20/3/11
Necesitamos POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, declara:
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.» (Recollido en Bibliotecas Escolares de Galicia)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario