20/10/11

Visita á Casa-museo Emilia Pardo Bazán e ao Arquivo do Reino de Galicia

Como cada anos continuamos coas visitas ás bibliotecas da comarca. Os alumnos de 1º de Bacharelato foron ver o Arquivo de Reino de Galicia, e aproveitando a visita á Cidade Vella tamén estiveron vendo a Casa-museo de Emilia Pardo Bazán, onde lles explicaron as condicións de vida das mulleres do século XIX.



Rapaces do século XXI encorsetados como a sociedade do XIX encorsetaba ás mulleres.







Unha das cousas que´máis chamou a atención no Arquivo foi o proceso de restauración do papel.

16/10/11

persepolis

Visita á Biblioteca González Garcés

Como cada ano iniciamos o curso coas visitas ás bibliotecas públicas. O día 11 de novembro tocounos a nós, os de terceiro da ESO, e leváronnos á Biblioteca González Garcés, onde nos ensinaron todas as salas da Biblioteca: onde se gardaban os fondos, as salas de estudo a hemeroteca e a sala de audiovisuais.
Tamén vimos unha exposición sobre Castelao, na que se conmemora o 125 aniversario do seu nacemento. O que máis nos chamou a atención foron os libros que tiñan nas vitrinas entre eles unha versión ao esperanto de Retrincos.



9/10/11

Inicio dos clubs de lectura



Este ano volvemos coas lecturas nos clubs de lectura O cubil do xabaril e A cova céltica. Podes unirte a eles, xa fixemos unha primeira reunión na que decidimos os libros a ler: As lágrimas de Shiva, Un casorio ben mal amañado e After Dark.
Se che apetece ler e logo comentar con nós calquera deles pásate pola Biblio, e colle o libro e infórmate da próxima reunión.