31/1/08

Alvaro Cunqueiro e A Cociña Galega


Tempo de Entroido II

O Entroido é un tempo no que se pon o mundo do revés e no que se racha coas normas, pero sobre todo é unha celebración gastronómica. Para que vaiades facendo boca, presentámosvos unha obra do noso grande escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, quen no seu libro A cociña galega anunciaba o lacón como o rei dos pratos da cociña destas festas:
"agora pinta nas mesas o lacón, e coido que xa leva Galicia camiño de non dar tantos lacóns como se xantan. Dende San Martiño comeza a rolda do lacón en Galicia, que xa non remata ata
-Martes lardeiro-. Nos restaurantes, nas tabernas, nas casas particulares, e cando uns amigos deciden un xantar nos meses de inverno. O lacón está nunha hora de triunfo, que non puido sospeitar nin Picadillo"
Recomendamos a lectura do capítulo XXII El carnaval de las cigarreras da novela La Tribuna da coruñesa Emilia Pardo Bazán, , (mentras podedes merendar un bocata de chourizo do Courel con pan de L´Orbé).
- Cris Asensio-

30/1/08

Tempo de Entroido


ENTROIDO, do latín "introitus", significa introducción, prólogo, comezo. O Entroido anuncia o remate do inverno e o "comezo" da primavera. Esta celebración ten unha mestura de elementos cristiáns e pagáns.
Vicente Risco vía nesta festa unha orixe moi antiga e cría que proviña de de asociacións segredas primitivas ou de vellos ritos sagrados das civilizacións ancestrais.
Cris A.

27/1/08

A voar


Esta semana vén cunha novidade excepcional. Achégase un novo número de A voar a revista cultural para todas as especies mariñanas. Poesía, relatos, as vosas actividades, interesantes reportaxes e un deseño novidoso da man dos nosos especialistas...Ademais dará respostas a cuestións tan importantes como quen era María Mariño ou quen gañou o certame literario Luísa Villalta o pasado curso ou...

Estas e outras moitas cousas máis atoparemos nas páxinas da nosa revista.

¡Non a perdas de vista! ¡Mira que sae voando!

Continuará...