
1º de ESO
O alumnado de 1º de ESO leu
Trece Anos de Branca,
de Agustín Fernández Paz. O 11 de decembro levamos a cabo a reunión para
valora-la súa lectura. Ainda que os que participan este curso son
rapaces e a protagonista da historia é una rapaza, gustoulles o libro. A próxima lectura será a novela de Andrea
Maceiras Violeta Tamurana.
![]() |
Mateo, Martín, Iago e Adán |
2º de ESO
En 2º de ESO, Irene Pernas, Candela Naya, Nerea Codesido e Uxía Hortas leron no primeiro trimestre Europa Express, de Andrea Maceiras. A posta en común da lectura foi o 17 de decembro.Non temos foto dispoñible. Non lembramos facela. Sen falta no segundo trimestre temos que acordarnos de deixar unha testemuña gráfica. A próxima lectura será Ceiba de luz de Manuel Lourenzo

Clubs de lectura A Cova Céltica
O alumnado de 3º e 4º de ESO xuntouse nun club adicado a una lectura en inglés proposta polo departamento de inglés: a novela de suspense de Agatha Christie The Body in the Library. A posta en común final da novela realizouse o pasado 9 de decembro. resultou nunha experiencia enriquecedora tanto no intercambio de valoracións de alumnado de distintos niveis e grupos como no fomento da cultura inglesa e a través desta autora clásica da lingua inglesa.

O alumnado de 1º de BACH leu a novela Palabras envelenadas, de Maite Carranza en relación co departamento de Lingua Galega. A sesión de valoración final da lectura foi en xaneiro.
![]() |
Roberto, Inés, Laura, Mencía, Marco, Daniel e Diego |
![]() |
Iria, Lara, Carmen e Paula |
![]() |
Gabriela, Brais. Lucía. Lara, Gabriela Brandariz, Camen, Paula, Iria e Paula |
![]() |
Laura e Mencía |
Os próximos clubs estarán en relación con matemáticas, inglés, historia e ciencias da terra e do medioambiente.