27/1/08

A voar


Esta semana vén cunha novidade excepcional. Achégase un novo número de A voar a revista cultural para todas as especies mariñanas. Poesía, relatos, as vosas actividades, interesantes reportaxes e un deseño novidoso da man dos nosos especialistas...Ademais dará respostas a cuestións tan importantes como quen era María Mariño ou quen gañou o certame literario Luísa Villalta o pasado curso ou...

Estas e outras moitas cousas máis atoparemos nas páxinas da nosa revista.

¡Non a perdas de vista! ¡Mira que sae voando!

Continuará...


3 comentarios:

Marina 1ºA BAC dijo...

A VOAR

A revista do instituto está moi ben coas fotos e noticias do último ano..O malo é que saia tan tarde, pero merece a pena esperar para vela.

Saúdos Cris

J. Andres 1ºA Bach dijo...

O que di Marina, está moi ben a revista, é unha idea xenial, é unha actividade xenial tamén, escrita en galego... pero chega tarde, aínda así intentaremos facer a obra de teatro para compensar o tempo de espera!

J. Andres 1ºA Bach dijo...

FORMATOS GALEGOS

Igual é un pouco tarde xa que a túa iniciativa, Cris, xa a estás a levar a cabo. Pero informo de que existe unha páxina de blogs con formato galego: (aínda non o probei) http://www.blogoteca.com/, un buscador de blogs en galego no que poderías inscribirte: http://www.blogalego.com/ e unha páxina web na que votar para que haxa dominios galegos (por exemplo: www.bibliesada.gal en lugar de que fora .es) :http://www.puntogal.org/web/
Pois nada máis por hoxe, que xa van uns cantos comentarios, espero que visites as páxinas e máis a que puxen na de Isaac Díaz Pardo. Adeus.