O xoves desta semana celebraremos unha nova reunión do noso Club de Lectura. Para esta ocasión escollermos a novela de J. (Jerome) D. (David) Salinger titulada The Catcher in the Rye. Salinger é un escritor norteamericano, nado en New York en 1919. Esta obra é a súa primeira novela e foi traducida ao galego como O vixía no centeo. A novela ten un carácter autobiográfico e está escrita en primeira persoa. O protagonista é un adolescente, Holden Caulfield, que é expulsado do colexio no que estuda e isto dá pé para que nos conte as súas experiencias e a dificil relación co mundo dos adultos.
"Bailei coas tres -todas tres-, unha de cada vez. Unha das feas, Laverne, aínda non bailaba moi mal, pero a outra, a Marty, era o demo. Era coma arrastrar a estatua da Liberdade polo chan. O único xeito de pasalo ben mentres turraba dela era rir un pouco. Así que, díxenlle que mirase a Gary Cooper, o actor, no outro lado da sala.
-¿Onde? -preguntou excitada.
-Ah. Xa se foi. ¿por que non miraches cando cho dixen?
Case parou de bailar e empezou a mirar por riba das cabezas da xente, a ver se aínda estaba.
-¡Que pena! Rompéralle o corazón. De verdade. Sentino por ela. Hai xente da que non se debe un rir, aínda que o merezan. E o máis gracioso foi que cando voltamos á mesa a Marty díxolle ás outras que Gary Cooper acababa de saír. Tío, a Laverne e a Bernice case se suicidan cando oíron tal. Excitáronse moito e preguntáronlle a Marty se ela o vira. E a Marty dixo que un pouquiño, de esguello. Aquilo case tira comigo"
(capítulo X )
Comentarios:
Ola! acabamos de ler a entrada do blog e pareceunos que o libro pode ser interesante. Por iso decidimos asistir ao clube de lectura para coñecer máis acerca del e así animarnos a lelo. Un saúdo.
Mariel e Sabela 1º Bach C.
2 comentarios:
Gustaríanos moito poder asistir o clube de lectura de hoxe pola tarde,xa que parecenos interesante o que nos contaron na clase e tamén o pouco que puidemos ver aquí.
Laura e Patricia 1BachC
Ola! acabamos de ler a entrada do blog e pareceunos que o libro pode ser interesante. Por iso decidimos asistir ao clube de lectura para coñecer máis acerca del e así animarnos a lelo. Un saúdo.
Mariel e Sabela 1º Bach C.
Publicar un comentario