28/3/08

Xullo-Agosto






Onte,27 de Marzo tivemos a gran sorte de que estivese con nós Manoel Riveiro Loureiro,que veu a contarnos cousas sobre os seus libros,en especial Xullo-Agosto, que foi lido por nós.
Comezou falando un pouco da súa infancia e das súas vivenzas de rapaz. Embarcou de moi novo e anos máis tarde fixo a mili en Ferrol. Empezou a escribir como forma de escapatoria ás mala situación social de aqueles tempos. Mais tarde, cando quedou sen traballo, para non caer na depresión e non caer en malos vicios empezou a escribir, primeiro contos pequenos, e logo novelas. Como lector confesou que non empezou lendo novelas, senon "morralla".
Xullo-Agosto xurdiu dun cumo de vivenzas reais que ía recordando dia a dia e canto máis escribía máis lembraba. Algunhas delas foron escoitadas da boca de persoas que viviron de cerca a Guerra Civil, como por exemplo a masacre que tivo lugar no barco Cervera en Ferrol. Tamén contou que todos os seus libros que sairon á venda (excepto un) foron publicados despois de gañar un premio literario.
Os alumnos fixemos moitas preguntas que el sempre contestaba e nos contaba de paso algunha historia que nos gustaba moito. Foi unha tertulia moi amena e entretida e o tempo pasounos voando. Tamén nos dedicou os nosos libros e asinou no libro de personaxes ilustres da nosa biblioteca. Gustaríanos que este escritor volvese o curso próximo e que nos seguise contando historias. Grazas, Manoel.

Artigo feito por JÉSSICA, REBECA DE 4ºb


24/3/08

A Cova Céltica


Tino Freire na Cova Céltica

"Estaban todos menos tú,
todos menos tú
y yo marcando el 369 22 30
sin escuchar lo lque me cuentan
todos menos tú,
todos menos tú..."

Con versos de Joaquín Sabina comezaba a Cova Céltica do pasado 12 de marzo. Tino Freire, o noso inspector de educación, veu cun bo feixe de pomas e novelas de diferentes autores para explicarnos POR QUE LER. A sesión deu comezo coa lectura de poemas: "Nocturno nº 2" de JOSÉ ASUNCIÓN SILVA, "La niña de siete años" de ANTONIO MARTÍNEZ SARRIÓN ou o poema de JOAQUÍN Mº BARTRINA titulado "De omni re scibili" que contiña versos tan e insólitos no mundo poético como:
"Gozar es tener siempre electrizada
la médula espinal,
y en si el placer es nada o casi nada:
un óxido, una sal.
¡Y aun dirán de la ciencia que es prosaica!
¿hay nada, vive Dios,
bello como la fórmula algebraica
C=Pi r2?"
A continuación o profesor Tino Freire, presentounos a novela de LUÍS LANDERO, Hoy Jupiter e sinalou como un dos valores máis importantes da novela a construcción dos personaxes, xa que segundo el o éxito dunha obra pode estar precisamente neles, xa que se son reais:
"nos identificamos, nos reflejamos en ellos y nos solidarizamos con ellos, con sus sentimientos... en una especie de sociedad secreta"
E para rematar, cando lle preguntamos pola lectura que más o impactou cando era un mozo, respondeu dicindo que "leer es una especie de estado de ánimo" xa que todos pasamos por diferentes momentos e as lecturas variarán dependendo do estado que atravesemos, iso fará que escollamos un xénero determinado (lírico, dramático...); non obstante sinalou a obra de MARIO VARGAS LLOSA, Conversación en la catedral, como unha obra que deixou nel unha profunda pegada cando a leu alá polos anos 80.
-Cris Asensio

7/3/08

A cova céltica e Maribel Ortiz




A que aparece na fotografía é a escritora Maribel Ortiz, quen compartiu con nós unha animada

e amena tertulia literaria o pasado xoves. Maribel presentouse como unha adicta aos libros:


"Una de mis pasiones son los libros, soy una de esas personas que sus tiendas favoritas son las librerías"


Confesa que lle encanta entrar nunha librería e ver os libros, as novedades, fixarse nas portadas, tocalos, disfrutalos como se fosen algo larpeiro, libros-bombón que se saborean co sentido da vista. Presentounos varias obras, empezando por O neno do pixama a raias de John Boyne, pediu a opinión dos asistentes, pois moitos xa o léramos. Tamén aproveitou para recomendar algún libros máis como La ladrona de libros de Marcus Zusack, ou Corazón helado de Almudena Grandes ou La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón entre outros. A tertulia chegou ao seu punto quente cando Maribel manifestou que o que ela quería transmitirnos en realidade era a importancia da lectura e plantexou o debate sobre o feito de ler en xeral, por placer, comics, poesía... Os rapaces e rapazas que estaban alí tamén aproveitaron para comentar as súas preferencias.


-Cris Asensio-

A cova céltica


Este xoves tivemos con nós a Maribel Ortiz que acudiu ao clube de lectura para presentarnos varios libros. O primeiro deles foi a novela do xoven escritor irlandés John Boyne, O neno do pixama a raias. O comentario que precede a este texto é do editor do libro e non debemos deixar de o ler antes de sumerxirnos na novela

Centenario de Curros Enríquez


Un 7 de Marzo de 1908 morría na Habana (Cuba) o poeta ourensán Manuel Curros Enríquez. Cen anos despois a súa importancia segue en auxe, xa que o seu esforzo, e contribución á dignificación da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa terra, aínda bate con forza nas nosas conciencias co gran tesouro que nos deixou en herdo: a obra escrita, as palabras. Curros nacera en Celanova un 15 de setembro de 1851 nos albores do Rexurdimento pleno e foi dos primeiros poetas sociais da época contemporánea. A súa obra máis importante Aires da miña terra foi publicada o mesmo ano que Follas Novas de Rosalía de Castro e ese mesmo ano tamén sufriu un proceso xudicial xa que o denunciou o obispo de Ourense, acusándoo de atacar dogmas da relixión católica nos poemas titulados "A igrexa fría" e "Mirando ao chau"; foi condenado a pagar unha multa de duascentas cincuenta pesetas e dous anos , catro meses e un día de cadea. Finalmente foi absolto. En 1894 vai para a Habana e alí decidiu instalarse. Desde alí contribuiu decisivamente a que por fin se fundase a Academia Galega en 1906. En 1908 o alcalde da Coruña, don Xan Sánchez Anido, publicou un bando no que anunciaba a chegada dos restos mortais de Curros e pedía aos veciños que engalanases as fachadas das casas con distintivos alusivos ao loito que Galicia gardaba polo seu poeta. Cando chegaron os restos foi recibido por unha multitude enorme, falouse de que corenta mil persoas acudiran ao seu enterro.


Velaquí os últimos versos de "Mirando ao chao"


...Viu malos gobernos

que falsos i aleves

co xugo dos pobos

engordan e crecen;

cregos que, feroces

como cans doentes,

cun fusil ó lombo

predican ós fieles;

ricos que, roubando,

as gavetas enchen;

médicos das quintas

que dan por encrenques

(mediante catro onzas,

cando non son sete)

mociños que ó cabo

tocan o pendengue,

a seus pais perdendo

co aforro que perden;

homes esfameados,

emporras mulleres

espigados nenos

que non saben lere,

i en fin, cantas cousas

que non deben verse,

que Dios, arripiado,

i as cruces facendose,

coñecida a causa

de que o inferno medre,

meteuse na groria

dicindo entre dentes:

-Si eu fixen tal mundo,

que o demo me leve"
¿De que tratan estes versos de Curros? ¿Que queren dicir os dous últimos versos?

2/3/08

Parabens!!

Parabens para a mocidade xurdia deste instituto. Quero felicitarvos pola vosa participación e porque sodes "superxurdios", ademais da lectura dos vosos comentarios se desprende que sodes xentes con gran sensibilidade, sobre todo polo que se refire á figura de Isaac Díaz Pardo. Penso que debiamos escoller algunha das vosas dedicatorias e enviarllas por correo.
Son tamén moi interesantes os comentarios que facedes dos cadros dos compañeiros e compañeiras de Plástica basados na obra de Isaac .
Polo que se refire á interpretación do poema de Rosalía, penso que acertades. Por outra parte non nos queda máis remedio que quedarnos coa nosa interpretación subxectiva xa que a autora non deixou revelado o misterio da "negra sombra", o que si parece claro é que se trata de algo que está presente en todos os momentos da súa vida e que pode tratarse de algo negativo.
Tamén quero agradecervos a vosa participación no Club de Lectura, "A Cova Céltica", e ademais é unha satisfación para nós ler as vosas opinións tan positivas ao respecto. Ánimo e seguide asistindo.
Para rematar lembrade que existe unha cousa chamada Ortografía e invítovos a todos e todas a facer un esforzo en tratala co maior mimo posíbel.
Felicidades a todos e todas e especialmente a Carlos Dobén Naya de Iº de Bach A pola súa constancia en deixarnos os seus estupendos comentarios.
Cris Asensio