O Xoves día 9 de Outubro, veu presentar Hernán Díaz o seu libro de Ramón Suárez Picallo, Años de formación política. Selección de textos, 1916-1931. Ramón Suárez Picallo foi un activista político nado en Sada que emigrou a Arxentina cando era moi novo para buscarse a vida. Alí entrou nun grupo político socialista, aínda que despois pasaríase ó partido comunista e máis tarde ó galeguista. Tivo uns comezos difíciles como pescador e cociñeiro nun barco, onde lle chamaban “o reposteiro poeta”polo bos que eran os seus postres que sempre acompañaba dun fermoso comentario; alí gañaba o suficiente para sobrevivir. Cando xa estaba integrado na política, fíxose orador e acudíu a máis de 150 mitins dos que saíu favorecido e aplaudido pola súa capacidade para captar a atención da xente, dirixíndose ó público de forma directa sen estar atado a discursos, como facían a maioría dos oradores. En 1936 Ramón viaxou a Madrid xunto con outros galeguistas para entregar os documentos do Estatuto de Autonomía Galego que se acababa de aprobar en referendum e que, debido á Dictadura Franquista foi paralizado. O Estatuto aprobouse finalmente o 6 de abril de 1981. Tivo un grande interese pola literatura e por Galicia. Cando morreu en 1964, foi enterrado en Arxentina no ceminterio de Chacarita, pero en realidade el quería ser enterrado en Sada, no seu Fiunchedo natal; por iso estes días o Alcalde de Sada viaxou a Bos Aires para traer os seus restos, xa que foi un personaxe dunha importancia social, política e cultural moi moi grande para Sada e para toda Galiza.
Paula Potrony, Iago Teijeiro e Gonzalo Tellado(todos de 4ºA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario