14/7/20

A MEMORIA DA CHOIVA

Animádevos a ver unha vídeo performance sobre a memoria da choiva realizada e protagonizada por Lara Cao
https://drive.google.com/file/d/1Qp_ZCCcwxi1D4EdwUsIkoYocZdHOSJBR/view?usp=sharing




20/2/20

Clubs de Lectura

Clubs de lectura O Cubil do Xabaril


1º de ESO

O alumnado de 1º de ESO leu  Trece Anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. O 11 de decembro levamos a cabo a reunión para valora-la súa lectura. Ainda que os que participan este curso son rapaces e  a protagonista da historia é una rapaza,  gustoulles o libro. A próxima lectura será a novela de Andrea Maceiras Violeta Tamurana.

Mateo, Martín, Iago e Adán





 2º de ESO




En 2º de ESO, Irene Pernas, Candela Naya, Nerea Codesido e Uxía Hortas leron no primeiro trimestre Europa Express, de Andrea Maceiras. A posta en común da lectura foi o 17 de decembro.Non temos foto dispoñible. Non lembramos facela. Sen falta no segundo trimestre temos que acordarnos de deixar unha testemuña gráfica. A próxima lectura será Ceiba de luz de Manuel Lourenzo






Clubs de lectura A Cova Céltica



O alumnado de 3º e 4º de ESO xuntouse nun club adicado a una lectura en inglés proposta polo departamento de inglés: a novela de suspense de Agatha Christie The Body in the Library. A posta en común final da novela realizouse o pasado 9 de decembro. resultou nunha experiencia enriquecedora tanto no intercambio de valoracións de alumnado de distintos niveis e grupos como no fomento da cultura inglesa e a través desta autora clásica da lingua inglesa.




María, Andrea Insua, Alba, Alejandro, Dalia, Laura, Lucía, Andrea Pardo, Carmen e Lucía



No segundo trimestre o club sentarase a valora-la lectura proposta polo departamento de bioloxía En las Nubes, de Ian McEwan.








O alumnado de 1º de BACH leu a novela Palabras envelenadas, de Maite Carranza en relación co departamento de Lingua Galega. A sesión de valoración final da lectura foi en xaneiro.

Roberto, Inés, Laura, Mencía, Marco, Daniel e Diego







Iria, Lara, Carmen e Paula
Gabriela, Brais. Lucía. Lara, Gabriela Brandariz, Camen, Paula, Iria e Paula
Laura e Mencía

Os próximos clubs estarán en relación con  matemáticas,  inglés, historia e ciencias da terra e do medioambiente.













28/10/19


 O SAMAÍN NA BIBLIOTECA




DECORACIÓN DA BIBLIOTECA EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE EDLG

1/7/19



Remata o curso 2018/19. Este enlace amosa o video que resume as actividades realizadas na nosa biblioteca.
Actividades da biblioteca 2018-2019





 Feliz verán a tod@s!

26/6/19


           CLUB DE LECTURA "A COVA CÉLTICA"    


Alumnado de 3º de ESO xunto con catro alumnos de 2º de ESO procedentes do outro club o Cubil do Xabaril leron lecturas adicadas ao fomento da lingua galega e con temática 
xuvenil. Os textos foron estes: 
2º trimestre: Mentira, de Care Santos. Novela suxirida por unha das lectoras do club, Carla.
 A lectura fíxoselles amena e interesante.
3º trimestre: Europa Express, de Andrea Maceiras. Unha novela sobre un grupo de rapaces
 que se van de Interrail ao rematar o bacharelato. En xeral gustoulles bastante. 
Felices vacacións a todos e que o vindeiro curso volvamos a xuntarnos por unha boa
historia que compartir!
 
Ismael, Hugo, Inés, Jimena, Claudia, Andrea, Carla, Eva e Carla

           
            CLUB DE LECTURA "O CUBIL DO XABARIL"                
Durante o 2º e 3º trimestres as  alumnas de 1º de ESO leron:
2º trimestre: Violeta Tamurana, de Andrea Maceiras. Lectura en galego. 
Esta historia gustoulles moito.
3º trimestre: distintos cómics de Asterix e Obelix. Lecturas en galego. 
Contrastamos os elementos que estereotipaban os distintos pobos conquistados
polos romanos e realmente foi enriquecedor e moi interesante aprender unhas das
outras neste aspecto ademais de que lles aportou unha pincelada da clásica.
Igual que no primeiro trimestre con Corredor de sombras, fixemos o estudo
colectivo do libro con carácter lúdico, falándose  do que máis gustou e dos
aspectos máis importantes.
Neste club potenciaronse as lecturas de libros  de autores galegos ou de autores
de narrativa xuvenil nacional ou internacional en galego. Ainda que foron unicamente
tres alumnas as que conformaron o grupo dende o segundo trimestre, estas
amosaron entusiasmo por repetir a experiencia para o vindeiro curso. 

Felices vacacións ás tres e ata o próximo curso!

  


24/6/19

CLUB DE LECTURA "DESEXOS LITERARIOS"

Na segunda avaliación lemos os seguintes libros:

Cinco estudandes de 4ºESO leron  "La tierra herida" conversación entre Miguel Delibes pai e Miguel Delibes fillo. Ao alumnado resultoulle pesado algunha parte por ter demasiados datos pero ao ser unha entrevista a lectura resultou máis sinxela


Sete estudantes de 1ºBAC leron "Aventuras del ser humano" de Gavin Francis unha aventura pola anatomía humana contada por un médico, o alumnado apreciou a súa lectura sobre todo cando falaban dos seus pacientes. Outro alumno leu "Yo contengo multitudes" de Ed Yong un libro super interesante dito polo propio estudante pois ábrenos o universo das bacterias. Por último outro leu a "Está usted de broma Sr. Feynman" biografía do físico máis importante do século XX, éste apuntou que lle gustou bastante os contidos físicos e non tanto a súa vida.


  

Seis estudantes de 2ºBAC leron "La naturaleza en peligro" de Miguel Delibes de Castro. O alumnado apreciou esta lectura pois reforza e amplia os contidos da materia con respecto a interelación dos seres vivos coa sociedade humana.

No terceiro trimestre:

Cinco estudandes de 4ºESO leron cada un un libro. Aqui tedes os títulos:  "el reino ignorado" de David. G.Jara; "Somos naturaleza" de Katia Hueso, "Sensibilidad e inteligencia en el mundo vegetal" de Stefano Mancuso, "Autobiografía de Charles Darwin", "Pequeños pasos. Creciendo desde la prehistoria" de Jose Bermúdez de Castro. Como vedes as lecturas diríxense cara dúas direccións o reino das plantas e a evolución. O alumnado apreciou a súa lectura e sobre todo en relación a cuestións curiosas coma que nacemos antes de tempo, as plantas sintetizan hormonas..


Dez estudantes de 1ºBAC leron os seguintes libros: "Neurociencia para Julia"de Xurxo Mariño, "Todo es cuestión de Química" de Deborah García Bello, "Yo contengo multitudes" de Ed Yong,  "Aventuras del ser humano" de Gavin Francis, "Los Simpsons y las matemáticas" de Simon Singh, "Seré frágil"de Beatriz Esteban,"El origen de las especies" de Charles Darwin, "Ciencia para Nicolás" de Carlos Chorda. O alumnado apreciou a lectura do seu respectivo libro e compartiron e comentaron aspectos das súas lecturas.







26/3/19


Este curso  animanse a participar nos nosos clubs alumnos de 1º , 2º e 3º.
En decembro, no peche do primeiro trimestre celebráronse dous  clubs: un en relación á novela de Agustín Fernández Paz Corredor de Sombras con alumnos de 1º e 2º de ESO. En xeral gustoulles a historia de Fernández Paz, Os alumnos do club de 3ª de ESO leron unha novela  en inglés adaptada
ao seu nivel: The Cellist of Sarajevo. No peche deste segundo trimestre as alumnas de 1º de ESO no seu segundo club de lectura sentáronse a valorar Violeta Tamurana, de Andrea Maceiras. Para o terceiro trimestre temos previsto traballar entorno a diversos cómics de Asterix e Obelix.


Hugo, Inés, Claudia, Jimena, Candela, Ërika e Julieta
Club de Corredor de Sombras
Julieta, Ërika e Candela no club sobre Violeta Tamurana

15/1/19

CLUB DE LECTURA 2018-2019


No mes de decembro celebráronse os clubes de lectura nas materias de Ciencias coa profesora María-Jesús Fuentes. Os participantes leron textos relacionados coa Ciencia e sempre de forma voluntaria

Cinco estudantes de 4ºESO, no marco da materia optativa de Cultura Científica,  leron "A que altura está o ceo?"de Jorge Mira. Gustoulles bastante e comentaron que lles axudou a consolidar os contidos da materia da primeira avaliación, aínda que preferirían lelo antes do exame. Terémolo en conta para o vindeiro curso. 


Nove estudantes de 1ºBAC, no marco da materia de Bioloxía-Xeoloxía, leron  "Elemental queridos humanos" de Arsuaga. Os alumnos consideran que o libro lles axudou a entender conceptos da Xeoloxía  aínda que as veces lles parecera un pouco árido e sobre todo valoraron as ilustracións do humorista Forges.


11 estudantes de 2ºBAC, no marco da materia optativa Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, leron "La memoria secreta de las hojas" da científica Hope Jahren. A verdade é que tivo moito mérito pois o libro é longo. Nel a autora conta a  súa vida mostrando ao mesmo tempo  como é a Ciencia por dentro. Houbo opinións para todos os gustos pero o máis chamativo foi que a nai dunha alumna tamén o leu, e por riba  gustoulle... parece a mochila viaxeira!!!



FOI UN BO COMENZO!!!!

29/5/18

ENQUISA BIBLIOTECA enlace: https://goo.gl/forms/r9hlzlK1s4OVkWZ02

22/5/18

Obradoiro de Poesía

Os día 17 e 19 de abril  a nosa compañeira de equipo de biblioteca, Montserrat Yoldi realizou co alumnado de 2º  ESO un obradoiro de poesía. Cada  grupo creou un poema conxunto, formado con palabras sacadas ao azar polo propio alumnado.

Ai vai un exemplo do que foi quen de crear 2º B de ESO:

O medo leal ten preguiza de devecer
O olor larpeiro de neve cando arrolas
O laio morno ata o ouro
A laxe no inverno orateado ouvea
A partitura abraiada agardaba o aloumiño
No solpor soñei que tiña amoras na maleta pechada.







Como tarefa final pero xa para realizar na casa, Montserrat  pediulles que trouxeran un acróstico. Estes son algúns dos resultados. Parabéns ás rapazas por ser as que participastes en maioría.



 



















18/4/18

Luns 9 de abril

A profesora e escritora  Montserrat Yoldi, presentou o seu libro de poemas, recentemente publicado, Cinsa na Boca. O alumnado de 2ºBACH foi o destinatario desta charla, que presenta un libro de denuncia social, cuns poemas nos que a autora pon voz ás vítimas de todo tipo de violencia no mundo actual, sobre todo o sofrido polas mulleres.  


17/4/18

Exposición de libros sobre mulleres


Venres 6 de abril

Como vén sendo habitual estes últimos anos, a biblioteca contou coa sempre grata compaña de Dona Carmen Abeledo, avogada especializada en lexislación sobre violencia de xénero, que impartiu dúas charlas sobre este tema  ao alumnado de 1º de bacharelato.


Club de lectura O Cubil do Xabaril



O pasado mércores 11 de abril, ás 16.30 os alumnos de 2º de ESO  tiveron a xuntanza para valorar as novelas de Agustín Fernández Paz: Corredores de Sombra e Cartas de inverno. ^Pasamos un rato agradable comentando as nosas impresións sobre as dúas novelas.

Corredores de Sombra é unha  historia de intriga na que unha adolescente, Clara Soutelo, investiga a morte violenta dun individuo que aparece emparedado no pazo propiedade de seu pai. Cartas de inverno é unha novela epistolar de misterio e terror, que atrapa aos seus protagonistas irremediablemente. Grazas, rapaces, por participar unha vez máis nesta aventura de ler e compartir! Vémonos en xuño na última xuntaza.


Ismael, Mª Angel, Carla, Andrea e Carla.
Andrea, Eva, Dalia, Ismael e Carla

Club de lectura 2ºBAC


O 4 de abril once alumnos de 2ºBAC comentaron o terceiro libro que leron no marco da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. É un ensaio que nos fala dos problemas medioambientais tan graves que padece o noso planeta e as súas posibles solucións.




A maioría dos estudantes comentaron que a primeira parte era bastante densa polo termos relacionados coa economía,  pero en líñas xerais consideran que este libro os fixo e fainos reflexionar sobre os problemas ambientais que se enfrenta esta sociedade e as xeracións futuras.




Despedímonos destes estudantes que nos acompañaron seis anos, desexándolle moita sorte na etapa que pronto van comenzar. Bicos!

2/4/18

Club de lectura


O Cubil do Xabaril composto por cinco estudantes de 1ºESO comentaron o libro de lectura en inglés. Pareceulles moi apropiado para ampliar os seus coñecementos da lingua inglesa. Que valientes!!

Hugo, Claudia, Jimena,, Alba e Inés

Catro estudantes de 4ºESO comentaron o libro que limos nesta avaliación "Los niños de la viruela" no cal reflexionamos sobre a importancia das vacinas e que toda a poboación poida ter acceso a elas. O vindeiro libro será un volume de historias curtas de Ian McEwan.



O alumnado de 2ºBAC tamén comentou o libro deste trimestre; este foi máis curto que o anterior pero con tanto traballo que ten este curso ten moito mérito a súa lectura. Os nove estudantes atoparon o libro moi coherente cos contidos da materia de Ciencias da Terra e Medio Ambiente deste trimestre. Moito ánimo para o último!!!

3/2/18

Club de lectura 2ºBAC

 O mércores 31 de xaneiro nove alumnos de 2º BAC estiveron comentando a obra "La memoria secreta de la hojas" de Hope Jahren, unha historia de árbores, ciencia e amor. Encontraron o libro interesante para coñecer de primeira man o que significa a investigación científica.Tamén dixeron que nalgúns momentos, principalmente na metade, o seu desenvolvemento era un pouco lento.
Na fotografia os podedes ver ensinando o libro citado, ademais unha alumna amosa o vindeiro que imos ler.