20/12/12

Un libro para o Nadal



Este ano na biblio quixemos celebrar o Nadal recomendado un libro, un libro para o Nadal, coa colaboración de varios cursos da ESO decoramos o noso Recuncho da Biblioteca. Aquí tedes as fotos.




 

Bo Nadal 2012 para todos

Os contos dos irmáns Grimm cumpren hoxe 200 anos

O 20 de decembro de 1812 viu a luz a primeira edición dos clásicos infantís recompilados e elaborados polos alemáns Jacob e Wilhelm Grimm a partir de de unha serie de contos de tradición oral da cidade alemá de Kassel. En 1815 publicouse un segundo volume. A colección dos contos de fadas dos irmáns Grimm foi ampliada en 1857. Os manuscritos destes contos de fadas, propiedade da biblioteca da Universidade de Kassel, forman parte desde o ano 2005 do Patrimonio Cultural da Humanidade.
O bicentenario dos contos dos Irmáns Grimm dá o pistoletazo de saída en Alemaña ao ano Grimm, que arrincará dentro de doce días co comezo do 2013 e terá como centro neurálxico a cidade xermana onde viviron os dous escritores entre 1798 e 1841.
Blancanieves, como Pulgarcito, como Hansel e Gretel, como a Cincenta, a Bela Dormente e tantos outros personaxes das aventuras coas que os nenos comparten a súa infancia tiveron a súa orixe na pluma de Jacob e Wilhelm Grimm, nos contos dos Irmáns Grimm, moi unidos tamén no compromiso polo estudo e o rigor científico como profesores universitarios que eran na Alemaña romántica. Esa dedicación voraz dos Irmáns Grimm cara á súa cultura fixo que cun detallismo propio dos estudos etnográficos actuais recollesen lendas, contos e fábulas, respectando a sinxeleza e espontaneidade do discurso oral. Eses clásicos de hoxe, eses contos dos Irmáns Grimm, que foron recompilados e publicados entre 1812 e 1817, foron tamén traducidos como Contos infantís e do fogar.

13/12/12

O Día dos Dereitos Humanos no Recuncho da Biblioteca

Información  sobre os  Dereitos Humanos  no Recuncho da Biblioteca

As  nosas recomendacións  de  lecturas relacionadas con este  día


Club de lectura inglés

9/12/12

10 de Decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos

Os dereitos humanos pertencen por igual a cada un de nós  e mantéñennos unidos como unha comunidade global cos mesmos ideais e valores. Como unha comunidade global que todos compartimos nun día en común: o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, cando se recorda a creación, fai 63 anos da Declaración Universal dos mesmos.

Despois de tanto tempo, debemos reflexionar sobre si se respectan estes dereitos e o que nós podemos aportar para lograr que sexan universais.