15/1/19

CLUB DE LECTURA 2018-2019


No mes de decembro celebráronse os clubes de lectura nas materias de Ciencias coa profesora María-Jesús Fuentes. Os participantes leron textos relacionados coa Ciencia e sempre de forma voluntaria

Cinco estudantes de 4ºESO, no marco da materia optativa de Cultura Científica,  leron "A que altura está o ceo?"de Jorge Mira. Gustoulles bastante e comentaron que lles axudou a consolidar os contidos da materia da primeira avaliación, aínda que preferirían lelo antes do exame. Terémolo en conta para o vindeiro curso. 


Nove estudantes de 1ºBAC, no marco da materia de Bioloxía-Xeoloxía, leron  "Elemental queridos humanos" de Arsuaga. Os alumnos consideran que o libro lles axudou a entender conceptos da Xeoloxía  aínda que as veces lles parecera un pouco árido e sobre todo valoraron as ilustracións do humorista Forges.


11 estudantes de 2ºBAC, no marco da materia optativa Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, leron "La memoria secreta de las hojas" da científica Hope Jahren. A verdade é que tivo moito mérito pois o libro é longo. Nel a autora conta a  súa vida mostrando ao mesmo tempo  como é a Ciencia por dentro. Houbo opinións para todos os gustos pero o máis chamativo foi que a nai dunha alumna tamén o leu, e por riba  gustoulle... parece a mochila viaxeira!!!



FOI UN BO COMENZO!!!!

No hay comentarios: