29/3/11

Indignádevos!


A historia da vida de Stéphane Hessel é unha fabulosa novela

Ó estalar a Segunda Guerra Mundial, alistase na Resistencia. Detido polos nazis, é torturado e deportado ao campo de exterminio de Buchenwald, de onde trata de evadirse, consigueo usurpando a identidade dun morto . Unese á loita pola liberación de Francia.

Despois da vitoria é enviado a Nova York. Alí participa na redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Os anos máis recentes consagraos a protestar sen descanso contra o trato dispensado aos "sen papeis", aos xitanos, a todos os inmigrantes...

Acaba de publicar este libro, un excepcional éxito editorial e un fenómeno social. Grazas ao boca a boca, e sobre todo, ás novas redes sociais, o texto conseguiu franquear as censuras e encher de esperanza miles de corazons. En só unhas semanas, deste repertorio das inxustizas máis indignantes, xa se venderon máis de 650.000 exemplares... Algo xamás visto. O seu título: unha consigna, ¡Indignaos!

Stéphane Hessel di que a indignación é a pólvora de toda explosión social. Dirixíndose aos seus lectores, recomendalles: "Desexo que atopedes un motivo de indignación. Iso non ten prezo. Porque cando algo nos indigna, convertimosnos en militantes, sentimosnos comprometidos e entón a nosa forza é irresistible".

Os motivos de indignación non escasean: "Neste mundo, di Hessel, hai cousas insoportables": a natureza do sistema económico responsable da actual crise devastadora. "A ditadura internacional dos mercados internacionais" constitue ademais, "unha ameaza para a paz e a democracia". "Nunca, afirma, o poder do diñeiro foi tan inmenso, nunca os fieis servidores de Don Diñeiro se situaron tan alto nas máximas esferas do Estado".

Hessel denuncia a desigualdade crecente entre os que non teñen case nada e os que o posúen todo. Suxire dúas propostas sinxelas: "Que o interese xeral se impoña sobre os intereses particulares; e que o reparto xusto da riqueza creada polos traballadores teña prioridade sobre os egoísmos do poder do diñeiro".

Stéphane Hessel sabe expresar con palabras, o que tantos ciudadán golpeados pola crise e polas medidas de regresión social senten no fondo de sí mesmos. Ese sentimiento de que lles están arrebatando os seus dereitos, eses desexos de berrar, esas ganas de protestar sen saber cómo...

21/3/11

Novo espazo da Biblioteca



O xoves faremos a inuguración dun novo espazo da Biblioteca. O espazo que antes era unha cafetería e agora imos adicar entre outras cousas ás tertulias literarias do primeiro ciclo da ESO "O cubil do xabaril".
Tamén temos unha actividade preparada relacionada co día de hoxe no que celebramos o Día da Poesía.
Estade pendentes para participar.
Temos que agradecerlle o profesor de Plástica, Fernando Alonso,
o cartel que deseñou en conmemoración deste día.

20/3/11

21 de marzo Comeza a primavera coa poesía de Neruda

Necesitamos POESÍA



O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, declara:
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.» (Recollido en Bibliotecas Escolares de Galicia)

16/3/11

Día da muller traballadora




O oito de marzo, celebrouse o día da muller (orixinalmente chamado “día da muller traballadora”). Neste día conmemorase a loita da muller por un oco na sociedade e unha vida digna en igualdade cos homes. Tamén é cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día. É unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.