7/10/08

II XORNADAS IRMÁNS SUÁREZ PICALLO


Hernán Díaz estará o xoves desta semana (día 9) na biblioteca do noso instituto, para presentarnos seu libro Ramón Suárez Picallo. Años de formación política. Selección de textos, 1916-1931. Esta actividade enmárcase dentro II Xornadas Irmáns Suárez Picallo. O Venres 10 acudiremos cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bach á Casa da Cultura Pintor Llorens para participar nun acto dedicado tamén á memoria destes dous ilustres sadenses. Trátase dunha conferencia a cargo de Esperanza Mariño Dávila titulada "A correspondencia entre Ramón Suárez Picallo e Eduardo Blanco-Amor." Estes dous actos serán dúas boas oportunidades para coñecer a personalidade destes dous irmáns, especialmente a de Ramón caracterizado por unha condición política no sentido máis profundo da palabra, posuidor duns ideais que nunca foron corrompidos. Os estudiosos da súa figura afirman que ademais tiña o don da palabra falada e escrita, sendo valiosísima a súa interpretación da cultura galega, da realidade política, económica e social de Galicia. Sempre soubo expoñer os máis urxentes problemas económicos conectándoos coa cultura do pobo, e senón xulgade por vós mesmos cando nunca ocasión, no ano 1933 con motivo dunha sesión parlamentaria e para explicar a problemática socioeconómica de Galicia dixo o seguinte:

" E outro producto galego que debería ter protección son os pinos. Refírome á madeira, aos nosos piñeiros que, aparte do seu valor como riqueza económica, é un tipo de riqueza que ten que ser para o Estado moito máis digna de respecto que outras clases de riqueza. O pino en Galicia, o pequeno piñeiral, é para o campesiño caixa de aforros, horta de lecer, motivo dos seus máis grandes coidados, porque o campesiño galego ten un profundo sentido estético da paisaxe, porque o campesiño galego ten unha profunda devoción relixiosa polo piñeiro, e non só o campesiño, senón os nosos grandes poetas; un deles, ao querer compoñer unha peza que fose o himno do pobo -Pondal-, fíxoo compoñendo un poema no que dialogan os Pinos e a Lúa. Aparte, pois do valor económico que para o campesiño ten o piñeiro como caixa de aforros para Galicia, o pino ten este outro valor estético." (R. Suárez Picallo)

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Non cabe a menor dúbida de que este home ten o don da palabra, demostrandoo en cada oración que dice.

Anónimo dijo...

penso que Ramon Suarez Picallo foi do mellor que tivo galiza tanto como persoa e tamen como escirtor porque tiña un de expresion que non ten calquera e porque era unha persoa que defendia os dereitos das persoas campesiñas e en fin era unha gran persoa polo que acabo de ler.

Anónimo dijo...

Nótase que a Ramón Suárez Picallo gústaballe moito Galicia, e sobre o que nos dicetes ti na clase, dende o meu punto de vista ten moito de certo pois a texto que a acabo de ler pareceume, a parte de orixinal, moi ben escrito, como dixetes, ten o don da palabra :)

Biquiños

Anónimo dijo...

Ramóm Suarez Picallo o mais grande que pudo tener sada,grazas a el,sada e todos los sadenses pueden estar orgullosos.Picallo ERES LO MAS.......

Anónimo dijo...

Ramón Suárez Picallo

Anónimo dijo...

Boas profe!!!!
Que tal???

pois a min pareceme moi ben que se fagan este tipo de actos por persoas que fixeron tanto polo galeo q o meu parecer e unha das mellores linguas do mundo(que falta de modestia pola miña parte nesta frase XDXD).
E moi bonito facer este tipo de actos por autores que fixeron tanto por galicia dende o exilio e dende galicia nases tempos tan malos.

pois iso q aqui te deixo o meu comentario.

Ana Veiga Rivas 1ºBach B

Anónimo dijo...

Bos dias.
Respecto o artigo, hai que dicir que a expresion escrita é un pouco mala.Non serei un experto pero,nesta
frase por exemplo: "os máis urxentes problemas económicos", o correcto seria os problemas económicos maís urxentes. Falta corexir algunhas cousas como: "ideais que nunca foron corrompidos".
A información está pero podiase poñer
algún link para dar a bigrafia da wilipedia de Esperanza Mariño Dávila.

Anónimo dijo...

Ola cris!

É verdade que nunca te deitarás sen saber algo novo, un exemplo, hoxe eu a verdade non sabía moito dos Irmáns Suárez Picallo pero grazas o blog, a ti, as túas explicacións e comentarios na clase... Vou coñecendo cousas da cultura e literatura galega bastante interesantes que nos incumbe a todos nós, galegos e tamén sadenses xa que en Sada naceron e viviron moitos homes importantes da literatura galega.

un bico.
ata mañá

Anónimo dijo...

De Noemí Gestal Antelo
1º Bach b

Anónimo dijo...

Ola!
Polo que acabo de ler Ramón Súarez Picallo interesábase e defendía uns ideais nos que atopamos un gran apoio á cultura galega.Preocupábase polo benestar do pobo galego económico e social do pobo.Ese apoio foi, e segue a ser fundamental, para que os galegos se percaten da gran riqueza que posúe Galicia e que, no pasado, moitos escritores a apreciaban e a defendían.



Bicos!

Anónimo dijo...

De María Sande Caamaño
1ºBach.A

Anónimo dijo...

Ramón Suárez Picallo era un bo coñecedor da economía do mundo rural galego.Cando os bancos só existían para os ricos el recórdanos que para os labregos a súa gran caixa de aforros eran os piñeiros,que como el ven di, os labregos coidaban con gran esmero,non podemos decir que foran ecoloxistas convencidos,pois se así fora, os piñeiros non serían o que máis coidaran, xa que no momento actual,xunto cos eucaliptos, son os que máis axudan a alimentar os incendios.
Deixando este comentario aparte, ben é verdade que o monte, en letras maiúsculas, tiña a máxima importancia para o labrego,pois del saían todas as materias primas que o labrego precisaba.
Os poetas aproveitáronse dos coidados que o labrego tiña para o monte pero non por estética, senón por ser unha fonte de riqueza importante para el, e como sabía que esa riqueza dependía da calidade de eses pinos: eliminaba os retorcidos, os delgaduchos, e só deixaba engordar aqueles que case eran perfectos. Aquí entran os poetas,e eles sí que lle saben dar valor a eses piñeirais uniformes e sen tara algunha que adornan a paisaxe cun colorido que semella elevar o verde dos prados galegos ata o ceo e as nubes en vez de ser brancas son verdes.


unha aperta!


Cintia Claro Fernández 1ºB bach.

Anónimo dijo...

A verdade é que me alegra moito saber que o venres imos ir á conferencia na Casa da Cultura dirixida por Esperanza Mariño Dávila.
Polo que puiden ler e informarme sobre o tema, Ramon Suarez Picallo preocupábase polo benestar do pobo galego, tanto non hámbito económico como no social e o político. Tamén polo que dixo a profe dirixiu o periodico "A Nosa Terra", que podemos atopalo na biblioteca do instituto. Espero que na conferencia póidame informar máis e aprender sobre o tema.

Un bico!


Lucía Llana Betancor 1º Bac B

Anónimo dijo...

Ramón Suárez Picallo foi un home moi importante para Galicia e paréceme moi ben ir a casa da cultura a informarnos ben da súa vida, e ademáis él é de Veloi(Sada)polo tanto creo que vai ser unha interesante conferencia.

Alessandro Cumani 1ºBach B

José V. L. dijo...

Hola, Pareceme moi ben que se faga este tipo de actos para rememorar ou dar a coñecer importantes persoaxes da historia, neste caso a galega, e mais ainda se son do lugar no que vivimos como e o caso de Sada.

Ramon Suarez Picallo, polo que me puiden informar del a grandes trazos, era un home que miraba por galicia en varios ámbitos (politico, social e economico), e o don da palabra que tiña vese reflexado no texto dos pinos, na forma coa que enlaza natureza, labregos e escritores.(unha relacion que explicou moi ben nun comentario anterior, Cintia Claro Fernández 1ºB bach)

Saudos

Anónimo dijo...

Boas.O acto do venres pola mañá foi interesante,ainda que o comezo recoñezo que foi algo aburrido,pero co paso dos minutos fíxose mais interesante.A carta do final,foi o que mais me gustou,ainda que solo fose por que se mencionaran os pobos dos arredores de Sada e se dixesen algunhas cousas del.
A verdade é que Ramón Suárez Picallo merece que se lle recorde así,como un gran home.
Un saúdo.

Jorge Mallo López 1ºBach. C

Anónimo dijo...

Ei! que pasa muchachada?
bueno pareceume interesante a conferencia esta, de que era de Quevedo non?? que non é coña xa sei que era de Suárez picallo... xD
gustoume como contou todo o contexto histórico da vida deste home... por primeira vez non quedei case durmido nunha destas conferencia :D
ciao!!

Niko Reino 1º Bach C

Anónimo dijo...

Podia mellorarse o blog.
A idea de crear subapartados é moi boa, un de poesias ,outro de libros... Falta tamen un sitio un hipervinculo onde se poidan deixar opinions do blog. Tamen por mais obxectos para interactuar.

Anónimo dijo...

oola son aleiixandro moskeeiiraa
eee juustamee oo raap trOnkO...
aaarribaa oo pikaaallo aaa gaii
fiesstaaa ii alcool mee llevan a la
perdiiCiiOn....

LeGaaaLIizaaaCIioOon !!!!


GraanuuJJaaS paaardiieZzz



aii aa kiien laa vioo llorandooo riiO...xDDDDD

Anónimo dijo...

Boas tardes son xacoba grela..justame bailar a la lus da lua...do moonlight shadow..xa m entendeis..picallo ponme burra se vos digo a verda.
weno deixovos coas vosas cousas..vou vender repolos.

bailaches carolina..