4/6/07

Correlingua






Outra nova e exitosa convocatoria do Correlingua. Un tempo xeneroso, unha causa solidaria e uns rapaces ( 3º da E.S.O. e tres profes) correndo, galegando , soñando... en galego. E levamos o PRIMEIRO PREMIO en pancartas! Os que valemos...
Tedes máis información na páxina www.correlingua.org





Xabier Docampo


Xabier Docampo é maestro, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares. En 1995 obtivo o "Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite seleccionada asimesmo como unha das cien mellores obras do século XX español, según a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada "Nova Escola Galega". ( wikipedia)

Pois tamén tivemos a honra de contar coa súa presencia xa fai uns días. Non hai dúbida do interesantes que están a ser todas as actividades.

Por Susana




3/6/07

Teresa Moure




O pasado mes de abril estivo no noso insitituto a prolífica Teresa Moure que sorprendeu pola súa " non conferencia" - comenzou preguntando que queriamos saber-. Sairon moitas cuestions duns alumnos que traballaron concienzudamente a súa obra. E unha das afirmacións máis chamativas foi a reivindicación dunha "literatura de mulleres", dunha visión nova do mundo non dende os valores establecidos, claramente masculinos, senón dende a perspectiva da muller.
A "reunión" resultou interesante e moitos rapaces sairon encantados co guiño que lles fixo a autora ó dicir que non se debía obrigar a ninguén a estudiar determinadas obras literarias o que foi motivo dunha cordial discusión.




5/5/07

Uxío Pedreira



Pouco a pouco o noso "Clube de Lectura" vaise afianzando con obras de luxo e a xenerosidade de conferenciantes que comentan con nos os seus coñecementos. É o caso de Uxío Pedreira, encargado da Biblioteca Central de Oleiros, que o pasado 30 de abril falou ó alumnos de 2ºBach. "A verdade sobre o caso Savolta".

Por Susana

Angel of Glory





O impactante grupo Angel of Glory tivo un exitoso triunfo no Certame Musical Intercentros que organizan os Equipos de Normalización Lingüística. Os nosos representantes acadaron un estupendo 2º posto nunha rifada votación. Aí tedes algunhas das súas fotos. En canto teñamos o dvd, colgámolo.

Por Susana

4/5/07

Letras Galegas





























Os alumnos de 1º de Bacharelato fixeron unha salida cultural organizada polo Departamento de Galego.
Primeiro visitaron, en Padrón, a "Casa da Matanza", a derradeira vivenda de Rosalía.
A continuación foron a Santiago para ver o Museo do Pobo Galego e os seus roteiros: o primeiro deles, o conxunto de Bonaval, ofrece o fermoso convento de San Domingos no que está o Panteón de Galegos Ilustres. Tamén visitaron o roteiro adicado ó mar, ó campo, ó tecido, ós oficios...
A actividade foi moi ilustrativa e agradable á que se sumou un fermosísimo tempo.

Por Marisa

25/4/07

Máis fotos do Día do Libro



Día do Libro





No IES "Isaac Díaz Pardo" de Sada celebramos o Día do Libro, entre outras actividades, cun "Obradoiro de escritura", aproveitando a distintos profesores e alumnos, que nos aportaron os seus coñecementos dalgúns alfabetos. Así Youssef (alumno alxeriano), introduciunos na escritura ÁRABE, Anxeles (profesora de Literatura) presentou o DEVANAGARI (idioma maioritario na India), tamén o XUDEO (idioma que veu á vida despois de ser lingua morta), Susana (profesora de Clásicas) e os seus alumnos dironnos nocións do GREGO, Paco Vargas (profesor de Inglés, que ten moito mundo polas súas viaxes) trouxo ademáis xornais do CIRÍLICO, (grafía do ruso), Iris (alumna de 3º da ESO) escrebe as grafías do KATAKANA, levandonos ata o Xapón.
Foi moi interesante esta porta aberta ao mundo a través da escritura.

Por Marisa

Mais sobre 300


Podedes consultar a estupenda guía didáctica de Lillo Redonet sobre a película de 300 no seu blog ou ben en culturaclasica.com

Por Susana

23/4/07

Bibliocaixas


BIBLIOCAIXAS




Está a disposición dos alumnos unha caixa con libros variados para que lean en distintos momentos da semana.

Calquera profesor pode adicarle, cando o considere oportuno, un tempo á lectura non menor de 15 minutos.

En cada libro debe gardarse a ficha na que figurará: nome do alumno, curso, título e autor así como o número de referencia.

Cada alumno terá un “caderno de viaxe ” para ir apuntando o resumo, impresións…

Ó final da campaña haberá unha pequena sorpresa.

Que disfrutedes moito!

Por Susana

14/4/07

Xemelgos



O premiado grupo de teatro escolar, Sardiña, representou o pasado venres, 13 de abril, a comedia de Plauto Xemelgos.

O escenario foi a Casa da Cultura de Sada e os asistentes, moitos alumnos do Instituto, disfrutaron co bo facer dos actores, do director ( o seu profesor de Latín, Ricardo Martín) e todo o equipo nunha obra baseada na suprantación de personalidade, nos equívocos, na ridiculización duns personaxes estereotipos , na busca do sorriso inmediato - insultos, golpes, gritos, enganos...

Debemos destacar a apropiada adaptación da obra, sempre facendo guiños a un público actual, o alto nivel de interpretación dos rapaces e o perseverante e loable traballo do seus profesores .

Por Susana

13/4/07

Certame Musical Intercentros

O venres 20 de abril o grupo, ANGEL OF GLORY, formado por Carlos Autón, Aída Barahona,Borja Bello, Pablo Cabido e Carlos Antonio Gayoso e Roberto Pazos,ofrecerán unha versión heavy de "Sementeira" e "Negra Sombra" no Certame Musical Intercentros. O grupo está constituido por dúas guitarras, un baixo, un teclado, batería e voz.
Esta é unha das actividades que organiza o Equipo de Normalización Lingüística do noso instituto.
Moita sorte!

Por Susana

Día do Libro



O luns 23 teremos a oportunidade de explorar distintos alfabetos cun pequeno taller na Biblioteca. Impartido por profesores e algún alumno coñeceremos o alfabeto grego, árabe, ruso e sánscrito. A actividade está pensada para os alumnos de 3ºE.S.O.

Por Susana

12/4/07

Pillado




O Xoves, día 27 de Marzo,visitou a Biblioteca Francisco Pillado veu falar de Valle-Inclán aos alumnos de 2º de Bacheralato. Sempre é un placer escoitalo.

Comenza decindo que el non é un estudioso de Valle, pero o le todos os días, o mesmo que toca no piano a Beethoven (o Claro de luna).
Valle sempre preconizou a elegancia estética o Dandismo (elegancia interior) en contraposición á moda, que como decía Oscar Wilde é tan horrorosa que temos que cambiala cada seis meses.
Valle nos di que os intelectuales deben ser como os xitanos, ao marxe da lei, que chegou a escritor por ser unha profesión sen xefe, e que aínda que te poidan "comprar" el estaría dacordo con Jean Paul Sartre, que renunciou ao Nobel pola súa independencia.

Sempre un grande afán de provocar.
No eido social é duro e corrosivo cos poderosos, ás veces, cruel.
Na estética, a palabra rebuscada, máis alá da musicalidade, o cromatismo, nos "Esperpentos", como Goya nas "Pinturas Negras".
Na referencia ao Galego di que Rosalía non lle interesa, pero si utiliza palabras galegas por ter moita máis musicalidade que as castelans e inclusive un significado máis axeitado, por exemplo fala da "brétema" en vez da "niebla", ou de "orballo", que alí din "calabobos".
En "Divinas Palabras" a escenografía a fai Castelao.

No coloquio fala , entre outras cousas, dos libros que máis lle gustaron como "El Quijote", que rele capitulos buscando paralelismos con personaxes da actualidade. Ou "El amor en tiempos del cólera" de García Márquez, a novela considerada a mellor da historia.

Rematamos agradecendo a súa presencia con un agasallo moi apropiado para a ocasión: a figura de don Ramón del Valle Inclán.
Xena

Maribel Longueira


Maribel Longueira Mira, fotógrafa e historiadora do arte, naceu

Maribel Longueira Mira, fotógrafa e historiadora do arte, naceu na Coruña donde traballa dende o ano 1972 en actividades de interés plástico, cine, teatro, cerámica e pintura centrándose na actualidade na fotografía, como investigadora teórica e práctica.

Entre as súas publicacións fotográficas destacan portadas e lustracións de numerosos traballos: o libro homenaxe a Ánxel Casal con textos de varios escritores; Mar de Lira; Alguén agarda que volva alí , ilustrando as palabras de dazanove escritores galegos sobre Cuba ( do que se fixo unha exposición que percorreu Galicia enteira)

Destaquemos a súa última obra O Papagaio da que falou no noso instituto: “ As vivenzas da xente quedan esparcidas polo chan e eu, coma unha arqueóloga, as recollo para amosalas”.” A fotografía como denuncia arquitectónica” “A documentación visual dun problema social como é a prostitución”…


Por Xena

22/3/07

















Xa Está aquí a película que narra o enfrontamento entre os espartanos, 300, ó mando de Leónidas, e os persas, baixo Xerxes. O paso das Termópilas será o escenario da resitencia grega .

Pensamos que fermosura das súas imaxes xa a xustifica , aínda que haxa voces que denuncian a súa clara posición a prol de Europa.

Non podemos todavía pronunciarnos, pero si recomendar a solemne aria de Haendel "Ombra mai fu" (mp3) en donde Xerxes canta; "Xamáis existiu unha sombra máis querida e amada".

Por Susana.

16/3/07

Maribel Longueira


A fotógrafa Maribel Longuiera dará unha charla para ós alumnos de 1º de bacharelato o próximo día 27 de marzo, martes, de 12,30 a 14,20.
Presentaranos os seu dous últimos traballos: un sobre arquitectura mariñeira da Costa da Morte ( fermosas fotos retocadas con acuarela ) e o outro sobre ó Papagaio de Coruña . A nosa antiga profesora, Luisa Villalta, púxolle versos a este barrio coruñés.

Por Susana

15/3/07

Francisco Pillado e Valle Inclán


O próximo día 29 de marzo , no biblioteca do instituto, Francisco Pillado dará unha conferencia para 2º de bacharelato sobre a obra de Valle Inclán.

Por Susana

8/3/07

A vida dos outros





Ópera prima do director F.H.Donnersmark .

A un capitán da Stasi - a dura policía da agonizante RDA - encárgaselle vixiar a un dramaturgo, sospeitoso de ser desleal ó réxime. O gris oficial vaise sumerxindo, a través das escoitas, na relación amorosa do artista coa súa parella, tamén actriz. A arte enfróntase así ós ideais políticos. Un dos dous ten que "suicidarse".

Fermosísima película, de magnífica guión e plácido ritmo con momentos sobrecolledores ó son da música. Sobresaliente a interpretación de Ulrich Mühe, capitán e espía.

Por Susana

14/2/07

Excursión ó Fórum e ó Macuf



O pasado día seis de febreiro os alumnos de 3ª ESO realizamos unha exursión ó Fórum e ó Macuf. Primeiramente fomos ó Fórum, onde nos ensinaron a biblioteca, o seu funcionamento e como realizar a busca de libros. Máis tarde amosáronnos a páxina web das bibliotecas municipais de Coruña ( www.coruna.es/bibliotecas), gracias á cal podemos facernos socios, reservar libros e renovalos sen necesidade de desprazarnos. Ademáis, a biblioteca ofrece ós seus socios unha serie de servizos como : navegar por internet, xogar á playstation e diversas actividades para os máis pequenos.
Acabada a visita ó Fórum diriximonos ó Macuf ( Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa). No museo puidemos ver unha exposición de pintores alemanes entre os que destacaban dous estilos moi diferentes: por unha banda cadros que chamaban a atención polo seu forte colorido , e otros que destacaban polo seus tonos máis suaves ou apagados.
En conclusión, as dúas visitas resultaron moi interesantes porque aprendimos diferentes aspectos da arte, xa sea literaria ou pictórica.


Por Tania Gómez