X Xornada dos Clubs de Lectura
O pasado 17 de xuño a profesora ao cargo dos clubs de lectura este curso, Ofelia, e sete dos alumnos/as que participaron nos clubs "O Cubil do Xabaril" de
1º ESO eee 2º ESO ao longo deste curso acudimos a Santiago á festa de aniversario dos clubs de lectura. Alí vimos a Miguel Anxo Prado, Marcos Calveiro, Andrea Maceiras, e César Mallorquí, entre outros autores. Participamos en diversos obradoiros e tivemos unha quedada entre outros clubs: do IES Francisco Aguiar, do IES María Casares, etc. Coido que o pasamos todos moi ben a pesar da intensa calor que padecemos, sobre todo na viaxe de retorno a Sada.
Aí vos vai un pequeno resumo en imaxes do evento. Feliz verán a todos/as!
|
O grupo á chegada a Santiago:
Ismael, Carla, Anxo, Carla, Eva, Lara e Iria
|
|
Performance inaugural de "Pista Catro" |
|
"Libros e Internet" a blogueira Violeta Moon |
|
Carla e Iria, as voceiras dos clubs relatando a súa experiencia
a compañeiros dos IES Francisco Aguiar e María Casares |
|
Eva, Lara e Iria |
|
Festa de peche, con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre |
No hay comentarios:
Publicar un comentario