15/6/09

Clube de lectura "Flor Branca"


Hoxe os alumnos de 2ºESO C falamos do libro ¿Que me queres amor? de Manuel Rivas, concretamente do relato A lingua das bolboretas.

- Eva: O relato foi moi interesante sobre todo porque trataba de asuntos que tiñan que ver coa época da guerra civil, con este tipo de relatos sabemos o que acontecera nesa época.
-Belen: O relato gustoume xa que abrangue acontecementos históricos e tamén porque fala da natureza.
-Selene: A min tamen me gustou, o club foi moi entretido e nunca fixeramos un.
-Raquel: O relato pareceume entretido xa que demostra defender as nosas ideas e cóntanos os sucesos históricos dende outro punto de vista.
-Martín:A min este relato pareceume bo. Pardal,o protagonista conta moi ben os nervios que sentimos todos algunha vez a principio de curso ou en situacions similares.

12/6/09

Clube de lectura: "Noite de voraces sombras"


O mércores pasado fixemos un clube de lectura sobre o libro "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz.
Os alumnos de 4ºB debatimos sobre a opinión persoal de cada un acerca do relato e compartimos diferentes versións de sensacións que nos transmitiu o libro mentras o estabamos a ler.
O tema principal era retratar as sensacións e emocións que tiña a xente que viviu na época da Guerra Civil e o avance da protagonista da adolescencia á madurez.
A profesora, Cristina Asensio, fíxonos cuestións relacionadas con diferentes aspectos do libro e nós respondimos detalladamente.
A actividade durou toda a hora de clase e gustounos moito a experiencia de poder debatir sobre un libro que nos gustou a todos.
Temos a intención de poder repetilo o ano que ven.

Realizado por:
Nerea Barreiro, Sergio Galán, Nerea Vales, Isaac Pérez, Dámaris Rodríguez.