28/10/08

Festa do samaín ou samhuín


CABAZAS DO PAíS
As tradición de tallar cabazas por Defuntos revive en Galicia da man de diferentes asociacións
Santiago.Redacción31 / 10 / 2002


Chega o día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero, ¡atención!, non é americano todo o que o parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propias do país. Desde o deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes. Todo isto con ocasión da festividade dos Defuntos, o dous de novembro. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.
(culturagalega.org)

24/10/08

24 de outubro: Día da Biblioteca



Hoxe celebramos o día da Biblioteca escolar acudindo á Biblioteca Suárez Picallo (Casa da Cultura) para participar nun obradoiro de creación literaria con alumnos e alumnas de 1º de bacharelato.

Tamén queremos felicitar ao alumno de 4º da ESO B,
Isaac Pérez Lorenzo
por ser o gañador do I Certame de Fomento á Lectura, organizado pola biblioteca Suárez Picallo de Sada.

"¡Parabéns, Isaac!" e

¡Feliz Día da Biblioteca a todos e todas!

22/10/08

Bibliografía sobre Ramón Suárez Picallo

i
smap="ismap" />
Hoxe queremos recoller aquí algunhas das obras publicadas actualmente sobre a figura do insigne galeguista Ramón Suárez Picallo, e que foron presentadas nas II Xornadas Irmáns Suárez Picallo, que se veñen de celebrar este mes de octubro na vila de Sada. Nun dos actos que tiveron lugar os alumnos e alumnas do noso instituto asistiron a unha conferencia na casa da cultura Pintor Lloréns, pronunciada pola profesora e investigadora Esperanza Mariño Dávila quen despois de trazar un percorrido sobre a biografía de Don Ramón, centrouse no intercambio epistolar mantido entre Picallo e Blanco-Amor ao longo da vida. Para despedir este artigo pasamos a transcribir un fragmento da carta titulada Calima do Oeste e na que se dirixe a Blanco-Amor coa expresión "meu capitán":


Aquí, nun recuncho da Costa "do outro mar", mariñeiro sen plaza, pescudei agora mesmo a túa chamada, Capitán Blanco-Amor. Ainda que os novos ou vellos señoritos "spromen" non o seipan, eu sigo ataleando, no asexo e no amanexo, adicado a recoller señales no día e na noite. As señales vellas, de Sada, de Beloy, de Morazón e de Carnoedo ¡ou Carnoedo, loiro e nadador encolgado n´unha inxente ribeira, simbolizado nun ergueito pino lanzal e fidalgo, enriba de Cirro, con Curbeiroa, Gandarío, Riobao e Taibó

16/10/08

Hernán Díaz e Suárez Picallo









O Xoves día 9 de Outubro, veu presentar Hernán Díaz o seu libro de Ramón Suárez Picallo, Años de formación política. Selección de textos, 1916-1931. Ramón Suárez Picallo foi un activista político nado en Sada que emigrou a Arxentina cando era moi novo para buscarse a vida. Alí entrou nun grupo político socialista, aínda que despois pasaríase ó partido comunista e máis tarde ó galeguista. Tivo uns comezos difíciles como pescador e cociñeiro nun barco, onde lle chamaban “o reposteiro poeta”polo bos que eran os seus postres que sempre acompañaba dun fermoso comentario; alí gañaba o suficiente para sobrevivir. Cando xa estaba integrado na política, fíxose orador e acudíu a máis de 150 mitins dos que saíu favorecido e aplaudido pola súa capacidade para captar a atención da xente, dirixíndose ó público de forma directa sen estar atado a discursos, como facían a maioría dos oradores. En 1936 Ramón viaxou a Madrid xunto con outros galeguistas para entregar os documentos do Estatuto de Autonomía Galego que se acababa de aprobar en referendum e que, debido á Dictadura Franquista foi paralizado. O Estatuto aprobouse finalmente o 6 de abril de 1981. Tivo un grande interese pola literatura e por Galicia. Cando morreu en 1964, foi enterrado en Arxentina no ceminterio de Chacarita, pero en realidade el quería ser enterrado en Sada, no seu Fiunchedo natal; por iso estes días o Alcalde de Sada viaxou a Bos Aires para traer os seus restos, xa que foi un personaxe dunha importancia social, política e cultural moi moi grande para Sada e para toda Galiza.

Paula Potrony, Iago Teijeiro e Gonzalo Tellado(todos de 4ºA)

7/10/08

II XORNADAS IRMÁNS SUÁREZ PICALLO


Hernán Díaz estará o xoves desta semana (día 9) na biblioteca do noso instituto, para presentarnos seu libro Ramón Suárez Picallo. Años de formación política. Selección de textos, 1916-1931. Esta actividade enmárcase dentro II Xornadas Irmáns Suárez Picallo. O Venres 10 acudiremos cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bach á Casa da Cultura Pintor Llorens para participar nun acto dedicado tamén á memoria destes dous ilustres sadenses. Trátase dunha conferencia a cargo de Esperanza Mariño Dávila titulada "A correspondencia entre Ramón Suárez Picallo e Eduardo Blanco-Amor." Estes dous actos serán dúas boas oportunidades para coñecer a personalidade destes dous irmáns, especialmente a de Ramón caracterizado por unha condición política no sentido máis profundo da palabra, posuidor duns ideais que nunca foron corrompidos. Os estudiosos da súa figura afirman que ademais tiña o don da palabra falada e escrita, sendo valiosísima a súa interpretación da cultura galega, da realidade política, económica e social de Galicia. Sempre soubo expoñer os máis urxentes problemas económicos conectándoos coa cultura do pobo, e senón xulgade por vós mesmos cando nunca ocasión, no ano 1933 con motivo dunha sesión parlamentaria e para explicar a problemática socioeconómica de Galicia dixo o seguinte:

" E outro producto galego que debería ter protección son os pinos. Refírome á madeira, aos nosos piñeiros que, aparte do seu valor como riqueza económica, é un tipo de riqueza que ten que ser para o Estado moito máis digna de respecto que outras clases de riqueza. O pino en Galicia, o pequeno piñeiral, é para o campesiño caixa de aforros, horta de lecer, motivo dos seus máis grandes coidados, porque o campesiño galego ten un profundo sentido estético da paisaxe, porque o campesiño galego ten unha profunda devoción relixiosa polo piñeiro, e non só o campesiño, senón os nosos grandes poetas; un deles, ao querer compoñer unha peza que fose o himno do pobo -Pondal-, fíxoo compoñendo un poema no que dialogan os Pinos e a Lúa. Aparte, pois do valor económico que para o campesiño ten o piñeiro como caixa de aforros para Galicia, o pino ten este outro valor estético." (R. Suárez Picallo)

Consellos dun siareiro experto

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO
Nótase moito interese entre os alumnos desta clase (1º de bach); pero tamén se aprecia que están coa novidade da clase de informática na asignatura de galego propia dos primeiros días para coñecer o blog, que despois poderán e terán que visitar nas súas casas para poder comentar, contestar preguntas e colaborar. Uns consellos para eles son que lle poñan título ós comentarios e que reparen un pouquiño de tempo na sintaxe e sobretodo na ortografía porque á profe gústalle ver os comentarios ben feitiños e os valora moito moito(¿a que si Cris?).E con isto conclúo a miña primeira intevención no que esperemos que sexa o meu derradeiro curso no insti.
Un saúdo e a traballar coma sempre!

Andy de 2º de Bach.

Comentario do poema de Celso Emilio Ferreiro

Olaaa!!!aproveitando esta hora de galego na aula de informática e como traballo de clase vou escribir o que penso de que trata esta poesía de Celso Emilio Ferreiro...

Creo que este home quería dicir nesta poesía que na vida non se pode saber todo. Ademais salienta as súas ideas contrarias ás do poder, e por iso na última parte escribe:"Eiquí -díxolle o garda
que o levou detido-
o que quere saber, apanda."


Iago Monzo 4ºA

EstaS clases témolas que repetir máis a miudo !!! xDxDC

6/10/08

A Cova Céltica. Dedicatoria


Con cariño para os nosos siareiros e siareiras este fermoso haiku do grande mestre nipón Taniguchi Buson (1715-1783)

5/10/08

Os siareiros atacan de novo!!

Benvidos a todos e a todas este novo ano que comeza. Espero que todos disfrutedes estes días que compartiremos todos xuntos neste centro. Este ano teremos novas cousas para mostrarvos e esperamos a vosa participación.
Moitos saúdos... Un dos siareiros
Antonio Rodríguez López (2º Bach)

Carta de Lucy para todos nós


Lucy dijo...
Boas! facia tempo que non pasaba pola paxina do insti, pero nunca é tarde para voltar .Veo que publicastes moitas actividades do ano pasado, a verdade gustáronme moito :), como a visita de An Alfaya que estivo moi interesante; a verdade, felicito aos que fixeron posible iniciar os clubes de lectura! ( espero este ano poder acudir a máis; por exemplo da visita de ¡¡Isaac Diaz Pardo!! mellor nin falo...En fin.. espero que neste ano o pasemos xenial!Un saúdo para todos-todas! e disfrutade do que vos queda no insti!, que a min o tempo pásame voando...Lucy, 1ºBach