14/6/17

5 de xuño: Día internacional do medio ambiente


Os estudantes da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2ºBAC e coas súas respectivas profesoras -Charo e Mª-Jesús- expuxeron obxectos elaborados a partires de materiais destinados ao lixo ou en desuso. Esta actividade enmárcase dentro das actuacións de concienciación medioambiental. Aquí podedes observar os obxectos coma un reloxo con pezas de dominó, un impermeable confeccionado con bolsas de plástico....




Ademais dentro do marco das actividades de Normalización Lingüística os estudantes de Cultura Científica de 4º ESO e 1º BAC realizaron un tríptico informativo en lingua galega sobre o Seixo Branco despois de visitalo, co fin de valorar o noso patrimonio natural e lingüístico. Na biblioteca podedes ver os fantásticos trípticos realizados.




Tamén na biblioteca do gallo deste Día do Medio Ambiente tedes no expositor principal libros sobre os problemas e o coidado do medio ambiente:



No hay comentarios: