25/3/09

De Xapón a Galicia




Hoxe pola mañá compartimos un tempo (que soubo a pouco) coa traductora xaponesa Mona Imai. Contounos entre outras cousas as dificultades da tradución da súa lingua á galega. Durante o tempo que durou a tertulia asomámonos como por unha xanela á unha cultura que ata hai pouco era moi lonxana para nós; autores,temas, sentimentos, gustos, modo de vivir, relixión, gastronomía ... afinidades e diferencias foron aparecendo da man de Mona, durante unha hora e media escasa que durou e que nos pareceu un instante.
Acabamos esta nova cun misterio, pois o mellor de todo foi "o postre".
Continuará a vindeira semana.

3 comentarios:

Iago Teijeiro dijo...

Son alumno de 4ºA. E os alumnos de 4ºB foron os únicos privilexiados en ir a esta charla. Non sei por que non nos deixaron ir, pero a mín gustaríame.

Anónimo dijo...

Son francisco rivera de 1ºbach a.Se alguén quere lle deixo un xogo para aprender xapones moi bo.

Anónimo dijo...

encantoume esta charla xa que estivo moi entretida ademais do libro puidemos coñecer cousas moi interesantes da cultura xaponesa.
un bico.

Noemi Gestal Antelo
1ºbach B