20/5/08

V CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA




O V certame literario Luísa Villalta, convocado polo instituto IES Isaac Díaz Pardo de Sada fai públicos os resultados do concurso deste ano.

O xurado composto por


Pilar García
Manuel Pérez Lorenzo e
Xulio Valcarcel

Decidiu premiar os seguintes traballos:

NARRATIVA

1º PREMIO -"As aventuras de Pepiño", de Rocío Vázquez García, alumna de 1º de Eso do Colexio Nuestra Sra. Del Carmen (Grande Obra de Atocha) de Betanzos.
2º PREMIO-"Atrapado", de Verónica Lois Filgueira, que cursa 2º de Bach no IES de Sabón en Arteixo.
FINALISTAS:
Cantas emocións
O suceso
O xogo dunha boneca
Lilas e grosellas
Facer son


POESÍA:

1ºPREMIO- "Cada chanzo", de Verónica Vázquez Cabeza de 2º de Bach do IES Díaz Pardo
2º PREMIO- "Retórika", de Francisco Núñez López de 1º de Bach, tamén do IES Díaz Pardo.

FINALISTA:
"Sinfonía do abrente" de Alicia Correa Asensio, 4º ESO do colexio Santa Mª do Mar de A Coruña.



O xurado destacou a elevada participación e a calidade literaria dos traballos presentados, sinalando que hai realmente vocación literaria entre a mocidade.
O Certame Luísa Villalta vense celebrando desde o ano 2004 e conta coa colaboración de O concello de Sada.

A REAL ACADEMIA GALEGA VISÍTANOS







O xoves, 16 de maio, recibimos unha visita dun personaxe ilustre. Darío Xohan Cabana escritor, poeta, novelista, tamén membro da Real Academia da Lingua Galega acudiu ao noso centro para dar unha conferencia sobre Darío Álvarez Blazquez de quen é especialista. O acto tivo lugar na bilioteca do instituto, Luísa Villalta e o público estaba composto por alumnado de 1º de Bach (que, por certo este curso leron unha obra súa (Galván en Saor na primeira avaliación(e profesores. A conferencia foi moi interesente e amena, contou cunha primeira parte máis puramente académica sobre a importancia de Álvarez Blázquez na cultura galega, destacando súa faceta como editor, pasando a comentar despois a súa obra, especialmente a poetica. Comentou os diferentes libros de poesía deste autor con mención especial de Roseira do teu mencer e Canle segredo. A conferencia tivo tamén unha parte de achegamento á personalidade do homenaxeado este ano nas nosas Letras, xa que Darío tivo unha grande amizade con este autor e inclusive traballou con el durante catro anos. Xohan Cabana chegou a afirmar que Dar'io 'Alvarez Bl'azquez foi para el *a s'ua universidade*. Dario ilustrou a s'ua exposici'on coa lectura emocionada de varios poemas de Bl'azquez.

18/5/08

LETRAS GALEGAS: EVA VEIGA E O GRUPO OURIOL











O pasado mércores día 14, Eva Veiga e o grupo Ouriol realizaron un recital poético-musical na casa Casa da Cultura de Sada. Os asistentes ao acto foron o alumnado de 3º e 4º da Eso do noso instituto e do colexio de Mosteirón. O acto organizado en colaboración co concello de Sada tiña como finalidade festexar as Letras Galegas deste ano. Eva Veiga presentou para a ocasión un espectáculo basado na figura de Xosé María Álvarez Blazquez. O acto dividiuse en tres partes. En primeiro lugar a escritora trazou unha emocionada lembranza da nosa compañeira e tamén escritora Luísa Villalta. En segundo lugar fixo un percorrido pola vida e obra de Álvarez Blázquez e a seguir tivo lugar un recital poético para o que seleccionou diversos poemas do escritor homenaxeado pertencentes aos diferentes libros deste autor.
Así escoitamos poesías de Roseira do teu mencer, Canle segredo, Poemas de ti e de min; acompañada sempre polo grupo Ouriol (flauta traveseira e percusión). De fondo unha proxección de diapositivas coa obra do pintor Alfonso Costa. O espectáculo foi un éxito. Ao finalizar o acto Eva Veiga fíxonos entrega dun exemplar dunha obra súa de poesía, cunha dedicatoría dirixida a todos nós, para a biblioteca do instituto.




15/5/08

A COVA CÉLTICA: AN ALFAYA






O pasado luns estivo con nós a escritora An Alfaya, (Mª de los Ángeles Alfaya Bernárdez. Vigo, 1964) nunha nova edición do noso club de lectura. O encontro tivo lugar na nosa biblioteca Luísa Villalta e os participantes foron alumnos e alumnas de 4º de Eso. A escritora trazou unha autobiografía na que destaca a súa paixón polas letras desde ben pequena:

-"cando era nena necesitaba contar cousas, necesitaba cambiar o mundo; facíao lendo ou escribindo"

Criada nun ambiente opresivo, de costas á literatura

-"na miña casa non había libros"

A súa familia consideraba unha perda de tempo a súa afeizón polos libros pero ela sentíase unha nena diferente e necesitaba unha "válvula de escape" e esa "valvula" foi para ela a literatura e tomou a decisión de compartir o que escribía con outras persoas.

Hoxe en día An afirma que enfrenta a profesión de escritora con liberdade xa que non depende economicamente da literatura, xa que obtén os seus ingresos do seu traballo como detective. Isto desperta a curiosidade do alumnado presente na tertulia e a escritora explica en que consiste a súa profesión, que trata continuamente de desmitificar. A continuación fai un comentario da obra que lemos este curso


A LENDA DA LÚA DE MONTEALTO, advertíndonos que se trata dun relato que escribiu hai moito tempo. Presentounos tamén a súa obra máis recente ILLA SOIDADE explicounos como foi escrita esta novela, os personaxes e acontecimentos que a inspiraron.

Tamén tivo que contestar a bastantes preguntas relacionadas con diversos aspectos da súa biografía e da súa obra e finalmente pedímoslle que escribise unha dedicatoria no libro de escritores e personaxes ilustres.

CORRELINGUA 2008


Como xa vén sendo habitual, un ano máis o noso instituto participou na presente edición do CORRELINGUA en Coruña. Desta volta tocoulle o turno ao alumnado de 3º da ESO.


¡¡Felicitacións pola pancarta!!
e a seguir participando, meus!

7/5/08

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 12 AO 17 DE MAIO



LUNS 12: CLUB DE LECTURA
Contaremos coa escritora AN ALFAYA. A tertulia terá lugar na biblioteca Luísa Villalta.

MARTES 13: Proxección do documental "Entre Miño e o mar de Vigo" sobre a figura de X.María Álvarez Blázquez
MÉRCORES 13:

Iremos á casa da cultura Pintor Llorén de Sada acompañados de alumnado de 3º e 4ºda ESO. Alí participaremos dun espectáculo poético-musical, a cargo de.

Eva Veiga e o grupo Ouriol

XOVES 15:
O alumnado de 1º de bacharelato asístirá a conferencia que o escritor e académico Darío Xohan Cabana pronunciará na biblioteca L.Villalta.

VENRES 16:
Entrega de premios do V Certame Luísa Villalta.

LETRAS GALEGAS 2008


XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (Tui, 1915-Vigo 1985)



ROSEIRA DO TEU MENCER


Polo laranxal

tres avelaíañas andan a voar.

Unha, duas, tres,

de presa que voan, vense e non se ven.


Polo laranxal

tres avelaíañas andan a chucar.


Unha, dúas, tres,

de tanto que chuchan, borrachas de mel.


¡Caídas no chan,

tres avelaíñas polo laranxal.