25/3/09

De Xapón a Galicia




Hoxe pola mañá compartimos un tempo (que soubo a pouco) coa traductora xaponesa Mona Imai. Contounos entre outras cousas as dificultades da tradución da súa lingua á galega. Durante o tempo que durou a tertulia asomámonos como por unha xanela á unha cultura que ata hai pouco era moi lonxana para nós; autores,temas, sentimentos, gustos, modo de vivir, relixión, gastronomía ... afinidades e diferencias foron aparecendo da man de Mona, durante unha hora e media escasa que durou e que nos pareceu un instante.
Acabamos esta nova cun misterio, pois o mellor de todo foi "o postre".
Continuará a vindeira semana.

24/3/09

Tertulia con Mona Imai




O mércores 25 de marzo estará con nós no instituto a traductora Mona Imai, para comentar Kitchen a novela da escritora xaponesa Banana Yoshimoto, da que ela fixo a versión en galego. Ademais deste traballo, Imai tamén ten traducido obras de outros novelistas xaponeses como Kawabata e Murakami. Precisamente a obra de Haruki Murakami Do que estou a falar cando falo de correr foi presentada recentemente en Santiago e o propio autor estivo presente no acto. A traducción tamén foi realizada pola nosa protagonista.