O venres asistín ao Encontro do PLAMBE de Bibliotecas escolares nos que se reúnen máis de trescentos centros para poñer temas en comun e compartir experiencias. Este ano estaban centradas no mundo do cómic e do cine, super interesante. A organización, foi fantástica , e @s poñentes tamén. Canto traballa a xente!!!! O ambiente entre os asistentes, as reunións dos grupos de zona... todo estivo perfecto!! Parabéns Cristina e Pilar polo voso bo facer!! E para finalizar a xenial conferencia de D. Xosé Neira Vilas que "sempre amosou o seu compromiso con Galicia e a súa mocidade" e que grazas a xente como el "Galicia ten un lugar no mundo". Falou da súa infancia, a súa escola, os seus primeiros libros, a vida na emigración... da súa muller Anisia. Neira Vilas falou as súas "experiencias persoais arredor do libro e a lectura" e por suposto de " Memorias dun neno labrego" do que se está a celebrar o cincuentenario da súa publicación e que supuxo o comezo da literatura xuvenil en galego, "aínda que non fora escrita para nenos". Poderíamos escoitar a Neira Vilas durante horas. En fin, paseino moi ben nestas xornadas e sempre se recollen ideas para levar a cabo na biblioteca.
Ou tamén entrando como convidado no espazo moodle dos Encontros, hai ponencias realmente interesantes sobre o cómic e a relación do cine coa literatura e outras áreas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario