21/5/09

Francisco Pillado e as mulleres literatas



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Dentro das actividades que organizamos para celebrar a semana das Letras Galegas, contamos o pasado mércores, 13 de maio coa presencia do escritor e editor Francisco Pillado na nosa biblioteca. Pillado pronunciou unha conferencia que tiña como tema a situación da muller escritora ao longo da historia. Partindo da figura de Rosalía de Castro fixo unha reflexión sobre a marxinación histórica da muller na sociedade e o papel que xogou a igrexa dificultando ou mesmo impedindo que esta situación cambiase. O noso escritor centrouse fundamentalmente na figura de Rosalía, loubando o valor e o mérito de ter sido escritora nunha época na que non se aceptaba que unha muller se dedicase a isto, ademais de escribir nunha lingua considerada rústica e non apta para o cultivo literario e que tivo a coraxe de posicionarse a favor dos galegos máis humildes erguendo a pluma en protesta pola situación inxusta e de marxinación que viñan padecendo desde séculos.

C.Asensio

"A charla de Pillado pareceume moi interesante, sobre todo que falara da visión da muller, creo que é algo sobre o que deberiamos reflexionar cada un de nós, e cuestionarnos se as cousas sempre son o que parecen. Moitos quedamos sorprendidos ó ver que escritores coñecidos pensaban iso, e que claro, moitas veces hai mais descoñecido que coñecido. Bueno, para despedirme, copio este poema de Rosalia de Castro pertencente o libro Follas Novas, que penso que reflexa a súa situación :

-Diréivos tan só que os meus cantares,
así sán en confuso da alma miña,
como sai das profundas carballeiras,ó comenzar do día,
rumor que que non se sabe si é rebuldar das brisas,
si son beixos das frores, si agrestes, misteriosas armonías
que neste mundo triste o camiño do ceo buscan perdidas."

(Luciana Galarza de 1º B deixounos este comentario)


No hay comentarios: