25/4/07

Máis fotos do Día do Libro



Día do Libro





No IES "Isaac Díaz Pardo" de Sada celebramos o Día do Libro, entre outras actividades, cun "Obradoiro de escritura", aproveitando a distintos profesores e alumnos, que nos aportaron os seus coñecementos dalgúns alfabetos. Así Youssef (alumno alxeriano), introduciunos na escritura ÁRABE, Anxeles (profesora de Literatura) presentou o DEVANAGARI (idioma maioritario na India), tamén o XUDEO (idioma que veu á vida despois de ser lingua morta), Susana (profesora de Clásicas) e os seus alumnos dironnos nocións do GREGO, Paco Vargas (profesor de Inglés, que ten moito mundo polas súas viaxes) trouxo ademáis xornais do CIRÍLICO, (grafía do ruso), Iris (alumna de 3º da ESO) escrebe as grafías do KATAKANA, levandonos ata o Xapón.
Foi moi interesante esta porta aberta ao mundo a través da escritura.

Por Marisa

Mais sobre 300


Podedes consultar a estupenda guía didáctica de Lillo Redonet sobre a película de 300 no seu blog ou ben en culturaclasica.com

Por Susana

23/4/07

Bibliocaixas


BIBLIOCAIXAS




Está a disposición dos alumnos unha caixa con libros variados para que lean en distintos momentos da semana.

Calquera profesor pode adicarle, cando o considere oportuno, un tempo á lectura non menor de 15 minutos.

En cada libro debe gardarse a ficha na que figurará: nome do alumno, curso, título e autor así como o número de referencia.

Cada alumno terá un “caderno de viaxe ” para ir apuntando o resumo, impresións…

Ó final da campaña haberá unha pequena sorpresa.

Que disfrutedes moito!

Por Susana

14/4/07

Xemelgos



O premiado grupo de teatro escolar, Sardiña, representou o pasado venres, 13 de abril, a comedia de Plauto Xemelgos.

O escenario foi a Casa da Cultura de Sada e os asistentes, moitos alumnos do Instituto, disfrutaron co bo facer dos actores, do director ( o seu profesor de Latín, Ricardo Martín) e todo o equipo nunha obra baseada na suprantación de personalidade, nos equívocos, na ridiculización duns personaxes estereotipos , na busca do sorriso inmediato - insultos, golpes, gritos, enganos...

Debemos destacar a apropiada adaptación da obra, sempre facendo guiños a un público actual, o alto nivel de interpretación dos rapaces e o perseverante e loable traballo do seus profesores .

Por Susana

13/4/07

Certame Musical Intercentros

O venres 20 de abril o grupo, ANGEL OF GLORY, formado por Carlos Autón, Aída Barahona,Borja Bello, Pablo Cabido e Carlos Antonio Gayoso e Roberto Pazos,ofrecerán unha versión heavy de "Sementeira" e "Negra Sombra" no Certame Musical Intercentros. O grupo está constituido por dúas guitarras, un baixo, un teclado, batería e voz.
Esta é unha das actividades que organiza o Equipo de Normalización Lingüística do noso instituto.
Moita sorte!

Por Susana

Día do Libro



O luns 23 teremos a oportunidade de explorar distintos alfabetos cun pequeno taller na Biblioteca. Impartido por profesores e algún alumno coñeceremos o alfabeto grego, árabe, ruso e sánscrito. A actividade está pensada para os alumnos de 3ºE.S.O.

Por Susana

12/4/07

Pillado




O Xoves, día 27 de Marzo,visitou a Biblioteca Francisco Pillado veu falar de Valle-Inclán aos alumnos de 2º de Bacheralato. Sempre é un placer escoitalo.

Comenza decindo que el non é un estudioso de Valle, pero o le todos os días, o mesmo que toca no piano a Beethoven (o Claro de luna).
Valle sempre preconizou a elegancia estética o Dandismo (elegancia interior) en contraposición á moda, que como decía Oscar Wilde é tan horrorosa que temos que cambiala cada seis meses.
Valle nos di que os intelectuales deben ser como os xitanos, ao marxe da lei, que chegou a escritor por ser unha profesión sen xefe, e que aínda que te poidan "comprar" el estaría dacordo con Jean Paul Sartre, que renunciou ao Nobel pola súa independencia.

Sempre un grande afán de provocar.
No eido social é duro e corrosivo cos poderosos, ás veces, cruel.
Na estética, a palabra rebuscada, máis alá da musicalidade, o cromatismo, nos "Esperpentos", como Goya nas "Pinturas Negras".
Na referencia ao Galego di que Rosalía non lle interesa, pero si utiliza palabras galegas por ter moita máis musicalidade que as castelans e inclusive un significado máis axeitado, por exemplo fala da "brétema" en vez da "niebla", ou de "orballo", que alí din "calabobos".
En "Divinas Palabras" a escenografía a fai Castelao.

No coloquio fala , entre outras cousas, dos libros que máis lle gustaron como "El Quijote", que rele capitulos buscando paralelismos con personaxes da actualidade. Ou "El amor en tiempos del cólera" de García Márquez, a novela considerada a mellor da historia.

Rematamos agradecendo a súa presencia con un agasallo moi apropiado para a ocasión: a figura de don Ramón del Valle Inclán.
Xena

Maribel Longueira


Maribel Longueira Mira, fotógrafa e historiadora do arte, naceu

Maribel Longueira Mira, fotógrafa e historiadora do arte, naceu na Coruña donde traballa dende o ano 1972 en actividades de interés plástico, cine, teatro, cerámica e pintura centrándose na actualidade na fotografía, como investigadora teórica e práctica.

Entre as súas publicacións fotográficas destacan portadas e lustracións de numerosos traballos: o libro homenaxe a Ánxel Casal con textos de varios escritores; Mar de Lira; Alguén agarda que volva alí , ilustrando as palabras de dazanove escritores galegos sobre Cuba ( do que se fixo unha exposición que percorreu Galicia enteira)

Destaquemos a súa última obra O Papagaio da que falou no noso instituto: “ As vivenzas da xente quedan esparcidas polo chan e eu, coma unha arqueóloga, as recollo para amosalas”.” A fotografía como denuncia arquitectónica” “A documentación visual dun problema social como é a prostitución”…


Por Xena