"(un)arranged marriage" é o título orixinal da novela de
Bali Rai, quen estará o vindeiro martes ás cinco da tarde na nosa biblioteca Luísa Villalta. Con este autor iniciamos as sesións do club de lectura A Cova Céltica neste novo curso.
A novela céntrase nunha etapa importantísima da vida do protagonista, Manny, un adolescente que pertece á comunidade punxabi e que se terá que debatir entre manter as tradicións familiares ou escoller libremente o seu propio camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario