28/5/12
11/5/12
CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA 2012
Hoxe terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada o fallo do premio literario Luísa Villalta destinado a fomentar a creación literaria entre o alumnado de educación secundaria e bacharelato. O acto estará acompañado de lecturas e actuacións musicais dalgúns alumnos do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Dende a biblioteca do instituto queremos desexarlle sorte aos participantes!
8/5/12
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO
Lémbrovos a todos e a todas que hoxe no 2º recreo (ás 12:20h) falaremos da obra de An Alfaya, A lenda da lúa de Montealto.
27/4/12
CONTINUAMOS CO NOSO CLUBE DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL
No mes de febreiro o grupo de lectura de 1º de ESO lemos a analizamos a obra ¡Asústate Merche! de Fina Casalderrey e no mes de marzo foi a quenda de A banda sen futuro de Marilar Aleixandre.
24/1/12
REUNIÓN CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL DE 1º ESO
Esperámosvos a todos e a todas na reunión do club de lectura que terá lugar o día 24 de xaneiro no 2º recreo (12:20h) na cal elixiremos o próximo libro de lectura.
Non esquezades asistir, que haberá sorpresa!
Non esquezades asistir, que haberá sorpresa!
FALANDO DAS OBRAS... CLUB DE LECTURA O CUBIL DO XABARIL 1ºESO
O pasado 12 de xaneiro no club de lectura O cubil do xabaril de 1º ESO puxemos en común as obras Os mundos de Coraline de Neil Gaiman e Matilda de Roald Dahl. Velaquí queda unha imaxe da nosa xuntanza:
10/1/12
RECORDANDO A ISAAC DÍAZ PARDO
Dende a Biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo queremos lembrar ao artista plástico, intelectual e galeguista que lle dá nome ao noso centro.
Velaquí unha imaxe do día que estivo na nosa biblioteca e escribiu no noso libro de visitas.

Velaquí unha imaxe do día que estivo na nosa biblioteca e escribiu no noso libro de visitas.

21/12/11
7/11/11
2/11/11
Samaín 2011

Xa chegou o outono fai algún tempo, nótase o frío polas rúas, anunciando o non tan
afastado xa inverno. A xente xa non sae tanto da súa casa, non hai tanta xente como no
verán polas rúas e prefírense lugares cómodos e quentes. Neste ambiente, o 31 de
outubro producirase unha das festas máis coñecidas do ano, o Halloween, celebrada de
xeito distinto en cada país. Para uns é sinónimo de ritos e crenzas ancestrais, de
adoración aos defuntos, para outros, unha festa na que os disfraces, doces e o terror é
a espiña dorsal desa noite; unha festa sacra e unha festa comercial.
Se queres saber máis cousas pincha no seguinte enlace, con actividades, xogos, películas, debuxos, etc
http://sites.google.com/site/recursosparaosamain/
Pásao de medo na biblio

O meu amigo Cali, pantasma do IES Isaac Díaz Pardo , venme de convidar a unhas Sesións Terroríficas de Lecturas que sei que están a organizar os MQs. A cita é o mércores e xoves na biblioteca do instituto e seica cada clase vai contar relatos de terror e misterio . Imprescindible invitación. Eu xa teño a miña, e vós?
Conseguirán meterme medo a mín ou, pola contra, serei eu quen os asuste, JAJAJAJAJAJAJAJAJA (léase riso sinistro).
20/10/11
Visita á Casa-museo Emilia Pardo Bazán e ao Arquivo do Reino de Galicia
Como cada anos continuamos coas visitas ás bibliotecas da comarca. Os alumnos de 1º de Bacharelato foron ver o Arquivo de Reino de Galicia, e aproveitando a visita á Cidade Vella tamén estiveron vendo a Casa-museo de Emilia Pardo Bazán, onde lles explicaron as condicións de vida das mulleres do século XIX.

Rapaces do século XXI encorsetados como a sociedade do XIX encorsetaba ás mulleres.
Unha das cousas que´máis chamou a atención no Arquivo foi o proceso de restauración do papel.

Rapaces do século XXI encorsetados como a sociedade do XIX encorsetaba ás mulleres.
Unha das cousas que´máis chamou a atención no Arquivo foi o proceso de restauración do papel.
16/10/11
Visita á Biblioteca González Garcés
Como cada ano iniciamos o curso coas visitas ás bibliotecas públicas. O día 11 de novembro tocounos a nós, os de terceiro da ESO, e leváronnos á Biblioteca González Garcés, onde nos ensinaron todas as salas da Biblioteca: onde se gardaban os fondos, as salas de estudo a hemeroteca e a sala de audiovisuais.
Tamén vimos unha exposición sobre Castelao, na que se conmemora o 125 aniversario do seu nacemento. O que máis nos chamou a atención foron os libros que tiñan nas vitrinas entre eles unha versión ao esperanto de Retrincos.
Tamén vimos unha exposición sobre Castelao, na que se conmemora o 125 aniversario do seu nacemento. O que máis nos chamou a atención foron os libros que tiñan nas vitrinas entre eles unha versión ao esperanto de Retrincos.
9/10/11
Inicio dos clubs de lectura

Este ano volvemos coas lecturas nos clubs de lectura O cubil do xabaril e A cova céltica. Podes unirte a eles, xa fixemos unha primeira reunión na que decidimos os libros a ler: As lágrimas de Shiva, Un casorio ben mal amañado e After Dark.
Se che apetece ler e logo comentar con nós calquera deles pásate pola Biblio, e colle o libro e infórmate da próxima reunión.

13/6/11
Lecturas para as vacacións
Estamos preparando xa os libros para o club de lectura do próximo curso, se no verán vas adicar algún tempo a ler, aquí tes algúns títulos.

30/5/11
Salvando libros
Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares xurdiu esta iniciativa de Salvar un libro. Cada centro escollía un libro e memorizaba un fragmento. Despois de recopilalos todos e cunhas preciosas ilustración fixeron esta bonita exposición dixital.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








