5/7/17

X Xornada dos Clubs de Lectura

O pasado 17 de xuño a profesora ao cargo dos clubs de lectura este curso, Ofelia, e sete dos alumnos/as que participaron nos clubs "O Cubil do Xabaril" de  1º ESO  ee 2º ESO   ao longo deste curso acudimos a Santiago á festa de aniversario dos clubs de lectura. Alí vimos a Miguel Anxo Prado, Marcos Calveiro, Andrea Maceiras, e César Mallorquí, entre outros autores. Participamos en diversos obradoiros e tivemos unha quedada entre outros clubs: do IES Francisco Aguiar, do IES María Casares, etc. Coido que o pasamos todos moi ben a pesar da intensa calor que padecemos, sobre todo na viaxe de retorno a Sada.

Aí vos vai un pequeno resumo en imaxes  do evento. Feliz verán a todos/as!
O grupo á chegada a Santiago:
 Ismael, Carla, Anxo, Carla, Eva, Lara e Iria
 


Performance  inaugural de "Pista Catro"


"Libros e Internet" a blogueira Violeta Moon

Carla e Iria, as voceiras dos clubs relatando a súa experiencia
a compañeiros dos IES Francisco Aguiar e María Casares


Eva, Lara e Iria
Festa de peche, con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre