A historia da vida de Stéphane Hessel é unha fabulosa novela
Ó estalar a Segunda Guerra Mundial, alistase na Resistencia. Detido polos nazis, é torturado e deportado ao campo de exterminio de Buchenwald, de onde trata de evadirse, consigueo usurpando a identidade dun morto . Unese á loita pola liberación de Francia.
Despois da vitoria é enviado a Nova York. Alí participa na redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Os anos máis recentes consagraos a protestar sen descanso contra o trato dispensado aos "sen papeis", aos xitanos, a todos os inmigrantes...
Acaba de publicar este libro, un excepcional éxito editorial e un fenómeno social. Grazas ao boca a boca, e sobre todo, ás novas redes sociais, o texto conseguiu franquear as censuras e encher de esperanza miles de corazons. En só unhas semanas, deste repertorio das inxustizas máis indignantes, xa se venderon máis de 650.000 exemplares... Algo xamás visto. O seu título: unha consigna, ¡Indignaos!
Stéphane Hessel di que a indignación é a pólvora de toda explosión social. Dirixíndose aos seus lectores, recomendalles: "Desexo que atopedes un motivo de indignación. Iso non ten prezo. Porque cando algo nos indigna, convertimosnos en militantes, sentimosnos comprometidos e entón a nosa forza é irresistible".
Os motivos de indignación non escasean: "Neste mundo, di Hessel, hai cousas insoportables": a natureza do sistema económico responsable da actual crise devastadora. "A ditadura internacional dos mercados internacionais" constitue ademais, "unha ameaza para a paz e a democracia". "Nunca, afirma, o poder do diñeiro foi tan inmenso, nunca os fieis servidores de Don Diñeiro se situaron tan alto nas máximas esferas do Estado".
Hessel denuncia a desigualdade crecente entre os que non teñen case nada e os que o posúen todo. Suxire dúas propostas sinxelas: "Que o interese xeral se impoña sobre os intereses particulares; e que o reparto xusto da riqueza creada polos traballadores teña prioridade sobre os egoísmos do poder do diñeiro".
Stéphane Hessel sabe expresar con palabras, o que tantos ciudadán golpeados pola crise e polas medidas de regresión social senten no fondo de sí mesmos. Ese sentimiento de que lles están arrebatando os seus dereitos, eses desexos de berrar, esas ganas de protestar sen saber cómo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario