22/6/17

Clube de lectura "desexos literarios"

O xoves 22 de xuño reunímonos 10 estudantes (8 de 1ºBAC e 2 de 4ºESO)  e María-Jesús para comentar os libros que léramos. Cómpre lembrar que leron un libro escollido entre as suxerencias de todos eles. Así tiñamos seis que se decidiron a ler "Aventuras del ser humano", dous "seré frágil" , Alex con "Viaje alucinante" e Pablo con "Breve historia del tiempo", tal como visualizamos na seguinte fotografía:


  


A continuación cada estudante contou  as súas impresións sobre o libro, así por exemplo recomendan Aventuras del ser humano para Bacharelato e non para a ESO pois hai fragmentos moi técnicos relacionados coa sáude... "Seré fragil"conta a historia dunha adolescente que padece anorexia; pareceulles moi descorazonador aínda que a lectura é doada ... Viaje alucinante é un libro de ciencia ficción que pode interesar tanto para alumnos da ESO coma BAC xa que a súa lectura é moi amena Terémolo en conta!!! e por último "Breve historia del tiempo" foi un libro que defraudou a Pablo posto que é dificil e complexa a súa comprensión... 



Finalmente os alumnos escolleron un libro ou máis para ler nas vacacións. Algúns elexiron "Plenilunio" lectura obrigatoria de 2ºBAC, que estudantes tan aplicados!!!! Tamén hai outros títulos ....Adiviñades cales son? observadeos na seguinte imaxe:



14/6/17

5 de xuño: Día internacional do medio ambiente


Os estudantes da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2ºBAC e coas súas respectivas profesoras -Charo e Mª-Jesús- expuxeron obxectos elaborados a partires de materiais destinados ao lixo ou en desuso. Esta actividade enmárcase dentro das actuacións de concienciación medioambiental. Aquí podedes observar os obxectos coma un reloxo con pezas de dominó, un impermeable confeccionado con bolsas de plástico....




Ademais dentro do marco das actividades de Normalización Lingüística os estudantes de Cultura Científica de 4º ESO e 1º BAC realizaron un tríptico informativo en lingua galega sobre o Seixo Branco despois de visitalo, co fin de valorar o noso patrimonio natural e lingüístico. Na biblioteca podedes ver os fantásticos trípticos realizados.




Tamén na biblioteca do gallo deste Día do Medio Ambiente tedes no expositor principal libros sobre os problemas e o coidado do medio ambiente:



8/6/17

Club de lectura 1º Bachillerato

El viernes 2 de junio, a las 16:30 horas, cuatro alumnos de 1º de Bachillerato y su profesora Laura Amo nos reunimos en la biblioteca para hablar acerca de la obra de Eduardo Mendoza Sin noticias de Gurb
Comentamos el humor de las situaciones a las que se enfrenta el alienígena en busca de Gurb en la Barcelona disparatada de principios de los noventa, las transformaciones que experimenta  intentando ¿pasar desapercibido?, las referencias literarias que aparecen en la obra, el final abierto, etc. Disfrutamos intercambiando impresiones y coincidimos en que es un libro ameno y de fácil lectura.
Sara, Omar, Lorena y Dmitri, felicidades por vuestro entusiasmo lector, que se impone a las fatigas de final de curso. Esperamos seguir contando con vosotros para próximos clubes. 





5/6/17


Club de lectura "O Cubil do Xabaril"de    1º ESO   

Rematamos o curso coa lectura de "Violeta Tamurana" , unha novela de Andrea Maceiras; a nosa posta en común foi o pasado 1 de xuño.  Esperamos repetir esta experiencia o vindeiro curso e que os que teñades a oportunidade de ir á xornada dos clubes de lectura en Santiago o pasedes moi ben !

Carla Villca, Eva, Lucía, Laura Palmeiro, Celia, Inés, Ismael, Carla López e Laura Campelo

O Cubil do Xabaril



O pasado 16 de maio rematamos o noso club de lectura de  2º ESO  coa valoración da novela "Irmán do vento", de Manuel Lourenzo González. Esta foi a nosa última reunión do club. Esperamos contar de novo con vós  o vindeiro curso e que o pasedes en grande compartindo experiencias con outros rapaces na xornada dos clubes de lectura en Santiago!


Lara, Iria, Zaida, Alba, Lucía e Zeltia