30/5/11

Salvando libros

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares xurdiu esta iniciativa de Salvar un libro. Cada centro escollía un libro e memorizaba un fragmento. Despois de recopilalos todos e cunhas preciosas ilustración fixeron esta bonita exposición dixital.

23/5/11

Fotos Expotaku 2011







Nestes enlaces poderás informarte sobre el lolita, as bonecas xaponesas e cómics, libros e cultura xaponesa.

http://www.flickr.com/groups/bonecaz/



http://librariaendo.blogspot.com/


http://lapizypapel.es/lolita/

22/5/11

Expotaku 2011 A Coruña



A feira de amantes do manga e o anime Expotaku aséntase no calendario cultural da cidade. Na súa segunda edición incrementou o público da primeira con máis de 5000 asistentes.
Había todo tipo de ramificacións do mundo otaku. Karaokes en xaponés, exhibicións de baile para para, torneos de videoxogos xaponeses, demostracións de cover dance, conferencias sobra a orixe da moda lolita e moitas actividades complementarias ademais de moitos cosplayers, persoas que se disfrazan como os seus heroes de cómics, videoxogos e series de anime.
Ademáis houbo varias conferencias sobre a historia de Xapón, o debuxo manga e proxeccións de films xaponeses en versión orixinal.
“Paseino moi ben unha das cousas que máis me gustaron foros as lolitas e a roupa preciosa que traen de Xapón. Ademais do bo ambiente que había entre todos, a xente facéndose fotos cos cosplayers, xogando nas competicións de videoxogos, as coregrafías de baile... en xeral, todo. Espero volver o próximo ano” Ana

16/5/11

Expotaku 2011 A Coruña



A fin de semana do 20 ao 22 de maio terá lugar a segunda edición de Expotaku na Coruña o segundo salón do manga de Galicia organizado por Movemento Xove. Este salón repite espazo no Recinto Ferial Expocoruna

Por un módico prezo podedes asistir a multitude de obradoiros, cursos, participar en concursos e proxeccións. Lembrade que para moitos de esas actividades tedes que inscribiros previamente no foro da organización.
Programa

14/5/11

Lois Pereiro 2011. Os nosos murais



O Día das Letras Galegas deste ano 2011 está adicado ao poeta monfortino Lois Pereiro. O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Isaac Díaz Pardo promoveu entre o alumnado a elaboración destes murais en conmemoración desta data.

Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego. No ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.




Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste periodo entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta Náufragos do Paradiso.
En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión .
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
Canto das causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo do seu pasamento foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.
O 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:
"Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."
En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:
"Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".



8/5/11

If Rudyard Kipling

IF é un dos poemas máis difundidos e inspiradores da literatura anglosaxona. O seu autor é Rudyard Kipling. Atopei este vídeo sobre o poema no que a tipografía e la voz son os dous elementos máis importantes.

3/5/11

Gañadores da Olimpíada do Saber 2011

O luns no segundo recreo a directora Rosario Vázquez Mourín fixo entrega dos premios aos gañadores na Olimpiada do Saber, que estivo moi disputada e contou coa participación de moitos grupos. Houbo premios para todos tanto económicos como a entrega de entradas para o cine
O grupo gañador foi "As Barbie´s" formado por Itziar García Monfort, Raquel Vázquez Presas, Zoé Santiso González e Sara Sande Caamaño.
Noraboa a tod@s e ánimo para o próximo ano.
Aquí está as fotos da entrega de premios.




2/5/11

Visita da escritora Lola Gándara á nosa biblioteca

o pasado mércores día 27 coincidindo coas celebracións do día do libro estivo visitándonos e charlando con nós Lola Gándara, autora do libro Alexandra. Estivo conversando sobre o seu labor como escritora e preguntounos a nosa opinión sobre o seu libro. Ó final asinounos o seu libro.






A min pareceume moi interesante, eu esperaba que só ía falar ela, pero resultou moi simpática e moi boa, porque nos deixou falar a nós e dicir o que nos parecía o libro" Sara López


" A charla pareceume moi entretida, explicounos o final do libro. Contounos que traballou nun colexio e por iso algunhas das súas novelas están relacionadas cos rapaces. Gustoume moito a súa forma de ser e a súa maneira de expresión" Christian Gil Monzo


" Gustáronme moito as anécdotas que contou: o dos alcumes dos profesores e as cousas que se facían no colexio e que non sabían os profesores. Eu penso qu está ben ser escritora e ter a experiencia de ser directora dun colexio porque como a ela lle pasou podería orientar un deses libros ás historias que pasan nun colexio" Sara Álvarez


" A charla pareceume moi entretida aínda que algo longa. A verdade é que non me imaxinaba a charla tal e como foi, imaxinábaa dunha maneira diferente como ao grande, pero gustoume moito" Santiago Vicos


" A charla gustoume, pero pareceume que extendía moito as respostas e por iso non nos deu tempo a facer máis preguntas" María Álvarez


"É unha persoa agradable e moi alegre, tamén falou cando fixo un guión para a televisión" Adonay Zuloeta


"Pareceume entretida porque era simpática .Unha cousa que non entendo e que ao facerlle preguntas aos famosos nunca te responden a esa pregunta e vanse polas ramas. Porque eu fíxenlle unha pregunta e quedei coa intriga.Pero, en xeral, a charla estivo moi ben" David Puente


"Lola Gándara é unha muller de cor pálida. A súa cara é afiada e alongada. Ten uns pequenos ollos, un nariz picudo ...Leva posto unha camisa laranxa facendo xogo cos seus zapatos de cor branca con flores azuis, laranxas e rosas, un pantalón negro. Ten dous aneis nunha man e un na outra. As uñas da man están pintadas de cor vermello, da mesma cor ten os pendentes que leva postos nas orellas… Ten un carácter risoño, é simpática, amable, agradecida, e dicir, unha persoa marabillosa”
Lucía Díaz 1º ESO B