27/1/13

Día da Paz 30 de Xaneiro

O día 30 de Xaneiro celebramos o
 Día Escolar pola Paz e a Non Violencia en conmemoración da morte de Gandhi.

No  seguinte  enlace  atoparás  un  LIM  con actividades  relacionadas   co  Día  da  Paz.
Ademais   coa  colaboración  de  todos podemos  facer  pombas  da paz   de papel  seguindo este  video.  

20/12/12

Un libro para o Nadal



Este ano na biblio quixemos celebrar o Nadal recomendado un libro, un libro para o Nadal, coa colaboración de varios cursos da ESO decoramos o noso Recuncho da Biblioteca. Aquí tedes as fotos.




 

Bo Nadal 2012 para todos

Os contos dos irmáns Grimm cumpren hoxe 200 anos

O 20 de decembro de 1812 viu a luz a primeira edición dos clásicos infantís recompilados e elaborados polos alemáns Jacob e Wilhelm Grimm a partir de de unha serie de contos de tradición oral da cidade alemá de Kassel. En 1815 publicouse un segundo volume. A colección dos contos de fadas dos irmáns Grimm foi ampliada en 1857. Os manuscritos destes contos de fadas, propiedade da biblioteca da Universidade de Kassel, forman parte desde o ano 2005 do Patrimonio Cultural da Humanidade.
O bicentenario dos contos dos Irmáns Grimm dá o pistoletazo de saída en Alemaña ao ano Grimm, que arrincará dentro de doce días co comezo do 2013 e terá como centro neurálxico a cidade xermana onde viviron os dous escritores entre 1798 e 1841.
Blancanieves, como Pulgarcito, como Hansel e Gretel, como a Cincenta, a Bela Dormente e tantos outros personaxes das aventuras coas que os nenos comparten a súa infancia tiveron a súa orixe na pluma de Jacob e Wilhelm Grimm, nos contos dos Irmáns Grimm, moi unidos tamén no compromiso polo estudo e o rigor científico como profesores universitarios que eran na Alemaña romántica. Esa dedicación voraz dos Irmáns Grimm cara á súa cultura fixo que cun detallismo propio dos estudos etnográficos actuais recollesen lendas, contos e fábulas, respectando a sinxeleza e espontaneidade do discurso oral. Eses clásicos de hoxe, eses contos dos Irmáns Grimm, que foron recompilados e publicados entre 1812 e 1817, foron tamén traducidos como Contos infantís e do fogar.

13/12/12

O Día dos Dereitos Humanos no Recuncho da Biblioteca

Información  sobre os  Dereitos Humanos  no Recuncho da Biblioteca

As  nosas recomendacións  de  lecturas relacionadas con este  día


Club de lectura inglés

9/12/12

10 de Decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos

Os dereitos humanos pertencen por igual a cada un de nós  e mantéñennos unidos como unha comunidade global cos mesmos ideais e valores. Como unha comunidade global que todos compartimos nun día en común: o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, cando se recorda a creación, fai 63 anos da Declaración Universal dos mesmos.

Despois de tanto tempo, debemos reflexionar sobre si se respectan estes dereitos e o que nós podemos aportar para lograr que sexan universais.


28/11/12

25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero


Achégase o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, e son moitas as institucións e organismos que se suman a unha dinámica de sensibilización e de formación cidadá neste ambito, cada día máis necesaria.

 Avogada, enxeñeira, froiteira, coidadora … a violencia de xénero non entende de profesións . A nosa amiga, a nosa filla, unha veciña…calquera das mulleres que coñecemos pode estar a sufrir malos tratos neste momentos, tamén nós mesmas. Se nos paramos a pensar no noso entorno de seguro coñecemos a algunha muller que foi ou é vítima da violencia machista, vítima de desigualdades continúas por unha cuestión social e culturalmente establecida para mulleres diferente que para os homes.

Non podemos pechar os ollos e ocultar como tódolos días saen novas nos medios de comunicación (grandes responsables do mantemento e transmisión de estereotipos e roles de xénero)sobre situacións de violencia de xénero, violencia de homes cara as súas parellas ou exparellas, mulleres


12/11/12

Debuxos premiados no noso concurso

 Noraboa  a  todos os participantes  e grazas  pola  súa  participación.  Todos  teredes un agasallo  da  Biblioteca, pero aquí  tedes a resolución do  xurado.
1º  Premio  Carlota Fiaño  2º  ESO A

2º  Premio  Marcos  Colón  1º ESO  C
Todos  os participantes  podedes  pasar o  mércores  no  2º recreo  pola  Biblioteca  e  recibiredes  o voso  agasallo.

4/11/12

Samaín 2012

Presentamosvos   aquí  algúns  dos debuxos presentados  no noso concurso.

Ana Karina Castillo 1º A


Carlota Fiaño  Salinas 2ºA

Marcela Alexandra Arébalo Castro 1º B Bach.

Club de Lectura Os Papalagi



Presentación do  interesante libro Os  papalagi. Unha   interesante  visión   da  nosa  sociedade.

26/10/12

Samaín 2012

Participa   nas  actividades  terroríficas  organizadas  pola  nosa  Biblioteca. Para comezar  se sabes  debuxar ben, presenta un debuxo co  que  no fagas sentir arrepíos. Presentacións dos debuxos:  na  bilbioteca. Data límite: 31  de outubro.

 

8/10/12

Os papalagi

O nome que dá título ao libro, papalagi, é o da extraña tribu de costumes e ideas extravagantes e ás veces aparentemente absurdas que protagoniza os discursos do xefe samoano. É dicir, os papalagi, eses seres exóticos e que despertan a curiosidade, somos nós.



5/10/12

Club de Lectura A Cova Céltica. Presentación do libro Os papalagi

Os Papalagui é un libro de ficción de Erich Scheurmann en lingua alemá, publicado en 1920 co título orixinal de Der Papalagi. A edición en galego foi editada no ano 2000 por Edicións Positivas, traducida por Onofre Sabaté.
É unha colección de once discursos que o xefe samoano Tuiavii de Tiavea dirixe ao seu pobo, nos que describe unha viaxe por Europa pouco antes da Primeira Guerra Mundial. O autor, Erich Scheurmann, aparece como testemuña e tradutor dos discursos. O título, papalagi, é o nome que os samoanos dan ás persoas de raza branca.


O xefe samoano interpreta a cultura occidental desde a perspectiva dun nativo, criticando a deshumanización e o materialismo da sociedade europea, e describindo con inxenuidade elementos tales coma os cartos ou o teléfono. Tuavii de Tiavea prevén os samoanos para non se deixaren contaminar pola influencia da cultura europea. Cada discurso describe un aspecto da cultura occidental (medida do tempo, vivenda, vestimenta, etc). Se ben está relatado cun certo sentido do humor, o ton xeral é de forte crítica cara ás culturas europeas.

 

4/10/12

GALLAECIA FILMES


PARTICIPA NA PRIMEIRA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DE
GALLAECIA FILMES

Mulleres de Sada transportando auga dende a fonte Labarrosa arredor de 1950/60?

     Queremos realizar un documental sobre fontes e lavadoiros no concello de Sada. Para iso necesitamos documentarnos. Precisamos o testemuño de persoas maiores que recorden como eran e onde estaban as fontes, de mulleres que de mozas lavaban a roupa nos lavadoiros. Queremos que nos conten as moitas anécdotas que ao carón destes lugares públicos xurdiron. Queremos tamén acceder a todas as fotografías antigas que estean relacionadas coas fontes e lavadoiros.
     Fala cos teus avós, coas túas avoas, cos veciños e veciñas de máis idade do lugar onde vives (concello de Sada) e pídelles que fagan memoria, que busquen nos seus álbums de fotografías.
     Se podes axudarnos nesta fase de documentación deixa o teu comentario nesta entrada; pon o teu nome e curso. Tamén te podes poñer en contacto con Xosé Seoane, profesor de galego do IES Isaac Díaz Pardo.

Mulleres collendo auga na fonte da praza de San Roque alá polo 1920.


 Grazas pola túa colaboración.
Entre todos podemos facer realidade este proxecto.

Equipo  de  Dinamización da Lingua Galega do 
IES Isaac Díaz Pardo de Sada

1/10/12

Comeza o Club de Lectura

Este ano  comezamos de novo  as reunións  dos clubs de lectura Ocubil do xabaril e  A Cova Céltica, estades  convidados as reunións que se farán na Biblioteca.



Participa  con nós

23/9/12

Mundo marabilloso

A pesar da crise ou as moitas   crises  que estamos sufrindo, ás veces   recordásenos  que o mundo é  marabilloso:



 ou  tamén  un   clasico  da música  

6/9/12

Estamos de volta




Anímate a subir á biblio, xa sabemos que está un pouco lonxe, pero tentaremos facer novas actividades para todos. Podes levar os libros de lectura, consultar material para algún traballo, ler a prensa ou consultar os ordenadores ...
Pásate pola BIBLIO.

Formación de usuarios




Aquí temos unha serie de actividades para coñecer máis a biblioteca, como se organiza e como buscar os libros. Grazas ao traballo do CEIP de Pedrouzos.
Pincha neste enlace e a ver se consigues acertar todo.


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/view.php?id=28