30/1/11

Recomendación dun compañeiro do noso club de lectura

Ola, eu son Yago Vicos, de 1º da ESO .
Eu lin un libro chamado Harry Potter e a pedra filosofal.
Este libro gustoume moito, é unha historia de aventuras moi interesante.
Esta historia trata sobre un neno orfo que descobre que é un mago, e de alí, xorden as aventuras.
Coñece tamén alí a un neno e unha nena, e que máis adiante, fanse moi bos amigos os tres.
Seguro que todo o mundo viu esta película, pero asegúrovos que o libro está moito mellor.


Harry Potter e a pedra filosofal é a primeira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro describe como Harry descobre que é mago e como comeza os seus estudos na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería á par que vai coñecendo o seu verdadeiro pasado agochado polos seus tíos e frustra un intento de volver do Señor Escuro, Lord Voldemort, o autor dos asasinatos dos seus pais e que intentara matar a Harry cando tiña un ano.
O libro saíu á venda o 30 de xuño de 1997 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de xaneiro de 2003 en Galicia pola Editorial Galaxia

Lecturas pola paz. Recomendacións para todos


27/1/11

Día da Paz. Por que o 30 de xaneiro?



Cada ano, dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da No violencia e a Paz en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixese realidade. Tamén se conmemora a morte doutro pacifista, Martin Luther King, que foi asasinado ao igual que Gandhi e do que aprendeu que a resistencia pacífica era a arma máis potente en mans dos oprimidos que loitaban pola súa liberdade. Os americanos escolleron o 15 de xaneiro, día do seu nacemento en 1929 como o día de Luther King.

Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.
Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico. O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).
O dia 30 de xaneiro de 1948, Gandhi foi asasinado a tiros, en Nova Delhi.

26/1/11

Club de lectura O cubil do xabarín


Ola a todos: despois de ler Cando Hitler roubou o coello rosa, que nos aportou a visión infantil da protagonista do éxodo xudío a través de Europa, retomamos o noso club co libro As bágoas de Shiva, na que os protagonistas atoparán as claves dun misterio familiar.
Anímate vén a biblio o xoves no 2º recreo, e participa coas túas aportacións.

25/1/11

DÍA DA PAZ 2011

Nestes tempos nos que andamos, a celebración do Día da Paz é unha data importante para fomentar a educación en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos.

Aquí podedes atopar varios recursos para traballar nas aulas e, tamén, fóra de elas.

Agardamos que vos sexan útiles

CONTRA VENTO E MAREA. Xogo moi interesante en liña de ACNUR-UNHCR . Convértete nun refuxiado neste xogo virtual.


- UNICEF PARA NENOS E NENAS: xogos, dereitos dos nenos, escribir e ler contos...


Este link é moi interesante para analizar o Guernica, nos seus detalles e personaxes.


21/1/11

Recomendacións dalguns compañeiros do club de lectura

O xoves reuniuse o club de lectura. Alguns dos seus participantes recomendaronnos algúns libros.

Sara recomendounos Ghost Girl.

Charlotte Usher sentese prácticamente invisible ata que un día o é de verdade. Peor aínda : está morta. E todo por culpa dun osiño de goma. Pero a morte non impide que Charlotte siga co seu plan. Todo o contrario, volve moito máis creativa e fará calquera cousa por conseguir o seu obxetivo: ser popular para seducir ao mozo que ama.



Lara recomendounos El mundo de Harriet de Diane Janney.
Harriet Rose, como calquera adolescente, é inxenua, cre saber moito e vive coa sensación de ter algo importante que dicir. Pero a diferencia dos mozos da súa idade, ten por heroe ao filósofo Marco Aurelio, que lle inspira a escribir as súas propias reflexions sobre a vida. A súa nai e a súa avoa conseguiron publicar unha recopilación das súas meditacions. A sorpresa chega cando os medios de comunicación empezan a interesarse por esta rapaza e Harriet convertese en toda unha celebridade.



Lucía falounos de El tesoro del barco fantasma de Alfredo Gómez

Nico e Marga foron a Lisboa, onde pensan pasar uns días en compaña duns amigos. Pero a extraña desaparición destes será o comezo de multitude de aventuras, tanto en terra como en alta mar. A búsqueda dun antiguo barco afundido poñeraos sobre a pista de algo sorprendente..



Andrea recomendounos Cazadores de sombras de Cassadra Clare

Cazadores de sombras é o título da triloxía que se inicia con Ciudad de hueso: unha fantasía urbana poboada por vampiros, demos, homes lobo, fadas, auténtico romance e acción explosiva. Este xénero está claramente en alza.Unha historia oscura de amor e demos, que atrapará a todos.
No Pandemonium, a discoteca de moda de Nueva York, Clary segue a un atractivo mozo de pelo azul ata que presencia a súa morte a mans de tres mozos cubertos de extrañas tatuaxes. Desde esa noite, o seu destino unese ao deses tres cazadores de sombras, guerreiros adicados a liberar á terra de demos e, sobre todo, ao de Jace, un mozo con aspecto de anxo e tendencia a actuar como un idiota…




María falounos de El libro del cementerio de Neil Gaiman

Escoitade esta tráxica historia: unha familia que dorme, un asesino sen compaixón e unna criatura aventureira, un orfo que escapa da morte. ¿Ou non?
O pequeno escapa do perigo e consegue fuxir ata o máis alto do cume. Detrás existe un lugar oscuro e tranquilo, un cemiterio cheo dunha vida especial. O neno sen pais, sen lugar no mundo, sen nome, será acollido polos espíritus amables, que fan un pacto para protexelo. Chamarano Ninguén, porque non se parece a ninguen mais que a sí mesmo. Pero hai un home que o busca para matalo.




E tamén de Los mundos de Coraline
O día despois de que se mudaran, Coraline foise explorar… Cando Coraline atravesa unha das portas da casa nova da súa familia, atopa que hai outra casa extrañamente similar á súa. Ao principio, todo parece marabilloso: a comida é máis saborosa que a de casa….Pero resulta que hai outra nai que vive aí, e outro pai, e queren que Coraline quede con eles e se convirta na súa pequena. Queren cambiala e non deixala ir xamais. Coraline terá que enfrentarse a eles con todo o seu inxenio.



Alejandro leu Nun Lugar chamado guerra de Jordi Sierra i Fabra

Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de cómo viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas víctimas da guerra e dos éxodos masivos.
Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de intérprete e co cal establece unha relación de utilización mutua que acabará converténdose nunha verdadeira amizade.



Nuria leu La niña de la Sexta Luna

Nina é unha rapaza algo especial: na súa man dereita ten unha mancha en forma de estrela...E unha marca de nacemento que a sinala entre os elexidos para entrar no mundo da maxia e a alquimia. Ao morrer o seu queridisimo avo Misha en circunstancias moi misteriosas, Nina viaxa a Venecia, onde recibe o encargo de salvar a Xórax, a Sexta Lua: o mal , representado polo terrible conde Karkon , ameaza este lonxano planeta onde van confluir os pensamentos de todos os nenos. Xunto aos seus novos amigos Cesco, Flor, Roxy e Dodo vivirá grandes aventuras viaxará ao pasado, enfrentarase con malvados androides e irá aprendendo cómo converterse nunha grande alquimista.

16/1/11

Novo ano 2011. Animádeos a participar nas actividades da biblio


Neste ano 2011 comezamos outra vez as actividades da biblioteca e clubs de lectura nos que podedes participar todos, pouco traballo vos costará agarrar lápiz, bolígrafo ou teclado e argallar por escrito unha opinión , recomendación dalgún libro ou comentario ou frase alusiva a algún tema que vos pareza interesante


Co gallo da proximidade do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA , a BIBLIOTECA quere saber o que pensas sobre esta data.
Contamos contigo para a realización de:

CARTEIS
FRASES CREATIVAS
PEQUENOS POEMAS
COLLAGES
CALIGRAMAS
ACRÓSTICOS
OU CALQUERA OUTRA IDEA INNOVADORA QUE TI QUEIRAS APORTAR...

Podes asinar o teu traballo co teu nome ou cun pseudónimo.

A CAMBIO DAS TÚAS APORTACIÓNS A BIBLIO TERÁ UN AGASALLO PARA TI.

COMUNÍCATE CO EQUIPO DA BIBLIOTECA! !