25/2/08

Isaac Díaz Pardo, o pintor


Interpretación da obra de Isaac realizada por alumnado de Plástica de 4º da Eso.

as pinturas de Isaac


Interpretación realizada por alumnado de 4º de ESO nas clase de Educación Plástica.

Os gaiteiros


Alumnos e alumnas de 2º de BACH e de 1º da ESO recibindo a Isaac

24/2/08

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (21-II-08)


El chámase Isaac. Cando entra pola porta do Instituto todos aplaudimos. Camiña devagariño polo patio central con cara de abraio ante a explosión de cores e figuras pintadas que inundan o espacio. O conxunto de pinturas que forman a exposición baseada na súa obra pictórica compón unha policromía musical e luminosa, acompañada pola letra dunha cantiga que pronuncian espontáneamente as balconadas do muro do recinto. Ao tempo que camiña, vai recibindo saúdos, bicos, sorrisos... No corazón do patio, unha mesa verde disposta para a ocasión agarda. Os músicos, gaiteiros, gaiteira, pandereiteiras, tamborileiro, inician o acto. O director case non fala, non quere roubar as palabras que di son deles, dos alumnos, das alumnas, porque a homenaxe sae deles, e así é. Paula, cunha luz de anxo nos ombreiros, pregoa as actuacións en nome de todos. Lito, de Samoedo, ex-alumno, ergue a súa voz reivindicando a historia, "o nome do instituto era unha débeda que os sadenses tiñan con Isaac, (...) creador de luces naquel mundo de tebras". Mónica eleva a temperatura do salón acentuando "o momento histórico que estamos a vivir"e faise portavoz do sentir do alumnado. Paula, Isamel e Iago préstanlle a súa voz emocionada a Luís Seoane "María das Batallas / dareiche unha frol por cada bala". Zeltia, Noela e Olalla entoan a capela o cantar de cego que acompaña á Nave espacial de Díaz Pardo, tamén na exposición. Cando Isaac toma o micro para se dirixir ao público, móstrase confundido, parece non saber moi ben por que está alí, porque é a persoa máis humilde e pensa que en realidade el non fixo nada, non ten mérito ningún. Louba con voz tenra os traballos do alumnado, dos profesores que os dirixiron, iso si que ten mérito para el. Quere tamén recoller as palabras alí pronunciadas, os poemas, as cancións. Quere levalas con el, para lelas ben, para enteirarse ben de todo, xa que teme non ter escoitado todo ben. Pídeo cunha firmeza suplicante que impresiona... E por fin o agasallo. Preparado no taller de cerámica do IES. Unha escultura da cor da terra. Isaac apértaa con forza, con emoción. Na hora máis que vai ficar con nós, non a vai querer soltar en ningún momento, pese a insistencia das dúas mulleres que o acompañan e que se oferecen a levala por el.

Subimos a visitar a Biblioteca. Alí senta para asinar no libro de personaxes ilustres. A súa será a primeira sinatura. A bibliotecaria preséntalle o volume; o acto adquire entón unha solemnidade litúrxica. Alí estamos unhas vinte persoas e un silencio case místico envolve a situación durante o tempo que lle leva a Isaac facer unha grande e orixinal dedicatoria dirixida á mocidade "xurdia" de Sada. Á primeira que lle preguntamos se viría unha tarde ao noso clube de lectura responde sen dubidalo que si, que dispoñamos del. Tanta xenerosidade nos turba. Entón unha profesora cólleo do brazo para conducilo ata o Taller de Cerámica.

Baixamos tras deles e alí deixase mimar como se o que está facendo fose para el a mellor cousa do mundo. Finalmente o tempo é chegado e acompañámolo á saída. Alí despídese de nós como se nos unise un lazo familiar que viñese de moi lonxe. Cun sorriso agarimoso e case infantil vainos dicindo adeus,
e ficamos sós...
Gracias, Isaac, o noso vello emigrante, gracias.
C.A.

16/2/08

A Cova Céltica


A tarde do pasado xoves, 14 de febreiro, o director do noso instituto, Adolfo Gabín, acudiu á tertulia literaria da biblioteca para comentar a triloxía titulada El juez de Egipto. Esta obra está escrita polo doutor en Exiptoloxía Christian Jacq, nacido en París en 1947. Adolfo falounos con moito entusiasmo desta obra ambientada no Exipto dos faraóns. Relatou con detalle o argumento, destacando que o máis interesante da obra é a mestura entre a ficción, a intriga novelesca e a historia real que nos achega á civilización exipcia:

"Nunha historia de ficción o autor, Jacq, cóntanos a historia de Exipto"

Puxo precisamente o acento no feito de tratarse dunha obra de divulgación con rigor histórico, de poñer ao alcance do público aspectos sobre a vida cotián na época dos faróns dun xeito ameno e entretido, a través do fío conductor dunha conspiración, que mantén ao lector enganchado ata o desenlace, no terceiro dos libros, xa que ademais a novela contén unha sorpresa final: o gran conspirador é alguén inesperado.

Outras das características que fan interesante esta obra son, na opinión de Adolfo, os personaxes coas súas vivencias e paixóns ("chegades a ver unha fotografía dos personaxes"), a abundancia de diálogos que fan que a lectura sexa dinámica e non canse e o feito de que os capítulos non sexan moi extensos xa que iso facilita que poidamos ler en situacións insospeitadas como poden ser ¡¡¡os descansos dos partidos de baloncesto!!!

Estamos pois ante unha lectura moi recomendable e o noso director anímanos a que leamos esta obra no verán. ¡Tomamos nota!




15/2/08

O nome do noso instituto

Ilustración realizada por Isaac Díaz Pardo

O noso instituto leva o nome do ilustre galeguista Isaac Díaz Pardo. A biblioteca do noso centro dedícalle hoxe unha agarimosa lembranza como adianto da homenaxe que o próximo xoves 21 de febreiro se lle brindará aquí. Durante o pasado ano 2007, Díaz Pardo recibiu múltiples premios, medallas, homenaxes, (como o nomeamento como doutor Honoris Causa pola universidade da Coruña, por citar un) premios e homenaxes sobradamente merecidos por Isaac polo labor realizado durante toda a súa vida a favor da nosa cultura. Pintor, debuxante, escritor, ilustrador... Puxo tamén en marcha a fábrica de cerámicas de Sargadelos, ademais de levar adiante moitos proxectos xunto con outros grandes artistas que estaban no exilio, especialmente co seu amigo Luís Seoane, tamén pintor e poeta, con quen fundou o Laboratorio de Formas. O Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información foron outros dos seus logros.

Por todo isto felicítovos a todas e a todos e felicítome porque o noso instituto leve o seu nome.
-Cris Asensio-

11/2/08

24 de febreiro

O día 24 de febreiro é o día de Rosalía en representación dos escritores e escritoras. Para ir facendo boca colgamos aquí o poema con un dos símbolos máis emblemáticos da nosa escritora: Negra sombra.

Recomendamos a lectura deste poema e esperamos aquí a vosa opinión:

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos mues cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Follas Novas, -Do íntimo-, 1880



¿Que pode ser a "negra sombra"?

10/2/08

A Cova Céltica


Velaquí temos algúns dos membros da mítica "Cova Céltica" cando alá, polo s. XIX se reunían na librería La Regional, sita na coruñesa rúa de Rego da Auga. O segundo pola dereita é o ilustre sadense Lugrís Freire.

A Cova Céltica






"A cova céltica" é o nome do clube de lectura da nosa biblioteca. O xoves, 7 de Febreiro contamos coa presencia da profesora do noso instituto Ana Álvarez, quen presentará a novela da escritora DACIA MARAINI titulada LA LARGA VIDA DE MARIANNA UCRÍA. Dacia Maraini é unha escritora italiana, nacida en Florencia en 1936 e a súa obra é coñecida internacionalmente, ten escrito novela, poesía, opera teatral, ensaio... Ademais da súa obra literaria hai que dicir dela que se implica na defensa dos dereitos civis, a paz, a xustiza, a liberdade, a loita feminista...

A protagonista da novela de la larga vida de Marianna Ucría resulta doblemente interesante, xa que por unha parte representa o silencio ao que foron sometidas moitas mulleres e por outra oferece unha visión crítica do mundo que nos rodea.
-Cris Asensio-



31/1/08

Alvaro Cunqueiro e A Cociña Galega


Tempo de Entroido II

O Entroido é un tempo no que se pon o mundo do revés e no que se racha coas normas, pero sobre todo é unha celebración gastronómica. Para que vaiades facendo boca, presentámosvos unha obra do noso grande escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, quen no seu libro A cociña galega anunciaba o lacón como o rei dos pratos da cociña destas festas:
"agora pinta nas mesas o lacón, e coido que xa leva Galicia camiño de non dar tantos lacóns como se xantan. Dende San Martiño comeza a rolda do lacón en Galicia, que xa non remata ata
-Martes lardeiro-. Nos restaurantes, nas tabernas, nas casas particulares, e cando uns amigos deciden un xantar nos meses de inverno. O lacón está nunha hora de triunfo, que non puido sospeitar nin Picadillo"
Recomendamos a lectura do capítulo XXII El carnaval de las cigarreras da novela La Tribuna da coruñesa Emilia Pardo Bazán, , (mentras podedes merendar un bocata de chourizo do Courel con pan de L´Orbé).
- Cris Asensio-

30/1/08

Tempo de Entroido


ENTROIDO, do latín "introitus", significa introducción, prólogo, comezo. O Entroido anuncia o remate do inverno e o "comezo" da primavera. Esta celebración ten unha mestura de elementos cristiáns e pagáns.
Vicente Risco vía nesta festa unha orixe moi antiga e cría que proviña de de asociacións segredas primitivas ou de vellos ritos sagrados das civilizacións ancestrais.
Cris A.

27/1/08

A voar


Esta semana vén cunha novidade excepcional. Achégase un novo número de A voar a revista cultural para todas as especies mariñanas. Poesía, relatos, as vosas actividades, interesantes reportaxes e un deseño novidoso da man dos nosos especialistas...Ademais dará respostas a cuestións tan importantes como quen era María Mariño ou quen gañou o certame literario Luísa Villalta o pasado curso ou...

Estas e outras moitas cousas máis atoparemos nas páxinas da nosa revista.

¡Non a perdas de vista! ¡Mira que sae voando!

Continuará...


12/12/07

VISITA AO FORUM



Os alumnos de 3º da ESO visitamos á Biblioteca do Forum Metropolitano na Coruña, as personas responsables, de forma moi amena, explicaronnos o funcionamento da mesma.

5/12/07

a biblioteca do insti







Os de primeiro da ESO facemos unha visita á nosa biblioteca cando comenza o curso, imos co noso titor, e a encargada da biblioteca: Marisa, explicanos onde se atopan os libros, cómo buscalos, cómo facer un préstamo, para non esquencernos dounos un boletin que explica as normas fundamentais.
borrador

visitas a bibliotecas


No mes de novembro os alumnos de 2º da ESO visitaron a biblioteca municipal "Ramón Suarez Picallo".
Maria Pena, a bibliotecaria, explicounos cómo funciona esta biblioteca, donde esta cada libro, cómo se prestan, cal é o seu horario, etc.
A súa páxina podedes vela en:
www.opacmeiga.rbgalicia.org e desde aquí vades a B.P.M."RAMÓN SUÁREZ PICALLO".

5/7/07

O NOSO ISAAC DÍAZ PARDO



O próximo 25 de xullo Isaac Díaz Pardo recibirá a Medalla de Ouro de Galicia pola súa contribución ó país.
Sempre pensamos que se algo nesta vida pode honrar a unha persoa é que un centro público de ensino leve o seu nome e así se o fixemos saber noutra homenaxe.
Podedes ler algo sobre a súa vida en http://gl.wikipedia.org/wiki/Isaac_D%C3%ADaz_Pardo ou ben na páxina de Sargadelos http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html
Pero os recomendamos un vídeo que aparece en culturagalega.org (na páxina de wikpedia aparece o vínculo)

Por Susana

4/7/07

RRR- Bookcrossing


¡Hey, Móvese! Atopaches un libro coa etiqueta de BookCrossing? Pois é que chegaches a un lugar amistoso, e che damos a benvida á nosa comunidade de amantes dos libros. Pero que é Bookcrossing?.É un clube de libros global que atravesa o tiempo e o espacio. É un grupo de lectura que non coñece límites xeográficos. Gústanche os libros gratis? Que tal os clubes de libros gratis? Pois ben, os libros que os nosos membros liberan son gratis... pero é o acto de liberar libros o que chega ó corazón de BookCrossing. A nosa meta, simplemente, é convertir o mundo enteiro nunha biblioteca.

Aquí en BookCrossing.com atoparás decenas de miles de críticas sobre libros, puntuaciones de libros, e recomendacions de libros, porque cada vez que un libro cambia de mans os nosos membros poden facer"asientos" no diario contándolle ó mundo as súas experiencias.


Os "3 eRRes" de BookCrossing...

* Read (Le) un bo libro.
* Register (Rexístralo) aquí (xunto cos teus comentarios no diario), consigue un BCID (Número de IDentificación BookCrossing ), e etiqueta o libro.
* Release (Libérao) para que o lea alguén máis (dallo a un amigo, déixao nun banco do parque, dónao, "esquéceo" nalgunha biblioteca.), e será notificado vía email cada vez que alguén veña aquí e faga unha entrada no diario para ese libro. ¡E se escribes Notas de Liberación sobre o libro, outros poden Ir de Caza e intentar atopalo!
(máis información en www.Bookcrossing-Spain.com)

Por Susana


1/7/07

2008: Xosé María Álvarez Blázquez


O próximo ano será celebrado Xosé María Álvarez Blázquez a quen A RAG destacou que Álvarez Blázquez foi "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" como editor.
Naceu en Tui no 1915 (-1985). Militou no Partido Galeguista e fondou a Editorial Monterrey e posteriormente Edicións Castrelos. No 62 formou parte da RAG.
É un claro representante do Neotrobadorismo, vangarda poética xurdida no 1930.

ISE NENO DA RÚA
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡

Por Susana