domingo 31 de enero de 2010

E TI, QUEN VÉS SENDO?


E ti, quen vés sendo? é o título dunha comedia escrita e dirixida por Cándido Pazó que toma como punto de partida a obra Anfitrión de Plauto. Un fato de seres marxinais que viven de "okupas" nunha obra que leva parada moito tempo, deciden presentarse a un festival de teatro organizado por un albergue de acollida do que acaban de ser expulsados porque agotaron o tempo de permanencia. A obra escollida é o Anfitrión do célebre autor latino. Aínda que tampouco poden chegan a tempo de participar, deciden continuar ensaiando pola súa conta.


Asistimos a esta representación no Teatro Rosalía de Castro en Coruña, o pasado xoves 28 de xaneiro. O alumnado ao que acompañamos pertence a diferentes cursos de 3º e 4º da ESO e un reducido grupo de 1º de Bach. A obra gustou moito a todos, tanto o guión, como a escenografía e sobre todo a actuación dos intérpretes que foi excelente.

viernes 22 de enero de 2010

Méndez Ferrín o novo presidente da RAG

ferrin-rag-ies-sada
O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín será o novo presidente da Real Academia Galega. A súa candidatura preséntase avalada polo presidente saínte Xosé Ramón Barreiro. O seu nomeamento terá lugar mañá sábado 23 de xaneiro, no salón de actos da Academia, na que fora casa de Emilia Pardo Bazán na coruñesa rúa de Tabernas, na cidade vella.

Méndez Ferrín naceu en Ourense en 1930. Exerceu a docencia, sendo catedrático de Lingua castelá e literatura. Foi nomeado tamén Doctor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e conta co premio nacional da cultura galega desde o pasado ano 2009.

jueves 17 de diciembre de 2009

O NADAL







ies+instituto+sada
O NADAL
A festa de nadal ten unha orixe pagá (Natalis Solis invicti) e xeneralizouse por Europa desde o S. XIII
As festas navideñas comezan coa celebración da Noiteboa o día 24 de decembro. Segundo Ramón Otero Pedrayo había en moitos lugares de Galicia unha tradición nesta festa, o chamado “Tizón de nadal”. O tizón é un cañoto grande dunha árbores e cada ano nesta data acendíase un tizón novo que substituía ao vello do ano anterior e que se deixaba arder ata a metade e despois gardábase como símbolo de boa sorte e poderíase encender no caso de treboadas para protexer contra elas.
As Panxoliñas e Vilancicos son cancións propias de Nadal. Nenos e mozos agrupábanse en coros ás veces improvisados e pasaban polas casas cantando algúns vilancicos que podían acompañados de golpear de cunchiñas, botellas pandeiros. O vilancico era o cantar rústico que os labregos interpretaban e a panxoliña é de carácter relixioso.
Os Reis
Esta celebración pasou de Oriente a Roma nos últimos tempos do Imperio Romano. Os mozos interpretaban o Cantar de Reis e recibían aguinaldos. Nalgúns lugares de Galicia organizábanse xantares entre os días 5 e 7 nos que participaban todos os veciños da aldea e o xantar era presidido por un rei e un vicerrei coroados para a ocasión. Para o banquete recollíanse vituallas por toda a vila. Durante eses días esquecíanse as diferencias e enemistades que houbese entre os veciños. O coro de mozos que ían cantando polas casas podían desplazarse ás aldeas veciñas da mesma parroquia e ían acompañados dunha serie de máscaras e un gaiteiro. Era unha conmemoración parateatral do nadal.




Un fato de labradores,
que todos somos galegos,
a Belen viñemos xuntos
co noso amigo o gaiteiro,
para ó son dunha alborada
cantar esta mañá cedo,
con moito lecer,, aquí
unha tonada a este Neno;
que che está de rechupete
e se non xa o veremos
(vilancico anónimo do S. XIII)

domingo 13 de diciembre de 2009

Herta Müller nobel de literatura


A escritora de orixe rumana Herta Müller recibiu o pasado mes de outubro o Premio nobel de Literatura. A Svenka Akademien (Academia Sueca, institución encargada de seleccionar o gañador) decidiu outorgarlle o premio a esta muller que destaca polos seus relatos acerca das duras condicións de vida en Rumanía baixo o réxime de Nicolae Ceausescu, moitos dos seus relatos están basados na súa propia experiencia persoal. A súa nai estivo encerrada durante cinco anos nun campo de concentración e ela mesma sufriu o acoso da policia secreta do réxime. No ano 1987 decide marchar para Alemania e instalarse en Berlín. Hoxe en día ten a dobre nacionalidade rumano-germana. A súa última novela Atemschaukel conta a historia dun adolescente que tras a II Guerra Mundial foi destinado a un "campo de traballo" para a reconstrucción da Unión Soviética. Con esta novela Müller intenta desvelar o que moitos rumano--alemáns da súa xeración non se atrevían a contar sobre o tempo que pasaran nestes campos de concentración.


Lembramos que tamén foron agasallados con este premio os escritores en español: José Echegaray (1904), Jacinto Benavente (1922), Juan Ramón Jiménez (1956), Vicente Aleixandre (1977), Camilo José Cela (1989), Pablo Neruda e Gabriela Mistral

viernes 27 de noviembre de 2009

Anxo Fariña no IES Diaz Pardo de Sada

instituto+sada
O xoves 19 de novembro , Anxo Fariña , o autor dos Megatoxos , fixonos unha visita aos alumnos de primeiro da ESO. Falounos do seu novo libro e tamen os seus debuxos.Tamén nos ensinou un esquema de como facer un libro. Aparte de escribir os seus libros , tamén os ilustra. A nosa opinion xeral da actividade é que resultou moi interesante. Gustarianos que se volvera a repetir.


Sara Sande,Melisa Zapata,Itziar García e Silvia Méndez(1ºA)

Alumnos do IES Diaz Pardo de Sada visitan a biblioteca Gonzalez Garcés.


Os alumnos de 4º visitamos o día 26.11.2009 a biblioteca " Miguel González Garcés ". Unha vez alí reunimonos no salón de actos e a bibliotecaria esplicounos como funcionaban todas as bibliotecas de España en xeral, e concretamente esta que visitamos.

A continuación levounos por toda a biblioteca e fomos pasando polas distintas salas, por exemplo, a Sala de Actos(onde se presentan libros novos), a Sala Infantil (que está organizada por cores segundo as idades dos nenos), a Hemeroteca (onde podemos encontrar periódicos e revistas semanais, mensuais e anuais), a Fonoteca (onde se poden alugar películas, discos, etc.), Sala de Prestamo e de consulta.

Na entrada encontrase uns andeis onde se expoñen os libros dados de baixa, para que os podan coller quen queira, e tamén encontranse novidades.

Os libros clasificanse por un Código Decimal Universal (CDU).


Verónica Palma, Bea Simó e Leticia Vazquez(4ºB)

martes 24 de noviembre de 2009

Lúa Nova

cine-sada
Eu vin a película o sábado pasado e gustoume moito, moito (incluso máis a que a primeira). Nesta segunda entrega da saga hai moita acción e aínda que dura aproximadamente dúas horas e cuarto, fíxoseme curta.

Os actores da película fan un traballo excelente, en especial Robert Pattinson y Kristen Stewart.

Para rematar, recomendo ver a película porque ten de todo: intriga, amor, acción, misterio, etc...

Beatriz Simó e Yolanda Fernández 4º ESO B

miércoles 11 de noviembre de 2009

Mes das bibliotecas escolares

Neste mes das bibliotecas queremos que visitedes a nosa. Conferencias, clubes de lectura, traballo en grupo... Quedades todos invitados!

martes 10 de noviembre de 2009

A biblioteca Suárez Picallo

instituto-sada

As alumnas e alumnos de 1º de ESO visitamos hoxe a biblioteca municipal Suárez Picallo. Alí explicáronnos o funcionamento da biblioteca e fixemos algunhas actividades que as bibliotecarias tiñan preparadas para nós. O primeiro que debemos saber e o significado da palabra biblioteca e a súa etimoloxía.

Biblioteca é unha palabra composta de dous elementos gregos "biblios" e "teca"que significan respectivamente "libros" e "almacén" e segundo o diccionario unha "biblioteca pública é o local onde se gardan os libros, e instalacións para telos, clasificalos, conservalos e para facillitar a súa consulta"

domingo 8 de noviembre de 2009

Pradolongo no Instituto Diaz Pardo de Sada




Pradolongo é unha película de Vía Láctea Filmes, dirixida por Ignacio Villar e protagonizada por Rubén Rios, Tamara Canosa, Roberto Porto e Gonzalo Chao.

Esta película é primeiro audivisual galego que se edita en discos de alta definición e vai en versión orixinal en galego con subtítulos opcionais en español, catalán, éuscaro, inglés e portugués. O tema musical da película é "Quen puidera namorala", poesía de Álvaro Cunqueiro e interpretada por Luís Emilio Batallán.
(Escribe o teu comentario indicando se che gustaria vela)

miércoles 4 de noviembre de 2009

Alumnos do Instituto de Sada no Teatro

instituto-sada-teatro
EXCURSIÓN PARA VER A OBRA "CACHAI"


O pasado día 19 de Outubro de 2009, o curso de primeiro de bacharelato fumos cos profesores de Filosofía e Tecnoloxía a ver unha obra de teatro ó Forum Metropolitano. Saímos do instituto ás 11 da mañá e regresamos ás 14:15, aproximadamente. Ó chegar alí, unhas persoas déronnos regalos e caramelos, debido a que era o día Internacional do Cancro de Mama. Inmediatamente, fumos á sala do teatro e un home da Compañía introduciunos á obra titulada "Cachai", contounos a historia dun profesor que foi a Colombia e viu a situación que alí había. Tamén informounos da fame no mundo e preguntounos se sabiamos quen era o culpable. A obra tiña catro personaxes; dous actores e dúas marionetas. A obra trata de que un home chamado Don Zamora; protagonista da historia, fanlle unha entrevista para un revista, el cóntanos a historia da súa vida , como era antes do Golpe de Estado Chileno, como foi despois, como foi pasar fame, como entrou no mundo da arte e da interpretación, como foi o inicio da obra... Todo o que nos contaba formaba parte da obra. Esta obra trataba do paraíso despois da morte, interpretada por Don Zamora e a súa marioneta (que representaba ó seu irmán, que morrera despois do Golpe de Estado Chileno) e os dous aparecen disfrazados de esqueletos e é moi graciosa. En conclusión, a obra encantoume, non só porque nos explicou a situación Chilena antes e despois do Golpe de Estadoe tamén pola representación dos dous actores. A única pena foi que non nos puidemos quedar ó debate, xa que senón non chegábamos a coller ó autobús. Paseino xenial e gracias a Uxio por levarnos!


Paula Potrony Pardo 1ºA BACH.



Espectáculo construido a partir da experiencia de dous irmàns que quedan orfos a noite do golpe de estado de Pinochet e recollido nun encontro propiciado pola xira desta Compañía por Chile.
CACHAI é un dramático exemplo de como se relacionan necesidades e creación. Sobrevivir creando. Unha experiencia dura e un pracer vital.


Con: Adán Rodríguez, Lucas Escobedo.
Dirección: Pepe de Jiméndez


"Cachai" nace en Santiago de Chile, en uno de sus barrios pobres, cerrando deseos en cajas de madera claveteadas por los cuatro costados. Dramático ejemplo de como se relacionan necesidad y creación. Sobrevivir creando. Una experiencia dura y un placer vital. El triunfo de ese compromiso con el "estar en el mundo" por parte del actor Adán Rodríguez y mío es sin duda "ese contar el mundo" llamado "Cachai". ¿Cachai?


Pepe de Jiménez
Atención ao comentado por Claudia Neira Castro (1ºBachA) sobre o significado da palabra
"Encantoume a obra de teatro, por iso busquei a etimoloxía da palabra cachai. Cachai vén de verbo cachar, que entre outras cousas significa "entender". Esta palabra procede do inglés "catch", que significa"agarrar".Este verbo tamén se usa co significado de " manter relación sexuais".

domingo 1 de noviembre de 2009

A película da semana: Frankenstein



Mary Shelley


"Unha desapacíbel noite de novembro contemplei o resultado do meu labor. Cuns anceios que me levaban perto da agonía, coloquei ao meu redor os instrumentos que me ían permitir infundir vida á cousa inerte que xacía deitada aos meus pés. Era a unha da madrugada; a chuvia batía contra as ventás sombríamente,cando á luz case estinta da vela vin como a criatura abría os ollos marelecidos e apagados. Respirou profundamente e un movimento convulsivo sacudiu o seu corpo"


Con estas palabras o doctor Frankenstein anunciaba o seu macabro logro consistente en dar vida á materia inanimada. Este xoven estudiante suizo creara no seu laboratorio un home a partir dos membros de varios cadáveres. A criatura resulta ser un monstro que espalla o terror ao seu redor. O seu criador decide, por iso, perseguilo para destruilo...

A autora desta extraordinaria novela gótica é Mary Wollstonecraft Shelley nacida en Gran Bretaña na fin do século XVIII (1797-1851), novela que sería levada ao cine en múltiples ocasións.
.........................................................................................................................................
(debuxo feito por Tiffany Webster de 4º B)

viernes 30 de octubre de 2009

Para que o pases de medo





para que o pases de medo nesta noite de difuntos!

miércoles 28 de octubre de 2009

Alumnos do Instituto de Sada no Teatro Rosalía de Castro

Por: Iago Teijeiro Cora (1ºBach B)

Argumento:
Na cidade de A Coruña, en 1958, un grupo de rapaces que estaban a facer a mili e un par de rapazas (unha delas filla dun coronel) encóntranse no bar dunha sociedade mui prestixiosa da cidade. Nese momento estase a celebrar un concurso, chamado "trampolín de estrelas", no que van participar os reclutas e máis un cantante de rock and roll que se fai chamar Elvis Montana. Durante o concurso "que dura un par de días"chegan os militares da garda persoal de Franco. Estes teñen uns problemas cos reclutas e máis coa muller do coronel antes citado.
Máis tarde Franco chega á cidade (os reclutas, cansados dos abusos dese réxime,intentan cometer un atentado contra Franco, pero este fracasa.

Por outra parte hai uns líos amorosos entre un dos reclutas e máis Elvis, xa que os dous queren á mesma muller. Ao final Elvis gaña o concurso, pero é o recluta quen se queda coa rapaza.


Personaxes:
Os dous reclutas, Elvis, a muller á que aman Elvis e máis o recluta, a filla do coronel, os dous militares de
alto rango, o coronel, a muller do coronel, o presentador do concurso, os músicos e máis a muller de Franco.

Lugar:
A Coruña, no Clube Náutico, no bar desa sociedade.

Tempo:
• Tempo histórico: Setembro do 1958.
• Tempo do relato: Uns días.

Opinión persoal:
A min, máis ca unha obra de teatro, pareceume un musical; o cal non é negativo, ó contrario. Encantoume a obra, sobre todo cando cantaban e bailaban con esa música dos anos 50-60. Tamén me gustaron os líos amorosos que tiñan o coronel, a súa muller e máis o militar de alto rango. Nunca vira unha obra (sen contar as obras que vemos nos institutos) e, para ser a primeira vez, foi unha boa experiencia e teño gañas de repetir.

domingo 25 de octubre de 2009

CINE e LITERATURA: Malena é un nome de tango


Inauguramos hoxe unha nova sección na nosa bitácora dedicada ao cine. A partir de agora e con periodicidade semanal comentaremos unha película que, como neste caso, pode estar basada ou relacionada cunha obra literaria. Para empezar escollemos Malena es un nombre de tango, basada na obra homónima de Almudena Grandes. O director da película é Gerardo Herrero
Ambas obras podedes atopalas na nosa biblioteca
Sinopse:

"Aos dez anos, Malena recibe do seu avó o derradeiro tesouro familiar: unha esmeralda pero ten que cumplir unha condición, a de non decirllo a ninguén, se así o fai a esmeralda poderá algún día salvarlle a vida. Malena ten unha irmá xemelga, Reina, da que se sinte en inferioridade de condicións e por iso reza para se convertir en home, porque pensa que nunca chegará a ser unha muller tan perfecta como o é a súa irmá. Ademáis sinte que non é capaz de atopar o seu lugar no mundo que a rodea, pero irá descubrindo como non é a única persoa da familia á que lle sucede isto."

jueves 22 de octubre de 2009

Teatro: Glass City

O luns 26 de outubro imos ao teatro co alumnado de bacharelato, 1º e 2º (letras). No Teatro Rosalía Castro de A Coruña a compañía Teatro do noroeste porá en escena Glass City. Eduardo Alonso é o autor e director e con esta obra continúa o ciclo de obras dedicadas a cidades galegas. Anteriormente foron As damas de Ferrol e Imperial: Café cantante. Vigo 1936.

En Glass City, cidade de cristal, situámonos na Coruña de 1958 nos tempos do dictador Franco, quen viña de vacacións a Meirás no mes de agosto. Isto facía que durante ese mes A Coruña se transformase co acontecimento, convertíndose na capital. Aquí celebrábanse importantes recepcións e consellos de ministros no Palacio municipal. Tamén en diferentes sociedades civís tiñan lugar celebracións variadas e os membros da escolta de Franco, que eran sobre todo militares viñan disposto a pasalo en grande. O propio alcalde da época, Alfonso Molina participaba intensamente nestas festas, por este motivo naceu o dito "A Coruña divírtese mentres Santiago reza e Vigo traballa". Pero neste mesmo ano tiñan lugar outros acontecimentos importantes para a vida da sociedade, como foi a chegada das "juke box", as máquinas de discos, importadas de Estados Unidos. Nestas máquinas había cancións dos famosos da época: Elvis Presley, Paul Anka, Chubby Checker... Isto suporía unha auténtica revolución musical entre a mocidade coruñesa cambiando o seu estilo de vida...

viernes 16 de octubre de 2009

Tópico no porto de Fermín Bouza Brey


Tópico no porto.


-" Ai amor, ai amor; ai amor!... "
Na amura, o rapaz de abordo
soletrea no escordeón.

O mar debala, debala...
Panos de limón do sol
mándanlle adeuses á praia.

-''Ai amor; ai amor; ai amor!..."
Un mariñero asañado
mata ao lonxe unha canción.

Cara a Estrela de Fartura,
arregala os ollos teixos
o remador da falúa .

Bate á noite o corazón
lembranzas, saudades, bágoas...
- " Ai amor; ai amor; ai amor.



Este poema é de Fermín Bouza Brey. É un poeta vangardista do primeiro terzo do S.XX, o seu estilo é o Neotrobadorismo. As característas que presentan os seus poemas pertencen a este estilo, por exemplo o seu principal tema é o amor, e básase nas cantigas da Idades Media. Eliximos este poema porque é representativo das cantigas medievais de amigo. Este poema de temática amorosa ambiéntase nun porto e o autor encóntrase nun barco. Él bota de menos a súa "amiga" e sinte moita morriña e tristeza porque non sabe cando poderá volver a vela.
Xisela Díaz, Elena Hidalgo, Alejandra Piot e Tiffany Webster de 4ºESO C

jueves 15 de octubre de 2009

O único que queda é o amor


Agustín Fernández Paz recibiu o premio nacional de literatura no presente ano co libro titulado

O único que queda é o amor. Un conxunto de dez contos compoñen esta obra na que o amor é o fio que lle dá unidade ao conxunto. O propio autor di que "todos falan da importancia do amor".

Ademais esta obra trata da importancia da lectura nas nosas vidas e por iso esta chea de referencias literarias. Ao longo dos diferentes contos van aparecendo textos de Neruda, José Angel Valente, Paul Éluard, Paul Auster, entre outros. Esta cuidada edición conta tamén coas ilustracións de Pablo Alaudell. Impresiona a dedicatoria escollida por Fernández Paz, do nobel de literatura Orhan Pamuk e coa que confire unidade aos relatos

"E cando me decato de como imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor".

lunes 5 de octubre de 2009

Vista cansada


Vista cansada de Luís García Montero é un fermoso libro de poesía que a partir de hoxe podedes ler na nosa biblioteca. Editado por Visor o pasado ano 2008, presenta unha colección de versos que falan da vida. Transcribimos a continuación os últimos versos do primeiro poema do libro "Preguntas a un lector futuro"



¿Estás solo?
¿Alguien lee a tu lado,
en la otra butaca de la noche?
¿Esperas a que suene
el portero automático
para dejar el libro
y compartir las horas
con el amor que manda en los relojes,
para sentirme libre y excitado,
por un momento libre,
sin ambición ni deuda?

Y no voy a negarlo desde hoy;
agradezco el azar de esta ocasión
en la que tú me salvas del olvido.

Pero no me consuela,
si yo no puedo recordar la vida"


domingo 4 de octubre de 2009

Novo curso no IES Diaz Pardo de Sada!



Ola a todas e todos neste novo curso que comeza e ao que nos incorporamos cunha maleta chea de libros dos que vos iremos contando ao longo destes días. Para comezar queremos saudar especialmente aos máis cativos, aos nosos alumnos de primeiro de ESO que chegan por primeira vez ao noso centro. Para eles temos un agasallo moi especial. Trátase dunha nova entrega de Os Megatoxos de Anxo Fariña, quen ademais virá a visitarnos no mes de decembro para comentar con nós a súa obra.