17/6/08

OS SIAREIROS DO BLOG


Os siareiros do blog da biblioteca somos Andy Arias, Sebastián Díaz, Oscar Tacón, Ramiro Pérez, Simón Rodríguez e Antonio José Rodríguez, todiños de 1º de bach (A) ¡¡Felices vacacións!!

16/6/08

Adeus curso 2007-2008


Agora, no remate do curso vemos que tan rápido pasou e aínda que xa vaiamos cansos, os alumnos de primeiro de bacharelato “A” queremos despedirnos del por medio deste blog. En primeiro lugar felicitar ó grupo de Biblioteca por este blog, polos clubes de lectura, pola biblioteca, a revista..., ó departamento de Bioloxía por dar a coñecer a moita xente que son As Brañas e por que hai que coidalas, ós xiareiros deste blog que puxeron comentarios facendo que se mantese vivo, ó centro pola organización do concurso “Luísa Villalta” entre outras cousas e a todos en xeral polo traballo que realizamos neste ano.
Esperamos que o ano que vén, se consiga volver a ter ou recuperar actividades no Nadal e no Entroido, festa das Letras Galegas, ceas de fin de curso, viaxe a París, concurso musical intercentros, copa Coca-Cola, torneo fútbol intercentros... que entre alumnos e profes temos que organizar. E non podía faltar a despedida do noso dire, Adolfo, que marcha cara outro insti xa que aquí fixo de todo canto puido e axudou, entendeu e moito máis, ós alumnos, ¡non hai pega do teu traballo!, moitas gracias.
E para os que estén cansos ou aínda teñan ganas, os que estén agobiados ou liberados e para os que o pasaron non moi ben ou se divertiron, dámoslle unha gran aperta, esperamos que o ano que vén sexa como mínimo tan bo como este e gañar un bó ambiente, forzas, ganas e... o que faga falta! Disfrutade do verán e deica o curso 08-09.
Aburiño
Fdo. Todos Nós


10/6/08

OS LIBROS QUE MÁIS GUSTARON




Esta guía reflexa algúns dos resultados dunha enquisa que fixeron un grupo de alumnas e alumnos de 4º D aos seus compañeiros da ESO sobre as súas preferencias lectoras. Tiñan que citar os libros que máis lles gustaron, tres en galego en tres en castelán, xa foran libros de lecturas obrigatoria ou outros que tivesen lido por propia iniciativa. Algúns deles explicaron por que lles gustaron algúns dos libros e indicaron a quen llo recomendarían. Como dato relevante sinalar que as preferencias eran moi variadas e a lista de libros era moi longa. Exceptuando Harry Potter, Matilda e Os nenos numerados os demáis libros tiñan poucos votos. Os resultados desta enquisa foron postas neste fermoso cuatríptico polas profesoras Celia Pernas (Debuxo) e Charo Vázquez Mourín (Lengua Española)