noso concurso
Noraboa a todos os participantes e grazas pola súa participación. Todos teredes un agasallo da Biblioteca, pero aquí tedes a resolución do xurado.
Todos os participantes podedes pasar o mércores no 2º recreo pola Biblioteca e recibiredes o voso agasallo.
![]() |
1º Premio Carlota Fiaño 2º ESO A |
![]() |
2º Premio Marcos Colón 1º ESO C |
4/11/12
Samaín 2012
26/10/12
Samaín 2012
Participa nas actividades terroríficas organizadas pola nosa Biblioteca. Para comezar se sabes debuxar ben, presenta un debuxo co que no fagas sentir arrepíos. Presentacións dos debuxos: na bilbioteca. Data límite: 31 de outubro.
8/10/12
Os papalagi
O nome que dá título ao libro, papalagi, é o da extraña tribu de costumes e ideas extravagantes e ás veces aparentemente absurdas que protagoniza os discursos do xefe samoano. É dicir, os papalagi, eses seres exóticos e que despertan a curiosidade, somos nós.
5/10/12
Club de Lectura A Cova Céltica. Presentación do libro Os papalagi
Os Papalagui é un libro de ficción de Erich Scheurmann en lingua alemá, publicado en 1920 co título orixinal de Der Papalagi. A edición en galego foi editada no ano 2000 por Edicións Positivas, traducida por Onofre Sabaté.
É unha colección de once discursos que o xefe samoano Tuiavii de Tiavea dirixe ao seu pobo, nos que describe unha viaxe por Europa pouco antes da Primeira Guerra Mundial. O autor, Erich Scheurmann, aparece como testemuña e tradutor dos discursos. O título, papalagi, é o nome que os samoanos dan ás persoas de raza branca.
4/10/12
GALLAECIA FILMES
PARTICIPA NA PRIMEIRA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DE
GALLAECIA FILMES
GALLAECIA FILMES
Mulleres de Sada transportando auga dende a fonte Labarrosa arredor de 1950/60?
Queremos realizar un documental sobre fontes e lavadoiros no concello de Sada. Para iso necesitamos documentarnos. Precisamos o testemuño de persoas maiores que recorden como eran e onde estaban as fontes, de mulleres que de mozas lavaban a roupa nos lavadoiros. Queremos que nos conten as moitas anécdotas que ao carón destes lugares públicos xurdiron. Queremos tamén acceder a todas as fotografías antigas que estean relacionadas coas fontes e lavadoiros.
Fala cos teus avós, coas túas avoas, cos veciños e veciñas de máis idade do lugar onde vives (concello de Sada) e pídelles que fagan memoria, que busquen nos seus álbums de fotografías.
Se podes axudarnos nesta fase de documentación deixa o teu comentario nesta entrada; pon o teu nome e curso. Tamén te podes poñer en contacto con Xosé Seoane, profesor de galego do IES Isaac Díaz Pardo.
Mulleres collendo auga na fonte da praza de San Roque alá polo 1920.
Grazas pola túa colaboración.
Entre todos podemos facer realidade este proxecto.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do
IES Isaac Díaz Pardo de Sada
1/10/12
Comeza o Club de Lectura
23/9/12
Mundo marabilloso
A pesar da crise ou as moitas crises que estamos sufrindo, ás veces recordásenos que o mundo é marabilloso:
ou tamén un clasico da música
6/9/12
Estamos de volta
Anímate a subir á biblio, xa sabemos que está un pouco lonxe, pero tentaremos facer novas actividades para todos. Podes levar os libros de lectura, consultar material para algún traballo, ler a prensa ou consultar os ordenadores ...
Pásate pola BIBLIO.
Formación de usuarios

Aquí temos unha serie de actividades para coñecer máis a biblioteca, como se organiza e como buscar os libros. Grazas ao traballo do CEIP de Pedrouzos.
Pincha neste enlace e a ver se consigues acertar todo.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/view.php?id=28
25/6/12
BO VERÁN A TODOS E A TODAS!
Logo de celebrarmos o remate do noso club de lectura de 1º de ESO, queremos desexarvos un bo e merecidísimo verán e non esquezades que as vacacións estivais son estupendas para ler.
Bo verán!!!!!!
5/6/12
FALAMOS DO LIBRO... CLUB DE LECTURA DE 1º ESO
O mércores 6 de maio no 2º recreo (ás 12:20h) póñemoslle fin ao club de lectura deste curso co comentario da obra de Pepe Carballude, ¡Maldito D.N.I.!.
Non esquezades asistir!!!
Non esquezades asistir!!!
28/5/12
11/5/12
CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA 2012
Hoxe terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada o fallo do premio literario Luísa Villalta destinado a fomentar a creación literaria entre o alumnado de educación secundaria e bacharelato. O acto estará acompañado de lecturas e actuacións musicais dalgúns alumnos do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Dende a biblioteca do instituto queremos desexarlle sorte aos participantes!
8/5/12
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO
Lémbrovos a todos e a todas que hoxe no 2º recreo (ás 12:20h) falaremos da obra de An Alfaya, A lenda da lúa de Montealto.
27/4/12
CONTINUAMOS CO NOSO CLUBE DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL
No mes de febreiro o grupo de lectura de 1º de ESO lemos a analizamos a obra ¡Asústate Merche! de Fina Casalderrey e no mes de marzo foi a quenda de A banda sen futuro de Marilar Aleixandre.
24/1/12
REUNIÓN CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL DE 1º ESO
Esperámosvos a todos e a todas na reunión do club de lectura que terá lugar o día 24 de xaneiro no 2º recreo (12:20h) na cal elixiremos o próximo libro de lectura.
Non esquezades asistir, que haberá sorpresa!
Non esquezades asistir, que haberá sorpresa!
FALANDO DAS OBRAS... CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL 1ºESO
O pasado 12 de xaneiro no club de lectura O cubil do xabaril de 1º ESO puxemos en común as obras Os mundos de Coraline de Neil Gaiman e Matilda de Roald Dahl. Velaquí queda unha imaxe da nosa xuntanza:
10/1/12
RECORDANDO A ISAAC DÍAZ PARDO
Dende a Biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo queremos lembrar ao artista plástico, intelectual e galeguista que lle dá nome ao noso centro.
Velaquí unha imaxe do día que estivo na nosa biblioteca e escribiu no noso libro de visitas.

Velaquí unha imaxe do día que estivo na nosa biblioteca e escribiu no noso libro de visitas.


Suscribirse a:
Entradas (Atom)