18/12/08

Felicitacións de NadaL!!!


Dende a clase de 4ºA queremos desexarvos a cada un de vós que pasedes unhas felices festas rodeados dos vosos familiares máis queridos. Durante a mañá do venres no instituto organizaremos competicións deportivas, interpretaremos panxoliñas, os de 1º 2º e 3º de ESO realizarán un mural cos desexos para o ano que vén e para os maiores de 4º de ESO e bacharelato esperamos unha sorpresa para celebrar a chegada das festas. Tamén dirase o resultado do concurso de Árbores do Nadal onde se coñeceran os gañadores. Aquí unha foto das árbores participantes.

FELICES FESTAS E BON NADAL!

Desde 4º de ESO:
Iago Monzo Souto
Julián Mosquera Suárez
Gonzalo García Antelo
Pablo del Río Barral
Hugo Arévalo Martínez

14/12/08

Recomendacións de lecturas para o nadal



Velaquí estamos cunha maleta ben cheíña de libros para todas as idades, para estes longos tempos de invernía, nos que as chuvieiras e o frío nos invitan a recollernos nno abrigo das casas. Para ocupar os nosos tempos de lecer caseiro traemos lecturas dos máis insospeitados e exóticos lugares que poderemos visitar a bordo da butaca máis cómoda... e como nas mellores películas non hai que esquencer unha cálida luz e unha boa banda sonora de fondo.





7/12/08

Charo Pita na Cova Céltica

Esta é a fermosa dedicatoria que Charo Pita nos deixou no libro das personalidades que nos visitan.


Hoxe contamos coa visita de Charo Pita, quen nos deleitou durante unha hora cos seus contos e a súa compañía.
O primeiro conto titúlase "A muller esquelete" do libro de Tim Bowley Semillas al viento.Este conto é unha lenda esquimó que trata dunha rapaza que foi tirada ó mar polo seu pai e estivo moitos anos coma un esquelete no mar ata que un pescador deu con ela e non encontrou forma de liberarse dela. Unha noite a muller reconstruíu o seu corpo cas vísceras do home,e intercambiaron os corazóns, porque así sempre estarían xuntos.
O segundo relato "A la sombra del cuento", esta baseado nunca lenda dun escritor inglés, pero adaptado ó pobo e ós costumes galegos. Charo Pita cóntao como se lle sucedese a ela. (Charo explicounos que sentía unha especial devoción polos seus bisavós,cos que prácticamente se criara "en corpo e alma",como ela mesma dixo). Os protagonistas da lenda son Xosé e María, que reproducian a relación conxugal de tódolos matrimonios da época: María era unha costureira que se facía cargo dos labores do fogar. El,era un"home de palabra" que apenas abría a boca,tan só cando lle preguntaban.Un día cando lle preguntaron que tal estaba, respondeu
-Bah, total vou morrer
E ese día morreu, porque era un home de palabra.
Xosé emigrou a Estados Unidos deixando en Galicia á muller e máis ós fillos.
María enviáballe cartas a Xose,e el,contestaba cunha carta ó ano. Os 24 de Decembro recibia a correspondencia na que Xosé tan só dicia que estaba ben, ata que un día despois de 41 anos, María recibiu unha carta que dicía:
-Isto non me gusta. Regreso.
E así foi. Cando o viu chegar ó porto foille pedir un bico,e a resposta del foi"para que queres un bico muller?"Iso,tendo en conta que era un home de palabra,no lle resultou estraño.
O terceiro relato titúlase "Receita dun spam" conta unha experiencia paranormal que lle sucedeu a Charo cando foi a unha entrevista de traballo. Cando lle preguntaron a profesión non sabía como explicar que era contadora de contos,e a entrevistadora realmente non a tiña en conta. Sen embargo,noutra entrevista xa tiña pensado que contestar a esa pregunta: investigadora de relacions sociais. A persoa que lle facía a entrevista quería saber en que consistia, ó que ela tan só respondeu,
-é un traballo polo que non cobro,pero asegúroche que me crece coma persoa.
Co conto titulado "O presente dos Reis Magos" rematou a súa intervención e hai que destacar que incluso adornou os seus contos con cancións que ela interpretou en directo para nós. En fin, houbo de todo, cancións, contiños e sobre todos fíxonos rir moito
Gostamos moito desta visita, moi moi amena. Gracias Charo e bicos de todos nós e ata pronto.

Os redactores
Rebeca Vidal, Jessica Illanes e Cristóbal García (1ºB Bacharelato).

2/12/08

Bali Rai na Cova Céltica


O pasado martes 25 de Novembro veu ó noso instituto o autor do libro Un casorio ben mal amañado, Bali Rai. Este escritor de nacionalidad inglesa e de orixe india veu a Galicia para promocionar a súa obra. Veu acompañado cun intérprete que nos traducía as súas palabras de inglés a galego, da mesma maneira, as nosas preguntas ou ben facíamolas en inglés ou en galego. Estivemos dende as 17:00 ata as 18:15 na biblioteca do instituto falando do seu libro e da relación que gardaba coa súa vida. Primeiro explicounos como foi a súa vida e a historia do libro en relación con esta. Logo, falounos de outras obras escritas por el e por último quedounos algún tempo para que lle fixéramos preguntas relacionadas co libro. O final para agredecerlle a súa visita regalámoslle unha peza de Sargadelos que tiña debuxado un símbolo celta.


Iago Monzo Souto
Paula Potrony Pardo
4ºA