26/4/11

Carteis Fomento da Lectura. Día do Libro 2011

Os colaboradores da Biblioteca CEIP Mestres Goldar elaboraron este video no que se recopilan moitos carteis de fomento da lectura. Noraboa por este interesante traballo .

Feliz Día do Libro 2011!



Como o Día do Libro coincidiu coas vacacións, nalgúns lugares atrasaron esta celebración para o día 27. Nós sumámonos a esta idea e hoxe para celebrar este día vén visitarnos Lola Gándara, autora de libros como Alexandra ou A escura luz do Tíber.

Unha boa nova para a literatura galega




O blogue de GALIX tráenos unha boa nova, que segundo explica, recolle do xornal Galicia Hoxe. Di o que segue:

"Agustín Fernández Paz é seleccionado pola editorial Dalkey Archive Press para figurar na antoloxía dos mellores narradores do mundo.
Agustín Fernández Paz será o primeiro autor galego incluído na Best European Fiction (Mellor narrativa europea) que publica a editorial estadounidense Dalkey Archive Press. Será a terceira entrega desta selección, realizada polo escritor bosníaco Aleksandar Hemon. Fernández Paz aparecerá co conto "Esta estraña lucidez", pertencente ao volume O único que queda é amor, libro que xa lle valera ao autor galego o Premio Nacional e que Jonathan Dunne traduciu ao inglés. Fernández Paz agradécelle, precisamente a Dunne, o feito de entrar nesta antoloxía, e refírese a el como "unha persoa que tanto está a facer pola difusión da Literatura galega". Dunne foi quen o animou a presentar a narración á editorial para a selección, finalmente elixida para un libro que aparecerá en novembro con 15.000 exemplares de tiraxe. "Esta estraña lucidez", engade, é "formalmente máis anovador que outros relatos do conxunto, porque a voz narradora é o fantasma dun can".
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares

12/4/11

ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres asistín ao Encontro do PLAMBE de Bibliotecas escolares nos que se reúnen máis de trescentos centros para poñer temas en comun e compartir experiencias. Este ano estaban centradas no mundo do cómic e do cine, super interesante. A organización, foi fantástica , e @s poñentes tamén. Canto traballa a xente!!!! O ambiente entre os asistentes, as reunións dos grupos de zona... todo estivo perfecto!! Parabéns Cristina e Pilar polo voso bo facer!! E para finalizar a xenial conferencia de D. Xosé Neira Vilas que "sempre amosou o seu compromiso con Galicia e a súa mocidade" e que grazas a xente como el "Galicia ten un lugar no mundo". Falou da súa infancia, a súa escola, os seus primeiros libros, a vida na emigración... da súa muller Anisia. Neira Vilas falou as súas "experiencias persoais arredor do libro e a lectura" e por suposto de " Memorias dun neno labrego" do que se está a celebrar o cincuentenario da súa publicación e que supuxo o comezo da literatura xuvenil en galego, "aínda que non fora escrita para nenos". Poderíamos escoitar a Neira Vilas durante horas. En fin, paseino moi ben nestas xornadas e sempre se recollen ideas para levar a cabo na biblioteca.



Podedes ver todas as exposicións do poñentes na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.


Ou tamén entrando como convidado no espazo moodle dos Encontros, hai ponencias realmente interesantes sobre o cómic e a relación do cine coa literatura e outras áreas.


Anímadevos a entrar.

2/4/11

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O día 2 de abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen ( 2 de abril de 1805 ), autor de moitos contos infantís : El soldadito de plomo; La Sirenita; El patito feo; El traje nuevo del emperador...




Neste video trátase a historia tradicional do conto de Andersen (adaptada por Xavier Senín) pero adiada na animación da man de Virginia Curiá e Tomás Conde. Un traballo de Continental Produccións para o 60 aniversario da Editorial Galaxia.
Todo un despliegue da excelente escola de animación que temos en Galicia, rodado no museo do Xoguete de Allariz.
Unha fermosura!