Argumento:Na cidade de A Coruña, en 1958, un grupo de rapaces que estaban a facer a mili e un par de rapazas (unha delas filla dun coronel) encóntranse no bar dunha sociedade mui prestixiosa da cidade. Nese momento estase a celebrar un concurso, chamado "trampolín de estrelas", no que van participar os reclutas e máis un cantante de rock and roll que se fai chamar Elvis Montana. Durante o concurso "que dura un par de días"chegan os militares da garda persoal de Franco. Estes teñen uns problemas cos reclutas e máis coa muller do coronel antes citado.
Máis tarde Franco chega á cidade (os reclutas, cansados dos abusos dese réxime,intentan cometer un atentado contra Franco, pero este fracasa.
Por outra parte hai uns líos amorosos entre un dos reclutas e máis Elvis, xa que os dous queren á mesma muller. Ao final Elvis gaña o concurso, pero é o recluta quen se queda coa rapaza.
Personaxes:
Os dous reclutas, Elvis, a muller á que aman Elvis e máis o recluta, a filla do coronel, os dous militares de
alto rango, o coronel, a muller do coronel, o presentador do concurso, os músicos e máis a muller de Franco.
Lugar:
A Coruña, no Clube Náutico, no bar desa sociedade.
A Coruña, no Clube Náutico, no bar desa sociedade.
Tempo:
• Tempo histórico: Setembro do 1958.
• Tempo do relato: Uns días.
• Tempo histórico: Setembro do 1958.
• Tempo do relato: Uns días.
Opinión persoal:
A min, máis ca unha obra de teatro, pareceume un musical; o cal non é negativo, ó contrario. Encantoume a obra, sobre todo cando cantaban e bailaban con esa música dos anos 50-60. Tamén me gustaron os líos amorosos que tiñan o coronel, a súa muller e máis o militar de alto rango. Nunca vira unha obra (sen contar as obras que vemos nos institutos) e, para ser a primeira vez, foi unha boa experiencia e teño gañas de repetir.