29/5/09

Festa das Letras Galegas


Actuación na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada, con motivo da Festa das Letras Galegas o día 15 de maio.

PREMIOS VI CERTAME LITERARIO L. VILLALTA



VI Certame Literario Luísa Villalta


O xurado composto por

Pilar Pallarés (escritora)
Juan Manuel del Río (profesor no IES)
Veronica Vázquez (ex alumna, 1º Premio Poesía no V Certame)


Decidiron conceder os seguintes premios


POESÍA


1º premio: Brais Patiño Chao, 3ºESO PDC do IES O Mosteirón

2º premio: Alicia Mariña Correa Asensio, 1ºBach IES Adormideras

3º premio Sabela Rodríguez Cambó, 3º ESO PDC Ies o Mosteirón



RELATO


1º premio: Paula García Mosquera, 1ºBach IES O Mosteirón

2º premio: Natalia Domingo Arijó, 1ºBach IES Cruceiro Baleares

3ºpremio: Elia de Esteban y Maciñeira, 2ºEso CPR Santa Mª do Mar

22/5/09

Inés Cuadrado e a Música da palabra

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Inés Cuadrado escribindo no libro de sinaturas que temos na biblioteca para que os autores que nos visiten nos deixen as súas opinións, comentarios, dedicatorias... Inés deixounos un fermoso texto onde destaca a importancia da palabra:

"A palabra soñada, a palabra lembrada, as ditas e as caladas, as pensadas... Somos palabra. Estamos feitos de palabras, das nosas e das dos outros"

A semana que dedicamos a celebrar as nosas letras culminou o día 15 de maio cunha grande festa da palabra na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada. Moitos alumnos e alumnas participaron recitando poesías, cantando, interpretando música... Ademais foi o día en que entregamos os premios do VI Certame literario Luísa Villalta. Inés ofreceunos un espectáculo poético musical "A música da palabra". Manu Clavijo, músico e compositor arxentino, puxo a música que acompañou a Inés na súa dramatización de poemas de diversos autores, desde Rosalía de Castro a Luísa Villalta.

Unhas palabras sobre a autora:

Mª Inés Cuadrado é actriz e profesora de teatro, que se formou nas universidades de diferentes países como Arxentina e Gran Bretaña. Na actualidade dirixe en A Coruña a compañía de espectáculos A xente da palabra.

O recital poètico de Isidro Novo


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O escritor Isidro Novo realizou un recital poético no que interpretou poemas de autores representativos das etapas da nosa literatura dende as orixes ata o tempo presente . O recital ía acompañado dunha proxección de imaxes relacionadas cos autores escollidos e as súas obras.
Escoitamos entón cantigas medievais de Fernán Esquío, Pero da Ponte; dos autores do Rexurdimento, Rosalía, Pondal... e máis actuais como, Manuel Antonio, Cunqueiro, Luís Pimentel, Antón Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra e Manuel María. Rematou coa lectura dun poema de Fiz Vergara Vilariño, do que trazou un semblanza agarimosa xa que era amigo seu.
Ao finalizar o acto o escritor prometeunos voltar noutra ocasión para celebrar outro recital con poesía actual no que por suposto incluiría os seus poemas.

Isidro Novo naceu en Lugo e el mesmo di que a súa dedicación ás letras vén xa de vello, pois empezou a escribir cando traballaba en cousas que nada tiñan que ver coas literatura:

"De escribrir e rachar papel mentres traballaba en cousas completamente alleas ás letras, pasei pouco a pouco a coller o vicio de gardar"
grazas a iso hoxe ten libros publicados tanto de poesía: DENDE UNHA NADA NÚA, como de narrativa, UN ESCURO RUMOR TRALO SILENCIO, novela longa coa que incorpora a nosa lingua ao xénero de ciencia-ficción tan escasamente cultivado na literatura galega aínda hoxe.

21/5/09

Francisco Pillado e as mulleres literatas



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Dentro das actividades que organizamos para celebrar a semana das Letras Galegas, contamos o pasado mércores, 13 de maio coa presencia do escritor e editor Francisco Pillado na nosa biblioteca. Pillado pronunciou unha conferencia que tiña como tema a situación da muller escritora ao longo da historia. Partindo da figura de Rosalía de Castro fixo unha reflexión sobre a marxinación histórica da muller na sociedade e o papel que xogou a igrexa dificultando ou mesmo impedindo que esta situación cambiase. O noso escritor centrouse fundamentalmente na figura de Rosalía, loubando o valor e o mérito de ter sido escritora nunha época na que non se aceptaba que unha muller se dedicase a isto, ademais de escribir nunha lingua considerada rústica e non apta para o cultivo literario e que tivo a coraxe de posicionarse a favor dos galegos máis humildes erguendo a pluma en protesta pola situación inxusta e de marxinación que viñan padecendo desde séculos.

C.Asensio

"A charla de Pillado pareceume moi interesante, sobre todo que falara da visión da muller, creo que é algo sobre o que deberiamos reflexionar cada un de nós, e cuestionarnos se as cousas sempre son o que parecen. Moitos quedamos sorprendidos ó ver que escritores coñecidos pensaban iso, e que claro, moitas veces hai mais descoñecido que coñecido. Bueno, para despedirme, copio este poema de Rosalia de Castro pertencente o libro Follas Novas, que penso que reflexa a súa situación :

-Diréivos tan só que os meus cantares,
así sán en confuso da alma miña,
como sai das profundas carballeiras,ó comenzar do día,
rumor que que non se sabe si é rebuldar das brisas,
si son beixos das frores, si agrestes, misteriosas armonías
que neste mundo triste o camiño do ceo buscan perdidas."

(Luciana Galarza de 1º B deixounos este comentario)


19/5/09

¡POLA NOSA LINGUA!


O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

("Xanelas", Victoriano Taibo)

13/5/09

A narrativa de Xavier Alcalá













SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe tivemos a honra de recibir a Xavier Alcalá no noso centro. A reunión tivo lugar na biblioteca Luísa Villalta do instituto. Os asistentes fomos os de 1º de Bach, un grupo de profesores e a nosa bibliotecaria Marisa Naveiro (amiga de Xavier desde os tempos da mocidade). O escritor foi excelentemente presentado por catro alunas de 1º, Sabela, Mariel, Laura e Patricia. Durante máis de hora e media Xavier trazou un percorrido pola súa obra, ao tempo que ía falando da súa amizade con Ramón Piñeiro ou con Andrés Dobarro(a quen lle facía letras para os seus temas musicais) e da situación social. Para rematar falounos da súa última obra "Habana Flash, na que dixo que nela emprendía unha nova aventura literaria, xa que nela el "convertíase" en muller:





"Os escritores son como os actores de cine ou de teatro, xa que adoptan un papel, un personaxe e métense nel", dixo o autor.





1/5/09

Oda ó futbolín dos Diplomáticos de Montealto

Que disfrutedes con este temazo de Os Diplomáticos; que cantedes e dancedes (pero non moito por se chove). Por certo, ¿sabedes que é unha oda? (Deixade comentario)

Día das Letras Galegas: Ramón Piñeiro

Propoñemos hoxe que vexades este video titulado Olladas sobre Ramón Piñeiro, o protagonista deste ano nas Letras Galegas. Dura dez minutiños, así que poñédevos cómodos, collede papel e lápiz e aproveitade para aprender algo sobre este personaxe. Desde aquí tamén queremos felicitar aos autores desta cortametraxe e ao actor principal.