26/6/19


           CLUB DE LECTURA "A COVA CÉLTICA"    


Alumnado de 3º de ESO xunto con catro alumnos de 2º de ESO procedentes do outro club o Cubil do Xabaril leron lecturas adicadas ao fomento da lingua galega e con temática 
xuvenil. Os textos foron estes: 
2º trimestre: Mentira, de Care Santos. Novela suxirida por unha das lectoras do club, Carla.
 A lectura fíxoselles amena e interesante.
3º trimestre: Europa Express, de Andrea Maceiras. Unha novela sobre un grupo de rapaces
 que se van de Interrail ao rematar o bacharelato. En xeral gustoulles bastante. 
Felices vacacións a todos e que o vindeiro curso volvamos a xuntarnos por unha boa
historia que compartir!
 
Ismael, Hugo, Inés, Jimena, Claudia, Andrea, Carla, Eva e Carla

           
            CLUB DE LECTURA "O CUBIL DO XABARIL"                
Durante o 2º e 3º trimestres as  alumnas de 1º de ESO leron:
2º trimestre: Violeta Tamurana, de Andrea Maceiras. Lectura en galego. 
Esta historia gustoulles moito.
3º trimestre: distintos cómics de Asterix e Obelix. Lecturas en galego. 
Contrastamos os elementos que estereotipaban os distintos pobos conquistados
polos romanos e realmente foi enriquecedor e moi interesante aprender unhas das
outras neste aspecto ademais de que lles aportou unha pincelada da clásica.
Igual que no primeiro trimestre con Corredor de sombras, fixemos o estudo
colectivo do libro con carácter lúdico, falándose  do que máis gustou e dos
aspectos máis importantes.
Neste club potenciaronse as lecturas de libros  de autores galegos ou de autores
de narrativa xuvenil nacional ou internacional en galego. Ainda que foron unicamente
tres alumnas as que conformaron o grupo dende o segundo trimestre, estas
amosaron entusiasmo por repetir a experiencia para o vindeiro curso. 

Felices vacacións ás tres e ata o próximo curso!

  


24/6/19

CLUB DE LECTURA "DESEXOS LITERARIOS"

Na segunda avaliación lemos os seguintes libros:

Cinco estudandes de 4ºESO leron  "La tierra herida" conversación entre Miguel Delibes pai e Miguel Delibes fillo. Ao alumnado resultoulle pesado algunha parte por ter demasiados datos pero ao ser unha entrevista a lectura resultou máis sinxela


Sete estudantes de 1ºBAC leron "Aventuras del ser humano" de Gavin Francis unha aventura pola anatomía humana contada por un médico, o alumnado apreciou a súa lectura sobre todo cando falaban dos seus pacientes. Outro alumno leu "Yo contengo multitudes" de Ed Yong un libro super interesante dito polo propio estudante pois ábrenos o universo das bacterias. Por último outro leu a "Está usted de broma Sr. Feynman" biografía do físico máis importante do século XX, éste apuntou que lle gustou bastante os contidos físicos e non tanto a súa vida.


  

Seis estudantes de 2ºBAC leron "La naturaleza en peligro" de Miguel Delibes de Castro. O alumnado apreciou esta lectura pois reforza e amplia os contidos da materia con respecto a interelación dos seres vivos coa sociedade humana.

No terceiro trimestre:

Cinco estudandes de 4ºESO leron cada un un libro. Aqui tedes os títulos:  "el reino ignorado" de David. G.Jara; "Somos naturaleza" de Katia Hueso, "Sensibilidad e inteligencia en el mundo vegetal" de Stefano Mancuso, "Autobiografía de Charles Darwin", "Pequeños pasos. Creciendo desde la prehistoria" de Jose Bermúdez de Castro. Como vedes as lecturas diríxense cara dúas direccións o reino das plantas e a evolución. O alumnado apreciou a súa lectura e sobre todo en relación a cuestións curiosas coma que nacemos antes de tempo, as plantas sintetizan hormonas..


Dez estudantes de 1ºBAC leron os seguintes libros: "Neurociencia para Julia"de Xurxo Mariño, "Todo es cuestión de Química" de Deborah García Bello, "Yo contengo multitudes" de Ed Yong,  "Aventuras del ser humano" de Gavin Francis, "Los Simpsons y las matemáticas" de Simon Singh, "Seré frágil"de Beatriz Esteban,"El origen de las especies" de Charles Darwin, "Ciencia para Nicolás" de Carlos Chorda. O alumnado apreciou a lectura do seu respectivo libro e compartiron e comentaron aspectos das súas lecturas.