20/11/08

Save the children

En 1959 a Asemblea Xeral da Onu decidiu celebrar o Día do neno. Escolleu o día vinte de novembro porque precisamente nesa data fíxose a reunión na que a Asemblea decidiu
reafirmar Os dereitos do neno do mundo enteiro. A partir dese día cada país conta cun día para organizar diversas actividades que axuden a conseguir o benesstar para todos os cativos do planeta. Hoxe no noso instituto festexamos este día saíndo a rúa como en cursos anteriores, para participar na V carreira "Kilómetros de solidariedade co Nixer", portando unha longuísima pancarta e percorrimos ás rúas de Sada para conseguir a solidariedade das xentes cos nenos máis desprotexidos.
!Salvade os cativos!

19/11/08

Un casoiro ben mal amañado


"(un)arranged marriage" é o título orixinal da novela de Bali Rai, quen estará o vindeiro martes ás cinco da tarde na nosa biblioteca Luísa Villalta. Con este autor iniciamos as sesións do club de lectura A Cova Céltica neste novo curso.
A novela céntrase nunha etapa importantísima da vida do protagonista, Manny, un adolescente que pertece á comunidade punxabi e que se terá que debatir entre manter as tradicións familiares ou escoller libremente o seu propio camiño.

14/11/08

Visitamos a Real Academia Galega



Esta semana visitamos a R.A.G. os alumnos e alumnas de 4º de ESO. Estivemos no salón de plenos da Academia e no museo de Emilia Pardo Bazán, situado no 1ºandar da mesma casa. Despois fomos visitar a exposición "Na frente unha estrela" dedicada ao centenario de Manuel Curros Enríquez que está ata o día 23 no palacio municipal en María Pita. Foi moi interesante e entretido e... ¿sabedes que? O mellor de todo foi que as nosas reporteiras conseguiron que o presidente da Academia Galega Xosé Ramón Barreiro Fernández os recibise para facerlle unha entrevista. Si, Si lestes ben, que un grupo de catro intrépidas e audaces reporteiras da nosa revista A Voar ¡¡conseguiron entrevistar ao presidente da R.A.G.!!
Continuará...

A Cova Céltica: Mercedes Queixas e Manuel María



Mercedes Queixas visitounos esta semana para falarnos de Manuel María. O encontro foi cos alumnos e alumnos de 1º e 2º da ESO o pasado luns pola tarde. Para comezar fixo co alumnado de 1º unha visita guiada á exposición que nestes momentos temos no patio do centro sobre este poeta. Na segunda hora, subiu cos de 2º á biblioteca e alí deu unha conferencia sobre a importancia da obra do autor. Destacou del que foi quen de conseguir:

"ser universal sin renunciar ao propio"

Ademais Manuel María é un dos autores galegos máis traducidos a diferentes linguas, feito que demostra que a lingua nunca é unha barreira para ocupar un lugar relevante na literatura universal.
Outra faceta importantísima de Manuel María é a de ser un dos poetas máis musicados, puxo de exemplo o libro "Os soños na gaiola", xa que moitas das cancións da Nova Canción Galega eran versións de poemas deste poeta. En relación coa temática das súas obras, Mercedes Queixas comentou que eran moitas as cousas que o preocupaban e que se reflicten nos seus textos;ela citou fundamentalmente catro:
"a paisaxe, a lingua, as situación das persoas máis desprotexidas e o amor, encarnado na figura da súa dona Saleta.
Para rematar Mercedes leunos algúns dos textos escritos por el, lectura na que colaboraron algún dos presentes.
Finalmente asinou no noso libro de personalidades ilustres, deixándonos unha dedicatoria para todos e todas.